Haemospororida

Haemospororida

Haemoproteus ilanpapernai (Haemoproteidae)
Clasificación científica
Dominio:Eukaryota
Reino:Chromalveolata
Superfilo:Alveolata
Filo:Apicomplexa
Clase:Aconoidasida
Orde:Haemospororida
Familias
  • Garniidae
  • Haemoproteidae
  • Leucocytozoidae
  • Plasmodiidae

Haemospororida (ás veces chamado Haemosporida) é unha orde de protozoos parasitos intraeritrocíticos (que se desenvolven dentro de eritrocitos nalgún momento do seu cico de vida).

Taxonomía

Hai unhas 500 especies nesta orde organizadas en catro familias: Garniidae, Haemoproteidae, Leucocytozoidae e Plasmodiidae. A maioría das especies pertencen a tres xéneros: Haemoproteus, Leucocytozoon e Plasmodium.

Os Haemoproteidae e os Plasmodiidae producen ambos pigmento. Estas familias foran situadas na orde Laveraniina. Nin os Haemoproteidae nin os Leucocytozoidae teñen un ciclo asexual no sangue periférico. Os Garniidae non producen pigmento pero teñen un ciclo asexual no sangue.

O taxon divídese en detalle como segue:

  • Familia Garniidae[1]
    • Xénero Fallisia Lainson, Landau & Shaw 1974
      • Subxénero Fallisia
      • Subxénero Plasmodioides Gabaldon, Ulloa e Zerpa 1985
    • Xénero Garnia Lainson, Landau e Shaw 1971
    • Xénero Progarnia Lainson 1995
  • Familia Haemoproteidae
    • Xénero Haemocystidium Castellani e Willey 1904, emend. Telford 1996
    • Xénero Haemoproteus Kruse 1890
      • Subxénero Haemoproteus
      • Subxénero Parahaemoproteus Bennett et al 1965
    • Xénero Paleohaemoproteus Poinar e Telford 2005
  • Familia Leucocytozoidae
    • Xénero Leucocytozoon Ziemann 1898 emend. Berestneff 1904, Sambon 1908
      • Subxénero Akiba
      • Subxénero Leucocytozoon
  • Familia Plasmodiidae
    • Xénero Bioccala Landau et al 1984
    • Xénero Biguetiella Landau et al 1984
    • Xénero Billbraya Paperna e Landau 1990
    • Xénero Dionisia Landau et al 1980
    • Xénero Hepatocystis Miller 1908
    • Xénero Mesnilium Misra, Haldar e Chakravarty 1972
    • Xénero Nycteria Garnham e Heisch 1953
    • Xénero Plasmodium Marchiafava e Celli 1885
      • Subxénero Asiamoeba Telford 1988
      • Subxénero Bennettinia Valkiūnas 1997
      • Subxénero Carinamoeba Garnham 1966
      • Subxénero Giovannolaia Corradetti, Garnham & Laird 1963
      • Subxénero Haemamoeba Grassi & Feletti 1890
      • Subxénero Huffia Garnham & Laird 1963
      • Subxénero Lacertaemoba Telford 1988
      • Subxénero Laverania Bray 1963
      • Subxénero 'Novyella Corradetti, Garnham & Laird 1963
      • Subxénero Nyssorhynchus Poinar 2005
      • Subxénero Ophidiella Garnham 1966
      • Subxénero Papernaia Landau et al 2010[2]
      • Subxénero Paraplasmodium Telford 1988
      • Subxénero Plasmodium Bray 1963 emend. Garnham 1964
      • Subxénero Sauramoeba Garnham 1966
      • Subxénero Vinckeia Garnham 1964
    • Xénero Polychromophilus Landau et al 1984
    • Xénero Rayella Dasgupta 1967
    • Xénero Saurocytozoon Lainson e Shaw 1969
    • Xénero Vetufebrus Poinar 2011

Nota

O xénero Mesnilium é o único destes taxons que infecta a peixes. Comprende unha soa especie e só se publicou un informe del unha vez. Pode ser que este xénero fose situado incorrectamente neste grupo. Probablemente serán necesarios estudos de ADN para aclarar este punto.

Varios xéneros infectan a mamíferos: Bioccala, Biguetiella, Dionisia, Hepatocystis, Plasmodium, Polychromophilus, Nycteria e Rayella.

Os insectos que funcionan como vectores para Hepatocystis, Plasmodium e Polychromophilus son respectivamente das familias Ceratopogonidae, Culicidae e Nycteribiidae. Os vectores de Nycteria e Rayella non se coñecen actualmente. Bioccala tamén usa insectos Nycteribiidae como vectores.

Rayella crese que se orixinou a partir de Hepatocystis.[3][4]

Outros xéneros que poden estar relacionados

  • Chelonplasma
  • Pirhemocyton

Filoxenética

Morrison utilizando datos moleculares considera que os Haemosporida están aniñados dentro das gregarinas e que este clado é distinto dos piroplasmas.[5] Este último clado é un grupo irmán dos coccidios.

Notas