Hernán Poza Juncal
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1903 Pontevedra, España |
Morte | febreiro de 1967 (63 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , pedagogo , xornalista |
Pseudónimo literario | Xan Calqueira |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Joaquín Poza Cobas |
Irmáns | Joaquín Poza Juncal e Laureano Poza Juncal |
Hernán Poza Juncal, nado en Pontevedra o 6 de xuño de 1903 e finado en Nova York en febreiro de 1967, foi un mestre e pedagogo galego.
Fillo de Joaquín Poza Cobas, dirixente republicano de Pontevedra, foi membro activo da Federación Universitaria Española e escribiu na revista compostelá Universitarios. Traballou nos centros laicos "Escuela Moderna" e "Escuela Nueva" de Pontevedra. Entre 1924 e 1929 dirixiu en Lalín a Escuela-Hospital-Asilo creada polos emigrados da Sociedad Hijos del Partido de Lalín. Socio do Centro Republicano de Pontevedra, foi profesor da Escola Normal de Mestres de Barcelona e director da Escola de Maxisterio pontevedresa.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou en prisión, de onde conseguiu saír por mediación de amizades. Marcha a Portugal e dende aí a Estados Unidos onde se exiliou. En USA dedicouse a ensinar español na Eastman School of Languages and Business (1940), e despois foi director do Poza Institute of Languages and Business (1941). En 1938 foi xefe de redacción do diario La Voz de Nova York e entre 1938 e 1943 foi comentarista de radio. Dende 1943 foi profesor do Brooklyn College en Nova York.
Publicou o libro Pratical Handbook of Commercial Correspondence in Spanish and English (Manual práctico de correspondencia comercial en español e inglés). Escribía baixo o pseudónimo Xan Calqueira.
Casou con Carmen Fernández García en 1927.