Ignacio Prendes
José Ignacio Prendes Prendes, nado en Xixón o 22 de febreiro de 1965, é un avogado e político asturiano, membro de Cidadáns. É o vicepresidente primeiro do Congreso dos Deputados.
![]() (2019) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1965 ![]() Xixón, España ![]() |
![]() | |
20 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias (en) ![]() | |
![]() | |
14 de xullo de 2016 – Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias (en) ![]() Electo en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
![]() | |
7 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias (en) ![]() Electo en: Eleccións xerais de España de 2015 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Oviedo Universidade Politécnica de Madrid ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Unión, Progreso y Democracia Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
Estudou no Colexio Jovellanos e no I.E.S. de Roces,[1] licenciándose en Dereito pola Universidade de Oviedo.[2] en 1988. Entre 1989 e 1991 foi Letrado da compañía Telefónica de España S.A en Asturias, e logo de 1991 conta con despacho profesional propio (Iglesias & Prendes Abogados). Militou durante algún tempo en Ciudadanos e foi parte da Plataforma Pro (2007) que desembocou na fundación de Unión Progreso y Democracia (UPyD), do que foi membro da Coordinadora Territorial de Asturias desde o comezo. Foi o cabeza de lista por Asturias nas eleccións xerais de 2008. Foi o coordinador do programa-marco para as eleccións autonómicas e municipais de 2011. Foi membro do Consejo de Dirección de UPyD desde abril de 2008 ata decembro de 2014 ao renunciar por discrepar de decisións estratéxicas da formación [3]. Foi o candidato á presidencia de Asturias por UPyD nas eleccións autonómicas de 2011 e nas 2012, na que saíu deputado pola circunscrición central tras obter UPyD 18.739 votos (3,75%) en total en Asturias. Repite candidatura nas eleccións autonómicas de 2015.