Hetmanato (1918)

institución política ucraína de goberno (1918)

O Hetmanato (en ucraíno: Гетьманат, Hetmanat), tamén coñecido como Atamanato, II Hetmanato (en ucraíno: II Гетьманат, II Hetmanat), Estado de Ucraína e Estado ucraíno (en ucraíno: Українська держава, Ukraínska derzhava) foi unha institución política ucraína de Goberno, cunha moi curta existencia na Historia de Ucraína.

Modelo:Xeografía políticaHetmanato
Українська Держава (uk) Editar o valor em Wikidata

HimnoShche ne vmerla Ukrainy Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°27′N 30°31′L / 50.45, 30.5230°31′L / 50.45, 30.52
CapitalKíiv Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación25.000.000 Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua ucraína Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación29 de abril de 1918 Editar o valor em Wikidata
Disolución14 de decembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porRepública Popular de Ucraína Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoautocracia
ditadura Editar o valor em Wikidata
• Hetman of Ukraine (en) Traducir Editar o valor em WikidataPavel Skoropadski (pt) Traducir (1918–1918) Editar o valor em Wikidata
MoedaUkrainian karbovanets (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Cartel propagandístico alemán de 1918 sobre as fronteiras do estado monicreque de Ucraína.
Selo de correos do Hetmanato.

Foi instaurada, co apoio das Potencias Centrais, o 28 de abril de 1918 polos cosacos ucraínos e algunhas organizacións militares, despois da desbandada da Rada Central da República Popular de Ucraína, no marco da primeira guerra mundial, manténdose até o 14 de decembro do mesmo ano.

A figura política destacada foi o xeneral Pavló Skoropadski, que exerceu en forma persoal o poder, por riba da proclamación teórica do país como unha monarquía.

O territorio deste efémero Estado hoxe forma parte de Ucraína, Rusia, Belarús, Moldavia e Polonia.

Historia

Proclamación do novo réxime

Debido a que a Rada Central se demostrara incapaz de mantener a orde ante as condicións caóticas en que se encontraba Ucraína na primavera de 1918, a administración rapidamente perdeu a confianza da clase social dos terratenentes e da dos empresarios. Igualmente, deixaron de confiar na República Popular de Ucraína o Imperio alemán e o Imperio Austrohúngaro (as Potencias Centrais) que, en virtude do tratado de Brest-Litovsk seguían mantendo presenza política e militar no territorio ucraíno.

Nestas condicións, en abril de 1918, as clases dominantes ucraínas, agrupadas na organización dereitista Украинская народная громада (Ucraínskaia Narodna Gromada ou "Masa Popular Ucraína"), organizaron un golpe de estado, poñendo á fronte do mesmo o xeneral Pavló Skoropadski. Skoropadski era un militar de ideas políticas conservadoras e, acabada a primeira guerra mundial, era o comandante do primeiro corpo de exército do Exército ruso que se ucranizara tras a paz cos alemáns, pasando a ser logo o líder dos Cosacos libres como atamán. O golpe efectuouse mediante unha proclamación no Congreso de todos os ucraínos (Всеукраинского съезда) reunido en Kíiv, con 7.000 delegados en representación duns 3 millóns de ucraínos, que exixiu o cesamento de calquera experimento de tipo socialista e elixiu a Skoropadski como líder.

Os Fusileiros de Sich opuxéronse ao golpe, pero foron disolvidos, e substituídos polos chaquetas azuis (unha división ucraína chamada así pola cor dos seus uniformes, formada por prisioneiros de guerra que estaban en mans de austríacos e alemáns, capturados na primeira guerra mundial ao Exército ruso).

Polo que respecta ao Imperio Austrohúngaro e ao Imperio Alemán, as potencias que mantiñan baixo ocupación militar o territorio ucraíno como un protectorado,[1][2] desexando ante todo a estabilidade, deron a benvida ao golpe de estado; Skoropadski cooperou con eles, o que fixo que se fixera impopular aos ollos dos campesiños ucraínos, debido á requisa de alimentos efectuada por alemáns e austrohúngaros[3] para contrarrestar o bloqueo ao que os sometían os Aliados.

