Helen Wang

tradutora e numismática inglesa

Helen Kay Wang (chinés simplificado: 汪海岚; chinés tradicional: 汪海嵐; pinyin: Wang Hailán), de solteira Helen Below, nada en 1965, é unha sinóloga e tradutora inglesa que ocupa o posto de conservadora de numismática da Asia Central no Departamento de Moedas e Medallas do Museo británico, en Londres.[1][2]

Infotaula de personaHelen Wang
Biografía
Nacemento1965
Datos persoais
País de nacionalidadeBritánica.
EducaciónUniversidade de Londres
Actividade
Campo de traballoNumismática, sinoloxía e tradución.
Ocupacióntradutora , conservadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWang Tao.
Premios
– (2017): Premio Chen Bochui.
– (2017): Premio Marsh Christian.
– (2019): Jeton de Vermeil (SFN).

Publicou un gran número de traducións literarias do chinés ao inglés.[3]

Wang está casada co arqueólogo chinés Wang Tao.[4]

Traxectoria

Helen Wang acadou a súa licenciatura en Lingua Chinesa en 1988 na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS) da Universidade de Londres, cunha estadía previa dun ano (entre 1984 e 1985) no Instituto de Lingua de Pequín.[4][5]

En 2002 accedeu ao doutoramento en Arqueoloxía no University College London, cunha tese sobre o diñeiro na Ruta da Seda titulada Money on the Silk Road: the evidence from Eastern Central Asia to c. AD 800.[6]

Como numismática

Captura do blog de Helen Wang, Chinese Money Matters.

En 1991, Wang ingresou no Museo Británico como axudante de Joe Cribb na sección asiática do Departamento de Moedas e Medallas, e en 1993 empezou a encargarse da sección de moeda da Asia Oriental.[2] Os seus traballos alí están relacionados principalmente coas coleccións das que é responsable e tamén sobre a historia da colección e o desenvolvemento do seu ámbito, en particular a numismática de Asia Oriental e a da Ruta da Seda, as coleccións de Sir Aurel Steine os artigos téxtiles utilizados como diñeiro.[7][8]

Foi co-secretaria honoraria da Royal Numismatic Society entre 2011 e 2016, e vicepresidenta en 2018.[9] Tamén é membro honorario do equipo editorial de Zhongguo Qianbi "中国钱币" ("China numismática"), a revista da Sociedade Numismática Chinesa.[10]

En 2016, Wang foi elixida membro da Asociación Internacional para o Estudo dos Téxtiles da Ruta da Seda (IASSRT).[8] Desde 2017, fai divulgación de numismática chinesa a través do blog "Chinese Money Matters".[11]

Como tradutora

As primeiras publicacións de traducións literarias de Wang producíronse no inicio da década de 1990; tratábase de contos e ensaios de Yu Hua, de Zhang Chengzhi, de Ma Yuan, de Du Ma e de Zhang Langlang.[12] Logo dun descanso na súa vida profesional, regresou á tradución na década de 2010, traducindo máis relatos, ensaios e contos infantís.[3]

Ademais, Wang colabora con entidades como o Club do Libro de Ficción da China[13] (con Nicky Harman), co portal Paper Republic[3] e coa iniciativa Global Literature in Libraries[14].

En 2016, Wang foi unha das fundadoras do grupo Chinese Books for Young Readers ("Libros chineses para Lectores Novos"), con Anna Gustafsson Chen e Minjie Chen.[15]

Entre 2012 e 2015 foi membro do comité de dirección da Asociación de Tradutores do Reino Unido.[16]

Wang foi xuíza de catro competicións de tradución Writing Chinese, da Universidade de Leeds.[17]

Recoñecementos

  • (2019): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática.[18][19]
  • (2019): Candidata ao premio GLLI GLLI Translated YA Book Prize, pola súa tradución de Bronze and Sunflower, de Cao Wenxuan.[20]
  • (2017): Premio Marsh Christian de literatura infantil en tradución, pola súa tradución de Bronze and Sunflower.[21][22]
  • (2017): Premio internacional Chen Bochui, e literaura infantil. [23]
  • (2017): Finalista do Premio Kirkus, de literatura xuvenil, pola súa tradución de Bronze and Sunflower.[24]
  • (2017): Inclusión na lista 2018 Notable Children's Books (da American Library Association) da súa tradución de Bronze and Sunflower.[25]
  • (2017): Inclusión na lista New York Times Notable Children's Books da súa tradución de Bronze and Sunflower.[26]
  • (2017): Mellor libro do ano do Centro para o Estudo da Literatura Infantil Multicultural, pola súa tradución de Bronze and Sunflower.[27]
  • (2015): Bolsa de tradución de English PEN Writers, pola súa tradución de Bronze and Sunflower.[28]

Escolma de publicacións

Entre os abundantes traballos de investigación e divulgación de Helen Wang, pódense salientar os seguintes:[29][3][30]

Numismática

Traducións literarias

Notas

Véxase tamén

Outros artigos