Hulk (futbolista)

futbolista brasileiro

Givanildo Vieira de Souza, máis coñecido como Hulk, nado en Campina Grande, Paraíba, o 25 de xullo de 1986, é un futbolista internacional brasileiro que xoga como dianteiro, aínda que comezou a carreira como lateral, para o Atlético Mineiro. Cunha forte complexión física para un futbolista, recibe o seu alcume de Hulk, non polo seu parecido á personaxe de banda deseñada de Marvel creada por Stan Lee e Jack Kirby, senón polo seu parecido a Lou Ferrigno, quen interpretou o personaxe na serie televisiva dos anos 1970.

Hulk
Información persoal
NomeGivanildo Vieira de Souza
Nacemento25 de xullo de 1986 (37 anos)
Lugar de nacementoCampina Grande
Altura1,80 m
PosiciónDianteiro / Extremo
Información de club
Club actualAtlético Mineiro
Número7
Carreira xuvenil
2001–2002Vilanovense
2002São Paulo
2003–2004Vitória
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2004–2005Vitória1(0)
2005–2008Kawasaki11(1)
2006→ Sapporo (cesión)38(25)
2007→ Tokyo Verdy (cesión)42(37)
2008Tokyo Verdy13(7)
2008–2012Porto99(54)
2012–2016Zenit97(56)
2016–2020Shanghai SIPG100(51)
2021–Atlético Mineiro60(36)
Selección nacional
2012Brasil olímpico6(1)
2009–Brasil49(11)
Na rede
Instagram: hulkparaiba FIFA: 318172 UEFA: 250003325 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 30 de maio de 2022.
Selección: actualizado a 30 de maio de 2022.editar datos en Wikidata ]

Sen ter destacado no Brasil, Hulk deixou o Vitória con só 18 anos para facer carreira no Xapón, no Kawasaki Frontale, Tokyo Verdy e Consadole Sapporo, estabelecendo unha destacable media de goles (74 en 111 partidos). Finalmente acabou asinando polo FC Porto en 2008, onde desde entón, chamou a atención doutros grandes clubs europeos, principalmente grazas á tempada 2010-11 que fixo no club portugués, tendo marcado 36 goles en todas as competicións e sendo o máximo goleador da Primeira Liga con 23 goles, alén de 21 asistencias. Ese ano foi elixido como futbolista do ano no país. Finalmente no ano 2012 marchou á liga rusa asinando co Zenit de San Petersburgo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.