HMS Beagle

O HMS Beagle foi un bergantín da clase Cherokee da Mariña Real Británica botado ás augas do río Támese o 11 de maio de 1820 dende os estaleiros Woolwich; tiña 27,5 metros de eslora, 7,5 metros de manga, 3,8 metros de calado, dez canóns, 235 toneladas de carga e unha tripulación de cento vinte homes.

HMS Beagle

Sección lonxitudinal do HMS Beagle en 1832.
HistorialRoyal Navy Ensign
Claseclase Cherokee
Tipobergantín
Botado11 de maio de 1820
Asignado1820
BaixaTransferido ó servizo de gardacostas en 1845
DestinoVendido para despedazamento en 1870
Características xerais
Desprazamento235 t
242 t na segunda viaxe
Eslora27,5 m
Manga7,5 m
Calado3,8 m
AparelloBric-barca
Armamento10 canóns
reducido a 6 nas súas viaxes
Propulsiónvela
Tripulación120 como buque de guerra
65+9 supernumerarios na súa segunda viaxe

En xullo dese mesmo ano tomou parte na Revista Naval de celebración pola coroación do rei Xurxo IV, sendo o primeiro barco en navegar baixo a nova Ponte de Londres, quedando logo na reserva, a flote e atracado pero sen mastros ou aparellos.

Despois foi adaptado como bric-barca e participou en tres expedicións. Na segunda, baixo o mando do comandante Robert FitzRoy, viaxou a bordo o naturalista Charles Darwin cuxo traballo fixo do Beagle un dos barcos máis famosos da historia.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas