Hipopotasemia
A hipopotasemia é un trastorno hidroelectrolítico no que a concentración sanguínea de potasio é menor de 3,5 mEq/l.
Causas de hipopotasemia
Son varias as causas de hipopotasemia:
- Déficit dietético de potasio: é moi infrecuente xa que o potasio se atopa en moitísimos alimentos. Só hai déficit en pacientes con dieta sen ningún contido de potasio.
- Exceso de aldosterona: a aldosterona estimula a bomba de sodio-potasio e cando hai un exceso desta hormona, na nefrona distal excrétase moito potasio, tanto como para orixinar unha hipopotasemia.
- Nalgúns síndromes que afectan á reabsorción tubular, como o síndrome de Barther. Neste síndrome non hai reabsorción tubular proximal de sodio e chega unha gran cantidade deste ion á nefrona distal. Isto induce un alto funcionamento da bomba Na+/K+, co que se reabsorbe moito sodio e se excreta moito potasio.
- Co uso dalgúns diuréticos proximais, que favorecen a excreción de potasio á luz do túbulo renal.
- Trala inxección de insulina ou con descargas β adrenérxicas (abundantes no dellirium tremens).
- Nas alcaloses.
Manifestacións clínicas
Aparecen nas hipopotasemias moderadas ou graves, sobre todo a nivel coronario. No electrocardiograma reflíctese cun descenso na intensidade da onda T e a aparición da onda U.
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontGerardo Lorenzo GonzálezMaría JamardoXelucho Abella ChouciñoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISurFátima IglesiasSegunda guerra mundialHeroínas de SálvoraAWStatsAxuda:IntroduciónA illa das mentirasProne Lugo ADListenbourgRaquel AtanesWikipedia:Artigos de calidadeSecuenciación de proteínasEva Iglesias MiguénsJavier CasqueiroAxuda:Cambios relacionadosPosicións sexuaisProxyPasaporte iroquésEslovaquiaGaliciaColocación do pronome átono en galegoHerbas de san XoánWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasLista de xentilicios de concellos galegosUxía Oviedop06skA CoruñaWikipedia:Advertencia xeralShinovaLista de castelos de Portugalfjra5