Hucho

Hucho

Salmón do Danubio (Hucho hucho)
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Actinopterygii
Subclase:Neopterygii
Infraclase:Teleostei
Superorde:Protacanthopterygii
Orde:Salmoniformes
Familia:Salmonidae
Subfamilia:Salmoninae
Xénero:Hucho
Günther, 1866
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Hucho é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos.[1][2][3]

Unha das súas catro especies distribúese polo centro de Europa, no río Danubio e os afluentes da súa conca hidrográfica, mentres que as outras tres distribúense por Asia.[4]

Características

As especies deste xénero son peixes de gran tamaño, polo que reciben o nome vulgar aumentativo de salmón, cun tamaño de entre 2 e 1,5 m de lonxitude.[5]

Adoitan pasar unha fase da súa vida no mar, e outra fase nos ríos de clima temperado, aínda que algunhas das especies pasan toda a vida en ríos e lagos.[4]

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1866 polo zoólogo británico Albert Günther.[1][2][3]

Etimoloxía

O nome científico Hucho, Günter tomouno do alemán Huchen.[6]

Sinónimo

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]

  • Epitomynis Schulze, 1890

Especies

Como quedou dito, o xénero comprende catro especies:[2][3]

ImaxeNome científicoNome comúnDistribución
Hucho bleekeri Sh. Kimura, 1934Salmón de SichuanConca do río Yangtzé, na China
Hucho hucho (Linnaeus, 1758)Salmón do DanubioEndémico da conca do Danubio, en Europa
Hucho ishikawae T. Mori, 1928Salmón coreanoCorea do Norte e a China
Hucho taimen (Pallas, 1773)Salmón de SiberiaSiberia

Notas taxonómicas

Ademais destas catro especies, o chamado salmón de Sakhalin situábase anteriormente neste xénero, pero a xenética e outras probas demostraron que pertence ao seu propio xénero monotípico como Parahucho perryi.[7][8]

Por outra parte, o WoRMS só admite unha especie no xénero, Hucho taimen.[1]

Usos

A pesca destes peixes é importante para a súa comercialización, sendo tamén cultivados en acuicultura.[4]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Benton, M. J. (2000): Vertebrate Palaeontology: Biology and Evolution. Blackwell Publishing. ISBN 0-632-05614-2. Resumo.
  • Eschmeyer, W. N., ed. (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology.
  • Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. 4th ed. Nova York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 336–351.

Outros artigos

Ligazóns externas