Ibi

Municipio de alicante, España.

Ibi é un concello da provincia de Alacant, na Comunidade Valenciana, España. Pertence á comarca do Alcoià e é o concello máis grande da comarca xeográfica da Hoya de Castalla. Conta cunha poboación de 24.093 habitantes (INE 2008).

Modelo:Xeografía políticaIbi
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°37′38″N 0°34′31″O / 38.627222222222, -0.575277777777780°34′31″O / 38.627222222222, -0.57527777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarcas da Comunidade ValencianaAlcoià Editar o valor em Wikidata
CapitalIbi Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación23.920 (2023) Editar o valor em Wikidata (382,6 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie62,52 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude755 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataRafael Serralta Vilaplana (en) Traducir (2013–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03440 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE03079 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir03079 Editar o valor em Wikidata

Páxina webibi.es Editar o valor em Wikidata
BNE: XX451307

Xeografía

A vila de Ibi atópase situada no extremo noroeste dos vales que configuran a Hoya de Castalla e ao nordeste da conca do Monnegre, coñecido tamén como Río Verde ou de Castalla, concretamente ao pé das serras do Menejador e de Biscoy. O termo de Ibi limita cos termos municipais de Alcoi, Castalla, Xixona e Onil. Comunícase con Alacant e Valencia pola autovía A-7.

Na súa parte norte e nordeste limita cun grande arco montañoso formado polas serras de Biscoy, Teixereta, Cuartel, Cabeç Corbó e la Tallada.

A poboación está situada entre dous cerros sobre os cales se sitúan respectivamente as ermidas de Santa Lucía e San Miguel.

Demografía

Segundo o censo INE 2008, Ibi ten 24.093 habitantes, polo que é o 19º concello da provincia en número de habitantes.

Evolución demográfica de Ibi
185718871900191019201930194019501960197019811991200020062008
Poboación3.0043.6013.6533.5493.5334.1043.9294.0816.12913.91619.84620.45221.29323.36024.093

Economía

Ibi é unha cidade onde as industrias recíclanse continuamente para adaptarse aos novos mercados. Desde o século pasado en Ibi, o negocio do xeado xerou moitos postos de traballo, tamén é coñecida pola súa produción de xoguetes que nos anos 70 e 80 centraban a case toda a poboación activa. Actualmente Ibi segue sendo unha cidade moi industrializada, pero as empresas de xoguetes están sendo substituídas por fábricas de metal e de plástico en xeral, aumentando tamén o sector de importación e exportación.

Monumentos e lugares de interese

Igrexa da Transfiguración do Señor
  • Igrexa Parroquial da Transfiguración
  • La Tartana
  • Monumento al Fester
  • Monumento dels Geladors
  • Monumento ós Reis Magos
  • Barranco de los Molinos
  • Casa Gran
  • Monumento ao Centenario do Xoguete

Cidades irmandadas

Véxase tamén

Ligazóns externas