Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A norma ISO 4217 foi creada pola ISO co obxectivo de definir códigos de tres letras para todas as moedas do mundo. Isto elimina as confusións causadas por algúns nomes de divisas como dólar , franco ou libra, que son empregados en numerosos países pero teñen tipos de cambio moi diferentes.
As dúas primeiras letras do código son as dúas letras do código do país da moeda segundo o estándar ISO 3166-1 e a terceira é normalmente a inicial da divisa en si. Esta norma define tamén as relacións entre a unidade monetaria principal e as súas subdivisións.
Inclúe tamén códigos para metais preciosos (ouro , prata , paladio e platino ) e outras definicións utilizadas no mundo financeiro. Tamén existen códigos especiais para probas (XTS ), e para indicar transaccións non monetarias (XXX ). Todos estes códigos comezan coa letra "X". Os metais preciosos utilizan "X" e o símbolo químico do metal. ISO 3166 nunca asigna códigos de país comezando con "X", polo que ISO 4217 pode usar códigos que comecen con esa letra sen arriscarse a colisións.
Código Moeda Territorios que empregan a moeda AED Dirham Emiratos Árabes Unidos AFN Afgani Afganistán ALL Lek Albania AMD Dram Armenia ANG Florín das Antillas Neerlandesas Antillas Neerlandesas AOA Kwanza Angola ARS Peso arxentino Arxentina AUD Dólar australiano Australia , Illa de Nadal , Illas Cocos , Kiribati , Nauru , Tuvalu AWG Florín arubeño Aruba AZM Manat acerbaixano Acerbaixán BAM Marco convertible Bosnia e Hercegovina BBD Dólar de Barbados Barbados BDT Taka Bangladesh BGN Lev Bulgaria BHD Dinar bahreiní Bahrain BIF Franco burundiano Burundi BMD Dólar das Bermudas Bermudas BND Dólar de Brunei Brunei BOB Boliviano Bolivia BOV Mvdol boliviano (código de fondos) Bolivia BRL Real brasileiro Brasil BSD Dólar bahamés Bahamas BTN Ngultrum Bután BWP Pula Botswana BYR Rublo belaruso Belarús BZD Dólar de Belize Belize CAD Dólar canadense Canadá CDF Franco congolés República do Congo CHF Franco suízo Suíza , Liechtenstein CLF Unidades de fomento chilenas (código de fondos) Chile CLP Peso chileno Chile CNY Yuan Renminbi China , Cimbabue COP Peso colombiano Colombia COU Unidade de valor real colombiana (engadida ao COP) Colombia CRC Colón costarriqueño Costa Rica CUP Peso cubano Cuba CVE Escudo caboverdiano Cabo Verde CZK Coroa checa República Checa DJF Franco djibutiano Djibuti DKK Coroa dinamarquesa Dinamarca , Illas Feroe , Groenlandia DOP Peso dominicano República Dominicana DZD Dinar alxeriano Alxeria EGP Libra exipcia Exipto ERN Nakfa Eritrea ETB Birr Etiopía EUR Euro Unión Europea ( Alemaña , Austria , Bélxica , Chipre , Croacia , Eslovaquia , Eslovenia , España , Estonia , Finlandia , Francia , Grecia , Irlanda , Italia , Letonia , Lituania , Luxemburgo , Malta , Países Baixos , Portugal ), Andorra , Guadalupe , Kosovo , Martinica , Mónaco , Montenegro , San Marino , Cidade do Vaticano
