Heroína (droga)

composto químico

A heroína é unha droga obtida da síntese do extracto de opio semisintético que procede da durmideira (Papaver somniferum), coa que se elabora a morfina que logo se somete a un proceso de acetilación co anhídrido acético para obter a heroína.

Estrutura química da heroína.
Estrutura química da heroína.

Diacetilmorfina ou Heroína

Nome:

(5α,6α)-7,8-didehidro-4,5-epoxi-
17-metilmorfina-3,6-diol diacetato (éster)

Fórmula químicaCarbono21H23NO5.
Forma de asimilaciónVaporizada, insuflada, inxetada o vía oral

Heroína asiática.

Sintomatoloxía

Artigo principal: Toxicidade da heroína.
  • Efectos inmediatos.
    • Perda da consciencia, tolerancia á dor, afeccións físicas e ou emocionais, sentimentos de candidez, euforia, pracer e benestar. En doses altas pode sedar.
    • Estrinximento, náuseas, diminución do desexo sexual, encollemento da pupila, depresión dos centros respiratorios, risco de coma, diminución do ritmo cardíaco e aumento da temperatura corporal.
  • Efectos a longo prazo.
    • Trastornos intestinais e urinarios, hemorraxias, pneumopatías infecciosas, septicemia.
    • Debido á falta de asepsia na aplicación, é posible adquirir infeccións como hepatites virais ou mesmo a SIDA.

Tipos e variedades

N´3 e N´4

  • A N´3 ou "brown sugar" gradúa de 15 a 45 % en diacetilmorfina. Esta móstrase en forma de pedras ou grans de cores crema, gris ou azul.
  • A N´4 ten unha porcentaxe máis elevada de diacetilmorfina do 60 a 95%. Preséntase como po branco.

Historia

Empezouse a introducir na medicina en 1898, como un potente analxésico e un bo remedio contra os trastornos respiratorios tuberculosos. A partir de 1920, en paralelo, pasouse do seu uso terapéutico a unha utilización toxicómana. Actualmente fabrícase en laboratorios clandestinos do próximo Oriente e México.

Consumo

Fúmase (normalmente heroína n'3), cómese, inhálase ou inxéctase (shoot) por vía subcutánea, intravenosa ou intramuscular. Este último método volveuse corrente.