Skoropadski denominou ao seu novo réxime Ukrainska Derzhava ou Estado ucranío, sendo coñecido polos historiadores tamén como Hetmanato ou Atamanato.

Obra de goberno

Unha das primeiras medidas do Goberno de Skoropadski foi, en palabras das Garantías para todo o pobo ucraíno:

O dereito á propiedade privada como un fundamento da cultura e a civilización será totalmente restaurada, e todas as disposicións da anterior goberno ucraíno, así como do Goberno Provisional Ruso quedan derrogadas (...) e no campo financeiro e económico restablécese a liberdade de comercio, a empresa privada e a liberdade de iniciativa (...)

Posteriormente tomáronse novas medidas abolindo lexislacións máis progresistas anteriores (como a lei da terra de 31 de xaneiro de 1918 aprobada pola Rada Central) e restablecendo a normativa rusa anterior á Revolución. Loxicamente, as medidas tomadas respondían ao apoio dos sustentadores políticos do novo réxime, o Partido Democrático Hlevorobsk Ucraíno (Украинская демократическая хлеборобская партия) e a Unión de Terratenentes (Союз земельных собственников).

O novo estado proclamado mantivo o escudo de Ucraína (o Tryzub) e os símbolos nacionais ucraínos, pero cambiou o deseño da bandeira a azul claro sobre amarelo, invertendo a colocación das cores na mesma.

Skoropadski rodeado polos seus oficiais.

O Hetmanato entregouse a unha intensa actividade lexislativa, con máis de 500 novas normas aprobadas, co obxecto de buscar o restablecemento da situación económica.

Tratando de asegurar a subsistencia do réxime, optouse por un fortalecemento das forzas armadas, creándose un sistema de oito corpos de exército de tipo territorial e de base censitaria,[4] en oito distritos militares: I de Volinia, II de Podolia, III de Odesa, IV de Kíiv, V de Chernigov, VI de Poltava, VII de Khárkov e VIII de Ekaterinoslav. Nominalmente, contaba con 54 rexementos de infantaría, 28 de cabalaría, 48 de artillaría de campaña, 33 de artillaría a cabalo. 74 xenerais en tempos de paz, 14 930 oficiais, 2975 oficiais superiores e 291 121 soldados e cosacos; ao que habería que engadir as divisións da Garda e a frota do mar Negro. Así, en decembro de 1918 o exército ucraíno do Hetmanato superaba os 60 000 homes.

División administrativa

Polo que respecta á división administrativa do territorio do Hetmanato, quedou composta por un total de 19 gubernias ou gobernaturas, unha okruha, unha rexión autónoma e unha república autónoma:[5]

División administrativa do Hetmanato
A liña verde indica o alcance das reivindicacións territoriais do Estado ucraíno.
GuberniasNome en ucraínoCapital
     Gubernia de VoliniaВолинськаZhitomir
     Gubernia de EkaterinoslavКатеринославськаEkaterinoslav
     Gubernia de KíivКиївськаKíiv
     Gubernia de PodoliaПодільськаKamenets de Podolia
     Gubernia de PoltavaПолтавськаPoltava
     Gubernia de KhárkivХарківськаKhárkiv
     Gubernia de KhersónХерсонськаKhersón
     Gubernia de KholmХолмськаBrest
     Gubernia de ChernigovЧернігівськаChernigov
     Okruha de PolesiaПоліськаMazir
     Gubernia de TavriaaТаврійськаBerdiansk
     Goberno Rexional de CrimeaКримська крайова владаSimferópol
     República Popular de KubanКубанська Народна РеспублiкаKrasnodar
(a) Só o territorio continental, non incluíndo a península de Crimea.

