Ignacio Cosidó
Ignacio Cosidó Gutiérrez, nado en Salamanca o 31 de xullo de 1965, é un político español do Partido Popular, que foi senador, deputado, director xeral da Policía Nacional (de 2012 a 2016) e de novo senador.
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1965 ![]() Salamanca, España ![]() |
![]() | |
30 de novembro de 2011 – 2 de xaneiro de 2012 – Enrique Luis Martín Rodríguez → Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Palencia (en) ![]() Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
![]() | |
19 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Palencia (en) ![]() Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
![]() | |
Representa: España 21 de xuño de 2004 – 27 de xuño de 2008 | |
![]() | |
![]() ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Popular ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Doutorouse en Historia Contemporánea pola UNED e licenciouse en Defensa Nacional polo Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional. Foi profesor asociado universitario na Universidade Carlos III de Madrid, na Universidade Pontificia Comillas e no Instituto Universitario Gutiérrez Mellado.
Foi secretario xeral das Juventudes Liberales e xefe do Gabinete Técnico da Dirección Xeral da Garda Civil.
Foi senador na VIII Lexislatura e deputado pola Provincia de Palencia no Congreso dos Deputados nas IX e X Lexislaturas, así como voceiro de Interior do Grupo Parlamentario Popular. Así mesmo, foi membro do Comité Executivo do Partido Popular de Castela e León.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Blog de Ignacio Cosidó na páxina da Policía.
- Ficha do persoeiro na páxina web do Ministerio de Interior. (en castelán)