FJD Dólar fixiano Fidxi FKP Libra malvinense Illas Malvinas GBP Libra esterlina Reino Unido , Illa de Man , Illa de Jersey , Guernsey , Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur GEL Lari Xeorxia GHC Cedi Ghana GIP Libra de Xibraltar Xibraltar GMD Dalasi Gambia GNF Franco guineano Guinea GTQ Quetzal Guatemala GYD Dólar güianés Güiana HKD Dólar de Hong Kong Hong Kong HNL Lempira Honduras HTG Gourde Haití HUF Forint Hungría IDR Rupiah Indonesia ILS Novo shekel Israel , Palestina INR Rupia india India IQD Dinar iraquí Iraq IRR Rial iraniano Irán ISK Króna Islandia JMD Dólar xamaicano Xamaica JOD Dinar xordano Xordania JPY Ien Xapón KES Xilin kenyano Kenya KGS Som Kirguizistán KHR Riel camboxano Camboxa KMF Franco comoriano Comores KPW Won norcoreano Corea do Norte KRW Won surcoreano Corea do Sur KWD Dinar kuwaití Kuwait KYD Dólar caimano Illas Caimán KZT Tenge Casaquistán LAK Kip Laos LBP Libra libanesa Líbano LKR Rupia de Sri Lanka Sri Lanka LRD Dólar liberiano Liberia LSL Loti Lesoto LYD Dinar libio Libia MAD Dirham Marrocos MDL Leu moldovo Moldavia MGA Ariary Madagascar MKD Denar Macedonia do Norte MMK Kyat Myanmar MNT Tugrik Mongolia MOP Pataca Macau MRO Ouguiya Mauritania MUR Rupia mauricia Mauricio MVR Rufiyaa Maldivas MWK Kwacha de Malaui Malaui MXN Peso mexicano México MXV Unidade de Investimento (UDI) mexicana (código de fondos) México MYR Ringgit Malaisia MZM Metical Mozambique NAD Dólar namibio Namibia NGN Naira Nixeria NIO Córdoba Nicaragua NOK Coroa norueguesa Noruega NPR Rupia nepalesa Nepal NZD Dólar neozelandés Nova Zelandia OMR Rial omaní Omán PAB Balboa Panamá PEN Nuevo sol Perú PGK Kina Papúa Nova Guinea PHP Peso filipino Filipinas PKR Rupia paquistaní Paquistán PLN zloty Polonia PYG Guaraní Paraguai QAR Rial qatarí Qatar RON Leu Romanía RSD Dinar serbio Serbia RUB Rublo ruso Rusia , Abkhazia , Osetia do Sur RWF Franco ruandés Ruanda SAR Riyal Arabia Saudita SBD Dólar das Illas Salomón Illas Salomón SCR Rupia de Seicheles Seychelles SDD Dinar sudanés Sudán SEK Coroa sueca Suecia SGD Dólar de Singapur Singapur SHP Libra de Santa Helena Santa Helena SLL Leone Serra Leoa SOS Xilin somalí Somalia SRD Dólar surinamés Suriname STD Dobra San Tomé e Príncipe SYP Libra siria Siria SZL Lilangeni Eswatini THB Baht Tailandia TJS Somoni Taxiquistán TMM Manat turcomán Turkmenistán TND Dinar tunisiano Tunisia TOP Pa'anga Tonga TRY Nueva lira turca Turquía , República Turca do Norte de Chipre TTD Dólar de Trindad e Tobago Trinidad e Tobago TWD Dólar taiwanés Taiwán TZS xilin tanzano Tanzania UAH Hryvnia Ucraína UGX xilin ugandés Uganda USD Dólar estadounidense Estados Unidos , Samoa Americana , Barbados , Bermudas , Illas Virxes Británicas , Antillas Neerlandesas , Ecuador , O Salvador , Guam , Haití , Illas Marshall , Micronesia , Illas Marianas do Norte , Palau , Panamá , Porto Rico , Timor Leste , Turks e Caicos , Illas Virxes Estadounidenses , Illas Virxes Británicas , Cimbabue USN Dólar estadounidense (Seguinte día, código de fondos) Estados Unidos USS Dólar estadounidense (Mesmo día, código de fondos) Estados Unidos UYU Peso uruguaio Uruguai UZS Som uzbeko Uzbekistán VEB Bolívar Venezuela VEF Bolívar Forte Venezuela VND Dong Vietnam VUV Vatu Vanuatu WST Tala Samoa XAF Franco CFA BEAC Camerún , República Centroafricana , República do Congo , Chad , Guinea Ecuatorial , Gabón XAG Onza de prata XAU Onza de ouro XBA Unidade Composta Europea (EURCO) XBB Unidade Monetaria Europea (E.M.U.-6)XBC Unidade Europea de Conta 9 (E.U.A.-9) XBD Unidade Europea de conta 17 (E.U.A.