Hello Kitty

Hello Kitty (en xaponés ハローキティ Harō Kiti) é unha personaxe imaxinaria representada por unha gatiña branca humanizada cun lazo vermello e sen boca de caracteres estilizados. Foi deseñada en 1974 por Yuko Shimizu para a empresa xaponesa Sanrio.

Inicialmente Hello Kitty era un deseño para nenas empregado en accesorios escolares e roupa. Actualmente existen produtos licenciados dirixidos a tódalas idades.

Hello Kitty refírese tamén a un grupo de personaxes relacionados, e especificamente a gatiña branca recibiu o nome de Kitty White (キティ・ホワイト Kiti Howaito)

Stand Sanrio en Madrid.
Airbus A330-200.

Historia

Hello Kitty naceu como un produto da empresa Sanrio, establecida en 1960 como Yamanashi Silk Company dedicada á venda sandalias con deseños de flores[1] pero o seu propietario Shintaro Tsuji contratou debuxantes para que os deseños fosen máis xeitosos e así apareceu unha liña de produtos con personaxes[1] pensados para regalo[2] e así naceu Hello Kitty deseñada por Yuko Shimizu e engadida a esa liña en 1974, aparecendo por primeira vez nun portamoedas de vinilo, sentada entre unha botella de leite e unha carpa nun recipiente[3]. Sanrio decidiu que o personaxe fose británico por estar na época os países estranxeiros, e en particular o Reino Unido e os Estados Unidos, de moda no Xapón e xa tiñan moitos personaxes estadounidenses[4]. Shimizu tomou o nome Kitty da obra de Lewis Carroll Alicia do outro lado do espello, onde Alicia xoga cun gato ao que chama Kitty[5] ao que Sanrio engadiu o "Hello" como unha forma de comunicación social para agradecer o galano[6].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas