Hunkpapa

Os hunkpapa (en lakota: Húŋkpapȟa) son un grupo nativo americano, un dos sete lumes do consello do pobo lakota. O nome Húŋkpapȟa é unha palabra lakota que quere dicir "Xefe do Círculo" (outrora, o nome da tribo estaba representado nos rexistros europeo-americanos como Honkpapa). Segundo a tradición, os Húŋkpapȟa instalaban as súas tendas na entrada do círculo do Gran Consello cando os síux se reunían en convocatoria.[1] Falan a lingua lakota, unha das tres variedades das linguas síux.

Walking Shooter (Wah-Koo-Ta-Mon-Ih), 1872. Delegacións Tribais ao Goberno Federal

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas