Helena Carvalhão Buescu

escritora portuguesa

Helena Etelvina de Lemos Carvalhão Buescu, nada en Lisboa o 29 de setembro de 1956, é unha profesora portuguesa e escritora. Foi galardoada pola Asociación Portuguesa de Escritores e pola Universidade de Évora.[1]

Infotaula de personaHelena Carvalhão Buescu
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Portugal
EducaciónFaculdade de Letras da Universidade de Lisboa (pt) Traducir - Doutoramento (1983–1988)
Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa (pt) Traducir - Mestrado (1978–1983)
Universidade de Lisboa - Licenciatura (1974–1978) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Lisboa, catedrático de universidade (1978–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiVictor Buescu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

É filla do profesor Victor Buescu ( Coţofenii din Faţă ou Coţofenii din Dos, Dolj, Olténia, Valaquia, Romanía, 9 de novembro de 1911-5 de xuño de 1971) e a súa esposa Maria Leonor Carvalhão Buescu (Idanha-a-Nova, Monsanto), 24 de xuño de 1932 - 28 de decembro de 1999), que ten unha rúa que leva o seu nome na parroquia de Carnide, en Lisboa, e irmá mamáis vella da profesora Ana Isabel de Lemos Carvalhão Buescu (Lisboa, 25 de agosto de 1957), casou con Bernardo João da Silveira de Vasconcelos e Sousa, IX Marqués de Castelo Melhor, e irmá máis vella de Maria Gabriela de Lemos Carvalhão Buescu e Jorge Sebastião de Lemos Carvalhão Buescu (20 de xuño de 1964).

É profesora na Facultade de Letras de Lisboa, onde traballa nas áreas de Literatura Comparada e Literatura Portuguesa, sobre todo os séculos XIX e XX e a problemática teórica da literatura. Ten colaborado con universidades de Europa, Estados Unidos, Brasil, onde ten sido profesora ou investigadora.[2]

Foi unha das principais asinantes do Manifesto en Defensa da Lingua Portuguesa contra o Acordo Ortográfico de 1990, unha petición en liña que, entre maio de 2008 (data de inicio) e maio de 2009 (data de consideración polo Parlamento), recolleu máis de 115 mil sinaturas válidas.

Obras

Entre as súas obras están:[3] [4]

  • A Lua, a Literatura e o Mundo (1995). Cosmos.
  • Dicionário do Romantismo Literário Português (1997). Colibri.
  • Em Busca do Autor Perdido (1998)
  • Narrativas da Modernidade (2001). Colibri. (co-autora)
  • Chiaroscuro. Modernidade e Literatura (2001). Campo das Letras.
  • João Cristino da Silva e o tema da paisagem na literatura portuguesa de meados do século XIX [5]
  • Representações do Real na Modernidade (2005). Colibri. (co-autora)
  • O Grande Terramoto de Lisboa. Ficar diferente (2005). Gradiva. Con Gonçalo Cordeiro.
  • Cristalizações: Fronteiras da Modernidade (2006). Relógio D'Água
  • Cesário Verde - Visões de artista» (organização em coautoria, (2007). Campo das Letras.
  • Ardem as trevas e outros lugares (2007). Campo das Letras.
  • Emendar a Morte. Pactos en literatura (2008). Campo das Letras.
  • Poesia e Arte. A Arte da Poesia – Homenagem a Manuel Gusmão (2008). Ed. Caminho.
  • Experiência do incomum e boa vizinhança. Literatura comparada e literatura-mundo (2013). Porto Editora.
  • O Poeta na Cidade. A Literatura Portuguesa na Historia (2019). Lisboa, Portugal: Imprensa Nacional-Casa da Moeda.

Poesía

  • De Onde Nascem os Rios (1998).

Premios

  1. Co seu libro O Poeta na Cidade: A Literatura Portuguesa na História gañou o Gran Premio de Ensaio Eduardo Prado Coelho, outorgado pola Asociación Portuguesa de Escritores.[6] [7]
  2. Foi galardoada co Premio Literario Vergílio Ferreira 2022 da Universidade de Évora.[6] [8]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas