Guerra de Iraq

A Guerra de Iraq, tamén coñecida como Segunda Guerra do Golfo ou Operación Liberdade Iraquí nos Estados Unidos,[23] Operación Telic no Reino Unido[24] e, noutros ámbitos, ocupación de Iraq,[25] foi un conflito que comezou o xoves 20 de marzo de 2003 e rematou o domingo 18 de decembro de 2011.[2] Tras finalizala guerra, deuse paso a unha operación de adestramento das tropas iraquís para combater a insurxencia e o terrorismo. Esta operación deuse a coñecer como Operación Novo Amencer,[26] e representa a continuación da guerra de Iraq, que se inicia ó organizar os Estados Unidos unha coalición multinacional para a invasión de Iraq, estando composta por unidades das forzas armadas dos propios Estados Unidos, o Reino Unido e continxentes menores de España, Australia, Dinamarca, Polonia e outros Estados.[27]

Guerra de Iraq
Parte de Guerra contra o terrorismo

Comezando pola parte superior esquerda: patrulla conxunta en Samarra; derrubamento da estatua de Saddam Hussein na praza Firdos, soldado do exército iraquí prepara o seu rifle durante un asalto no sur de Bagdad.
Data20 de marzo de 2003 - 18 de decembro de 2011[1]
LugarIraq
ResultadoRetirada das tropas estadounidenses.[2]
  • Vitoria aliada na invasión de Iraq de 2003.
  • Ocupación de Iraq.
  • Formación dun goberno provisional.
  • Derrocamento do goberno do Partido Baath e a execución de Saddam Hussein.
  • Xuízos dos funcionarios baathistas por crimes contra a humanidade.
  • Crise humanitaria con abusos de dereitos humanos, vítimas civís e refuxiados.
  • Destrución e roubo dalgunhas pezas arqueolóxicas.
  • Insurxencia iraquí e comezo da guerra civil.
  • Danos nas infraestruturas.
  • Privatización dos servizos iraquís.
  • Ratificación dunha nova constitución democrática.
  • Elección dun goberno democrático.
  • Operacións de Al Qaeda en Iraq.
  • Operacións de combate militar concluídas.
  • Ocupación militar.
  • Inestabilidade política e continuación da violencia sectaria após a retirada militar estadounidense.[3]
Belixerantes
Coalición multinacional en Iraq
Estados Unidos
Peshmergas kurdos
Iraq (Dende 2006)
Reino Unido
Australia Australia
Polonia Polonia
Dinamarca Dinamarca
Italia Italia
Romanía Romanía
Ucraína Ucraína
Países Baixos Países Baixos
España España
Bulgaria Bulgaria
Xapón
Xeorxia
República Dominicana
(Máis os países restantes da coalición)[4]
Iraq (baixo Saddam Hussein)
Baathistas iraquís
Resistencia iraquí
Exército de al-Mahdi
Muyahidínes
Partido Comunista Iraquí
Fedayínes
Organización dos muyahidines do pobo iraniano
Líderes
George W. Bush
Barack Obama
Richard B. Myers
Peter Pace
Michael Mullen
Paul Bremer
Jay Garner
Tommy Franks
John P. Abizaid
Ricardo S. Sánchez
William J. Fallon
Martin Dempsey
James Mattis
George Casey
David Petraeus
John R. Allen
Raymond T. Odierno
David D. McKiernan
Lloyd Austin
Tony Blair
Gordon Brown
David Cameron
Richard Shirreff
Jim Dutton
Andy Salmon
John Cooper
Australia John Howard
Australia Kevin Rudd
España José María Aznar
España Alfredo C. Torres
España Fulgencio Coll
España José Manuel Muñoz
Italia Silvio Berlusconi
Italia Romano Prodi
Polonia Andrzej Tyszkiewicz
Nuri al-Maliki
Iyad Allawi
Jalal Talabani
Ibrahim al-Jaafari
Ghazi Mashal Ajil al-Yawer
Saddam Hussein
Qusay Hussein †
Uday Hussein †
Ali Hassan al-Mayid†
Barzan Ibrahim al-Tikriti †
Izzat Ibrahim al-Douri
Jasili Ibrhama
Muqtada al-Sadr
Abu Musab al-Zarqawi †
Abu Ayyub al-Masri†
Forzas en combate
Coalición
~300.000 invasión
176.000 (2004-2009)
Contratistas*
~182.000 (118.000 Iraquís, 43.000 Outros, 21.000 estadounidenses)[5][6]
Peshmerga
50.000 invasión
Novo exército iraquí
125.000
Policía iraquí
227.000[7]
Milicias
15.000-30.000 voluntarios civís[8]

Turquía~8.000[9]

Iraquís (baixo Saddam Hussein):
375.000 forzas regulares.

Goberno post-Baaz, conflito multilateral:
Resistencia iraquí
~72.000[10]
Exército Mahdi
~64.000[11][12]
al Qaeda/Mercenarios
3.300[13]


PKK: ~6.000[14]

Baixas
Coalición
4.486[15] 179[16]
Outros: 139
TOTAL: 4.804
Feridos militares:
32.200[15] 315[17]
Mortos contratistas:
: 1.471[18]: 743[17]
Mortos militares:
7.600 - 10.800 (invasión de 2003)[19][20]
Mortos milicianos: 21.221- 26.405[21]
Total de mortos: 28.736-37.120
Mortos civís: 100.000[22]

A principal xustificación para esta operación que ofreceron o Presidente dos Estados Unidos, George W. Bush e os seus aliados na coalición, foi a falsa afirmación de que Iraq posuía e estaba desenvolvendo armas de destrución masiva (ADM), violando un convenio de 1991.[28][29] Funcionarios dos Estados Unidos sostiveron, dun modo interesado e tendencioso, que Iraq representaba unha inminente, urxente e inmediata ameaza ós Estados Unidos, ó seu pobo e ós seus aliados, así como ós seus intereses.[30] Criticouse amplamente ós servizos de información,[31] e os inspectores designados ó efecto non atoparon probas de que existiran as pretendidas armas de destrución masiva. Despois da invasión, o Grupo de Investigación en Iraq chegou á conclusión de que Iraq acabara cos seus programas para desenvolver as devanditas armas en 1991 e non había ningunha no momento da invasión, pero que tiñan a intención de retomar a produción sempre e cando se levantaran as sancións.[32] Algúns funcionarios dos Estados Unidos alegaron que Saddam Hussein e Al Qaeda estiveran cooperando,[33] pero non hai probas de que existise unha relación de colaboración.[34][35] Outras razóns para a invasión por parte dos funcionarios incluían as preocupacións sobre o apoio financeiro de Iraq para as familias de terroristas suicidas palestinos,[36] violacións dos dereitos humanos por parte do goberno iraquí,[37] propagación da democracia,[38] as reservas de petróleo de Iraq,[39][40][41] aínda que este último foi negado por outros funcionarios.[42][43][44]

A invasión levou á rápida derrota das forzas iraquís, o derrocamento do Presidente Saddam Hussein, a súa captura en decembro de 2003 e a súa execución en decembro de 2006. A coalición dirixida polos Estados Unidos no Iraq ocupado tratou de establecer un novo goberno democrático. Porén, pouco despois da invasión inicial, a violencia contra as forzas da coalición e entre os diversos grupos étnicos deu lugar a unha guerra asimétrica coa insurxencia iraquí, a guerra civil entre sunnís e xiítas iraquís, e as operacións de Al-Qaeda en Iraq.[45][46] As estimacións do número de persoas mortas varían entre máis de 150.000 a máis de 1 millón de persoas, segundo a fonte. O custo financeiro da guerra estimouse en máis de £4.500 millóns ($9.000 millóns) para o Reino Unido,[47] e máis de $845.000 millóns ós Estados Unidos,[48] cun custo total para a economía deste último estimada en $ 3 a 5 billóns. Algunhas das nacións que integraron a coalición comezaron a retirar as súas forzas como consecuencia dunha opinión pública desfavorable e ó progresivo aumento de efectivos iraquís para asumir a responsabilidade da seguridade no país.[49][50] Porén, Iraq, non chegou a desenvolver armas nucleares, grazas á Operación Ópera de Israel, acontecida uns anos antes.

Notas

Véxase tamén


 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.