Igrexa de Nosa Señora do Rosario (Doha)
A igrexa de Nosa Señora do Rosario (en árabe: كنيسة سيدة الوردية) é unha igrexa católica de Doha (Qatar). Está situada xunto a igrexas doutras confesións cristiás no Complexo Relixioso de Abu Hamur. É a primeira igrexa construída no país dende as conquistas islámicas do século VII.[1][2]
Igrexa de Nosa Señora do Rosario | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Qatar |
Localización | Doha |
Coordenadas | 25°12′45″N 51°31′19″L / 25.2126, 51.521951°31′19″L / 25.2126, 51.5219 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Vigairía apostólica de Arabia setentrional |
Páxina web | http://www.rosaryqatar.com/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
A construción da igrexa tivo un custo de arredor de 20 millóns de dólares, e foi erixida nun terreo doado polo emir Hamad bin Khalifa.[3] Por mor da lexislación islámica qatarí, a igrexa non amosa símbolos cristiáns no seu exterior.
A igrexa foi dedicada o 14 de marzo de 2008 polo cardeal Ivan Dias, nunha cerimonia á que asistiron o vice-primeiro ministro qatarí Abdala bin Hamad al-Atia, o arcebispo Bulus Munxid al-Haxim, o vigairo apostólico Paul Hinder, o arcebispo Giuseppe Andrea, e outros cargos qatarís.[4][5]
A igrexa é parte da estrutura da vigairía apostólica de Arabia setentrional, e atende aos arredor de 200.000 católicos en Qatar,[6] moitos deles inmigrantes de Filipinas, a India, e outros países.[6][7][8]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web oficial (en árabe)