Problemas do Hetmanato

Fotografía de Pavló Skoropadskl.

A requisa de alimentos e a restitución da propiedade da terra aos terratenentes provocaron o aumento da oposición interna.[6]

Ademais, durante o período de goberno do Hetmanato producíronse matanzas, tanto de opositores políticos comunistas como de persoas de relixión xudía.[7] A represión exercida enfrontou o réxime con algúns oficiais superiores, como Volodimir Síkevich.[8]

Os opositores ao réxime de Skoropadski actuaron mediante incendios e outros actos de sabotaxe, que culminaron no asasinato en xullo de 1918 do mariscal de campo Hermann von Eichhorn, que era o comandante en xefe das tropas alemás despregadas en Ucraína. A coalición anti-Skoropadski forzou a este á reforma do Corpo de Fusileiros de Sich en agosto de 1918.

A esa altura da primeira guerra mundial, cada vez era máis obvio que as Potencias Centrais ían perdela, e que Skoropadski non se sostería moito tempo no poder sen a axuda que lle brindaban aquelas.

Para salvar a situación, Skoropadski dirixiuse entón cara aos elementos conservadores rusos da sociedade, co que, para buscar o seu apoio, propuxo unha unión en forma de federación coa Rusia de Denikin (os rusos brancos),[9] o que erosionou aínda máis a súa popularidade entre os ucraínos.

Caída do réxime

Despois do armisticio do 11 de novembro de 1918, polo que as Potencias Centrais se rendían ante os Aliados, formouse un organismo rival ao Hetmanato, denominado Directorio, cuxas forzas militares principais eran os Fusileiros de Sich, uníndose tamén os Chaquetas grises á revolta. Aínda que as tropas alemás e austríacas estaban presentes en Ucraína, non tiñan maior interese en meterse nesta nova guerra. A maioría das forzas de Skoropadski pasáronse ao Directorio, véndose o ditador obrigado a recorrer aos miles de oficiais rusos brancos que fuxiran cara a Ucraína nun intento de unirse ao Exército Voluntario de Denikin, que tiña a súa base na rexión do Don, máis cara ao leste. Foron incorporados a un Corpo Especial formado por oficiais rusos do exército branco. Denikin era partidario de deixalos loitar por Skoropadski, xa que iso contribuiría á debilitación dos nacionalistas ucraínos, pero finalmente foron incapaces de resistir ás tropas do Directorio. Por iso, en decembro de 1918, os rebeldes tomaron a cidade de Kíiv, facendo caer o réxime de Skoropadski, que se viu obrigado a partir cara ao exilio.

Despois da expulsión de Skoropapdski por parte das forzas insurxentes, o Hetmanato foi substituído polo Directorio de Ucraína.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Boshyk,Yuri (1986): Ucraine During World War II: History and Its Aftermath. Instituto Canadense de Estudos Ucranínos. ISBN 0-920862-37-3.
  • Magocsi, Paul Robert (1996): A History of Ukraine. University of Toronto Press. ISBN 0-8020-7820-6.
  • Overy, Richard (2004): The Dictators. W. W. Norton & Company. ISBN 0-393-02030-4.
  • Piotrowski, Tadeusz (1998): Poland's Holocaust: Ethnic Strife, Collaboration with Occupying Forces and Genocide in the Second Republic, 1918-1947. McFarland & Company. ISBN 0-7864-0371-3.
  • Subtelny, Orest (1988): Ukraine: A History. University of Toronto Press. ISBN 0-8020-8390-0.
  • Weinberg, Gerhard L. (1995): A World at Arms: A Global History of World War II. Cambridge University Press. ISBN 0-521-55879-4.
  • Weiner, Amir (2002): Making Sense of War: The Second World War and the Fate of the Bolshevik Revolution. Princeton University Press. ISBN 0-691-09543-4.

Outros artigos

Ligazóns externas