Herba do gato

especie de planta
Herba do gato

Pulicaria dysenterica
Clasificación científica
Reino:Plantae
Subreino:Tracheobionta
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Subclase:Asteridae
Orde:Asterales
Familia:Asteraceae
Subfamilia:Asteroideae
Tribo:Inuleae
Xénero:Pulicaria
Especie:Pulicaria dysenterica

A herba do gato[1] (Pulicaria dysenterica) é unha planta da familia das asteráceas.

Ilustración
Vista da planta

Descrición

Planta vivaz, de 20–70 cm de alto, ramificada por riba, formando crecenzas de suave recendo. Talo de vilosidade lanosa por riba. Follas basais pecioladas, marchitas na floración. Follas caulinares alternas, lanceoladas, de 2–5 cm de longo, coa base acorazonada até en forma de frecha, arrodeando o talo, aserradas, verdes, ásperas pola face, polo envés tomentosas de cinsento. Numerosos capítulos de 1,5–3 cm de largo, semiesféricos. Pedúnculos dos capítulos de 1,5,2,5 cm de longo, cun hipsofilo como máximo. Involucro de varias camadas. Brácteas involucrais máis ou menos punxentes e máis ou menos laúdas e glandulosas. Lígulas amarelas douradas, sobresaíndo uns 5 mm do involucro. Flósculos amarelos. Froitos de 1,5 mm de longo, con 14-20 sedas arrodeadas dunha coroa membranosa. Florea polo verán.[2]

Distribución e hábitat

Mediterráneo e no norte até Europa central. Pradeiras húmidas, brañas, lameiros, gabias.

Importancia económica e cultural

Usos

Antihistamínica ( prevén o broncoespasmo) e cardioestimulante. Popularmente emprégase como antibacteriana no tratamento das diarreas e como antidisentérica.

Dose: Infusión ao 2%, 2-3 cuncas ao día despois das comidas. Cómpre non adozar.

Parte utilizada: extermo superior aéreo.

Principios activos

Polienos e poliínos. Flavonoides e ácidos fenólicos.[3]

Taxonomía

Pulicaria dysenterica foi descrita por (L.) Bernh. e publicado en Systematisches Verzeichnis 153. 1800.[4]

Citoloxía

Número de cromosomas de Pulicaria dysenterica (Fam. Compositae) e táxones infraespecíficos: 2n=20.[5]

Varieadades aceptadas
  • Pulicaria dysenterica subsp. dysenterica
  • Pulicaria dysenterica subsp. uliginosa Nyman
Sinonimia
  • Pulicaria uliginosa Stev. ex DC.
  • Aster dysentericus (L.) Scop.
  • Diplopappus dysentericus (L.) Bluff & Fingerh.
  • Pulicaria dysenterica var. dysenterica[6]
  • Galego: herba do gato, desentérica[7]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  1. AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  2. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
  3. Flora of China Editorial Committee. 2011. Flora of China (Asteraceae). 20–21: 1–992. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Ligazóns externas