Guillermo Donoso

futbolista español

Guillermo Donoso Alonso, máis coñecido como Guille Donoso, nado o 8 de xullo de 1995 en Xixón, é un futbolista profesional español da canteira do Sporting de Gijón, que xoga como extremo na SD Ponferradina da Liga 1|2|3.

Guille Donoso
Información persoal
NomeGuillermo Donoso Alonso
Nacemento8 de xullo de 1995 (29 anos)
Lugar de nacementoXixón
Altura1,73 m
PosiciónExtremo
Información de club
Club actualPonferradina
Carreira xuvenil
2002–2013Sporting Gijón
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2013–2016Sporting B115(7)
2016–2017Córdoba22(1)
2017–2019Lugo6(0)
2018−2019Ponferradina (cedido)15(3)
2019−Ponferradina0(0)
Selección nacional
2013España sub-191(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 17 de decembro de 2017editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Nado en Xixón, Asturias, Donoso formouse nas categorías inferiores do Sporting de Gijón. O 3 de febreiro de 2013 debuta co filial na Segunda División B, entrando no campo como substituto durante a primeira metade na derrota por 0–4 ante a UD Salamanca no Hemántico.[1] Tras acabar a temporada, asina un contrato de tres anos cos xixoneses,[2] anotando pouco despois, o 1 de setembro, o seu primeiro gol como sénior na vitoria por 4–1 home ante o CD Tropezón.[3] Pouco máis dunha semana despois foi convocado co primeiro equipo para xogar na Copa do Rei ante Recreativo de Huelva,[4] aínda que non chega debutar.

Tras tres temporadas no filial, onde non chega a participar co primeiro equipo, o 1 de xullo de 2016 asina co Córdoba da Segunda División.[5] O seu debut como profesional chegaría o 20 de agosto, saíndo no segundo período para substituír a Alejandro Alfaro na vitoria por 1–0 ante Tenerife no Nuevo Arcángel.[6] O seu primeiro gol non tardaría en chegar, anotando o 17 de setembro na vitoria na casa por 1-0 ante o Levante.[7] Tras xogar 22 encontros cos andaluces, Donoso decide mudar de equipo o finalizar a temporada, asinando o 30 de xuño de 2017 un contrato por dúas temporadas co Lugo.

Clubs

ClubCategoríaTemporadaPartidosGoles
Sporting BSegunda B2012−2013130
Sporting BSegunda B2013−2014333
Sporting BSegunda B2014−2015383
Sporting BSegunda B2015−2016311
CórdobaSegunda2016−2017221
LugoSegunda2017−201860
PonferradinaSegunda B2018153

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas