I Lombardi alla prima crociata

I Lombardi alla prima crociata (en galego Os lombardos na primeira cruzada) é un drama lírico operístico nun preludio e catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera, baseado no poema homónimo publicado en 1826 por Tommaso Grossi. A súa estrea tivo lugar no Teatro alla Scala de Milán o 11 de febreiro de 1843, obtendo un grande éxito. Verdi adicoulle a partitura a María Luisa, a duquesa Habsburgo de Parma, quen morreu unhas poucas semanas despois da estrea. En 1847 foi revisada para a súa estrea en París, baixo o título Jérusalem.

I Lombardi alla prima crociata
Os lombardos na primeira cruzada
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos cun preludio
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaTemistocle Solera
Fontes literariasBaseada no poema homónimo de Tommaso Grossi.
Estrea11 de febreiro de 1843
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración2 horas 20 minutos
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Localización da partituraArchivio Storico Ricordi, Milán
Personaxes

Arvino (tenor)
Pagano (baixo))
Viclinda (soprano)
Giselda (soprano)
Oronte (tenor)
Acciano (tenor)
Sofia (soprano)
Pirro (baixo)
Prior de Milán (tenor)

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. con só 5 representacións no período 2005-2010.

Personaxes

PersonaxeTesituraElenco na estrea, 11 de febreiro de 1843[1]
(Director: Eugenio Cavallini, primeiro violín[2])
Arvino, fillo de Lord FolcotenorGiovanni Severi
Pagán/ermitán, fillo de Lord FolcobaixoProsper Dérivis
Viclinda, dona de ArvinosopranoTeresa Ruggeri
Giselda, filla de ArvinosopranoErminia Frezzolini
Oronte, fillo de AccianotenorCarlo Guasco
Acciano, tirano de AntioquíatenorLuigi Vairo
Sofia, dona de AccianosopranoAmalia Gandaglia
Pirro, cabaleiro de ArvinobaixoGaetano Rossi
Un prior da cidade de MilántenorNapoleone Marconi
Milaneses, gardas do pazo, cruzados, peregriños, monxas, asasinos, mulleres do harén, guerreiros - Coro

Notas

Véxase tamén



 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.