-17) XCD Dólar do Caribe Oriental Anguila , Antiga e Barbuda , Dominica , Granada , Montserrat , Saint Kitts e Nevis , Santa Lucía , San Vicente e as Granadinas XDR Dereitos Especiais de Xiro Fondo Monetario Internacional XFO Franco de ouro XFU Franco UIC Unión Internacional do Ferrocarril XOF Franco CFA BCEAO Benín , Burkina Faso , Costa do Marfil , Guinea-Bissau , Malí , Níxer , Senegal , Togo XPD Onza de paladio XPF Franco CFP Polinesia Francesa , Nova Caledonia , Wallis e Futuna XPT Onza de platino XTS Reservado para probas XUA Unidade de Conta ABD Banco Africano de Desenvolvemento XXX Sen divisa YER Rial iemení Iemen ZAR Rand surafricano Suráfrica ZMW Kwacha zambiano Zambia ZWL Dólar cimbabuense Cimbabue
Código Moeda Período Observacións ADF Franco andorrano Substituído polo euro ADP Peseta andorrana Substituída polo euro AFA Afgani substituído por AFN AON Kwanza angolano substituído por AOA AOR Kwanza angolano reaxustado substituído por AOA ARA Austral arxentino 1985-1991 substituído por ARS ARC Peso moeda corrente arxentino 1826-1881 substituído por ARM ARF Peso forte arxentino 1826-1881 substituído por ARM ARG Peso ouro selado arxentino 1881-1929 substituído por ARM ARL Peso lei arxentino 1970-1983 substituído por ARP ARM Peso moeda nacional arxentino 1881-1969 substituído por ARL ARP Peso arxentino 1983-1985 substituído por ARA ATS Xilin austríaco substituído polo euro BEC Franco belga convertible BEF Franco belga substituído polo euro BEL Franco belga financeiro BGL Lev búlgaro antes do 5 de xullo de 1999 CSK Coroa checoslovaca CLE Escudo chileno 1960-1975 substituído por CLP CYP Libra chipriota substituída polo euro DDM Marco da RDA Alemaña do Leste DEM Marco alemán substituído polo euro ECS Sucre ecuatoriano substituído por USD ECV Unidade de Valor Constante ecuatoriana interrompido EEK Coroa estoniana substituída polo euro EHP Peseta saharauí moeda oficial da RASD , non é divisa recoñecida ESA Peseta española conta A ESB Peseta española conta B ESP Peseta española substituída polo euro FIM Marco finlandés substituído polo euro FRF Franco francés substituído polo euro GRD Dracma grego substituído polo euro HRK Kuna croata substituída polo euro IEP Libra irlandesa substituída polo euro ITL Lira italiana substituída polo euro LUF Franco luxemburgués substituído polo euro LTL Litas (Lituania)substituído polo euro LVL Lats (Letonia )substituído polo euro MTL Lira maltesa substituída polo euro MXP Peso mexicano substituído por MXN NLG Florín holandés substituído polo euro PLZ Zloty polaco Substituído por PLN PTE Escudo portugués substituído polo euro RUR Rublo ruso Substituído por RUB SIT Tólar esloveno substituído polo euro SKK Coroa eslovaca substituída polo euro SML Lira sanmarinesa substituída polo euro SRG Guilder surinamés substituído por SRD SUR Rublo soviético TRL Lira turca substituída por TRY VAT Lira vaticana substituída por EUR XEU Unidade de Divisa Europea substituída por EUR YUD Novo dinar iugoslavo substituído por CSD YUM Dinar iugoslavo substituído por CSD ZAL Rand surafricano interrompido ZRN Novo zaire substituído por CDF ZRZ Zaire substituído por ZRN, e máis tarde por CDF) ZWD Dólar cimbabuense substituído por ZWN ZWN Dólar cimbabuense substituído por ZWR ZWR Dólar cimbabuense substituído por ZWL