Iago Díaz

futbolista español

Iago Díaz Fernández, coñecido como Iago Díaz nado en Barcelona (Cataluña) o 10 de febreiro de 1993, é un futbolista profesional galego que actualmente xoga de centrocampista no Recreativo de Huelva. Os seus pais son de Lugo e Paradela. Formado na canteira do Club Deportivo Lugo, anteriormente até os once anos xogara no Azkar Lugo de fútbol sala.

Iago Díaz
Información persoal
NomeIago Díaz Fernández
Nacemento10 de febreiro de 1993 (31 anos)
Lugar de nacementoBarcelona
Altura1,75 m
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualRecreativo de Huelva
Número7
Carreira xuvenil
2007-2012Lugo
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2011–2015Lugo109(12)
2015–2017Almería12(2)
2017Cultural Leonesa Cedido18(2)
2017–2018SD Ponferradina31(3)
2018–Recreativo13(2)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 17 de decembro de 2015.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Nado circunstancialmente Barcelona, aínda que lucense, de facto pódese ler habitualmente que naceu en Lugo, Iago Díaz comezou a xogar de novo nas categorías inferiores do equipo de fútbol sala da súa cidade, o Azkar Lugo, pasando desde alí pasou ás categorías inferiores do Club Deportivo Lugo. No club albivermello comezaría a progresar até chegar debutar en decembro de 2011 co primeiro equipo nun encontro da Segunda División B ante o Rayo Vallecano B en Madrid. No Anxo Carro xogaría o seu primeiro partido oficial ante o Real Club Celta de Vigo B. O 4 de marzo desa mesma tempada marca o seu primeiro gol na competición ante o Real Sporting de Gijón B, curiosamente outro equipo filial. Finalizaría ese ano tendo xogado 13 partidos co primeiro equipo, nun ano no que os galegos conseguriían o seu ascenso á Segunda División. Ese mesmo verán asina un contrato por tres temporadas no equipo da súa cidade.

No seu primeiro ano na categoría de prata, debuta xa na primeira xornada, o 18 de agosto de 2012, na vitoria dos lucenses por 1-0 ante o Hércules Club de Fútbol,[1] saíndo no minuto 75 en substitución do arxentino Diego Tonetto. O seu primeiro gol en Segunda chegaría antes de finalizar o ano, anotando o 1-2 na derrota do seu equipo ante o seu público contra o Girona Futbol Club.[2] Finalizaría a tempada 2012-13 con 4 goles marcados, o que o faría o segundo máximo goleador do club nesa tempada xunto con Pablo Álvarez, só por detrás dos 15 goles de Óscar Díaz. Na tempada 2013-14 xogaría 37 partidos e anotaría 3 goles, sendo a finais de tempada un dos fixos no once de Quique Setién.

Clubs

ClubCategoríaAnoPXGoles
LugoSegunda B2011-2012171
LugoSegunda2012-2013314
LugoSegunda2013-2014373
LugoSegunda2014-2015244
UD AlmeríaSegunda2015-2016202
UD AlmeríaSegunda2016-2017110
Cultural LeonesaSegunda B2017142
SD PonferradinaSegunda B2017-

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas