Hermenexildo González
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX Galicia |
Morte | década de 950 |
Conde de Portucale | |
922 – 943 ← Munio Goterrez – Muniadona Díaz → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de León Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | Muniadona Díaz |
Fillos | Gonzalo Menendiz |
Pais | Gonzalo Afonso Betote e Tareixa Eiriz de Lugo |
Irmáns | Aragonta González |
Hermenexildo González, ou Hermenexildo Gundisalviz tamén coñecido como Mendo I Gonçalves ou Hermenexildo Gonçalves Betotes, nado cara 900 e finado o 24 de xullo de 950, conde de Deza, foi un aristócrata galego do reino de Galiza que gobernou o condado de Portugal. (m. c. 943-950). Foi o proxenitor dunha das liñaxes principais galaicoportugueses da Alta Idade Media.
Os seus pais foron o conde de Deza Gonzalo Betotiz, ou Gonzalo Afonso Betote, e a condesa Tareixa Eriz, filla do conde Ero Fernández. Tivo varios irmáns, entre eles a raíña Aragonta, esposa do rei Ordoño II de León, así como o conde Paio González.[1][2]
Debeu falecer entre 943, ano en que aparece por última vez na documentación, e 950 cando a súa viúva e fillos reparten a súa herdanza.
Casou entre 915 e 920 coa condesa Mumadona Dias, filla do conde Diego Fernández (ou Diego Fredenandiz) e da condesa Onecca (Onega Garcés de Pamplona (850 -?) e bisneta de Vímara Perez, coa que tivo a Gonzalo Meendiz. En 926, o rei Ramiro II de León doou ao matrimonio a vila chamada Creixomil, próxima a Guimarães. Dous anos despois, a nai de Muniadona, Onecca, mencionando a todos os seus fillos, realizou unha doazón, confirmada por varios magnates, entre eles o seu xenro Hermenexildo, ao mosteiro de Lorvão en memoria domnissimi nostri nomini ueremudi diue memorie. Tiveron seis fillos:[3]
Hermenexildo González Nacemento: ? Falecemento: ? | ||
Aristocracia galega | ||
---|---|---|
Precedido por Lucidio Vimaranis | Conde de Portucale 926 – 950 | Sucedido por Gonzalo Menendiz |