Guillermo Escalada

futbolista uruguaio

Guillermo Escalada, nado en Montevideo o 24 de abril de 1936 e finado o 21 de xuño de 2023, foi un futbolista uruguaio que xogaba como dianteiro.

Escalada
Información persoal
NomeGuillermo Escalada
Nacemento24 de abril de 1936
Lugar de nacementoMontevideo
Falecemento21 de xuño de 2023
Lugar de falecementoMontevideo
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
1951–1953Nacional
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1954–1963Nacional107(40)
1964–1965Gimnasia de La Plata26(3)
1966Montevideo Wanderers
1967Defensor
Selección nacional
1955–1962Uruguai30(11)
Na rede
FIFA: 49109 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Nacional, co que debutou en 1954 e no que xogou ata 1963, e formou parte dunha das dianteiras máis celebres da historia do club, xunto a Héctor Núñez, Julio Acosta, Raúl Núñez e Héctor Rodriguez.[1] Gañou, entre outros títulos, as ligas de 1955, 1956 e 1957. En 1958 marcou en Riazor o gol da vitoria contra o Flamengo, co que o seu equipo se proclamou campión da 13ª edición do Trofeo Teresa Herrera. En 1959 tivo a oportunidade de conquistar o seu cuarto título de liga, pero perdeu a final de desempate contra o Peñarol, nun histórico encontro no que foi un dos oito xogadores expulsados.[2][3]

En 1962 debutou co seu equipo na Copa Libertadores, nun partido ante o Sporting Cristal peruano. Xogou seis partidos durante a competición, marcando un gol nas semifinais contra Peñarol no estadio Centenario.[4] Disputou un total de 173 partidos oficiais co club, marcando 62 goles.

Tamén xogou no Gimnasia y Esgrima La Palta e no Montevideo Wanderers.[5]

Selección nacional

Foi 30 veces internacional coa selección do Uruguai, coa que marcou 11 goles.[6] Debutou o 30 de marzo de 1955, durante a disputa da Copa América, nunha derrota por 2-1 ante o Perú, onde xogou a segunda parte como substituto de Américo Galván.[7] Na seguinte edición do torneo continental, con Hugo Bagnulo como técnico, o conxunto uruguaio proclamouse campión xogando na casa. Escalada marcou dous goles no partido inaugural contra Paraguai e anotou un terceiro contra o Perú. Só foi superado como artilleiro polo chileno Enrique Hormazábal, que marcou catro goles.[8]

Disputou tamén as dúas edicións da Copa América celebradas en 1959, e proclamouse campión na segunda delas, en Ecuador, aportando dous goles durante o torneo. Formou parte da selección dirixida por Juan Carlos Corazzo no Mundial de 1962, pero non chegou a debutar na competición.[9] Xogou o seu último encontro como internacional ese mesmo ano, na disputa da Copa Lipton contra a Arxentina no estadio Monumental de Núñez, en Buenos Aires.[10]

Palmarés

Nacional
  • Primeira División (3): 1955, 1956, 1957.
  • Torneo de Honor (5): 1955, 1957, 1958, 1961, 1962.
  • Torneo Competencia (4): 1958, 1959, 1961, 1962.
  • Torneo Cuadrangular (4): 1954, 1956, 1958, 1962.
  • Campionato Nacional General Artigas (2): 1961, 1962.
Selección uruguaia

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas