Grupo Local

Na astronomía, denominase Grupo Local ó grupo de galaxias na que se atopa a nosa, a Vía Láctea.

Mapa 3D do Grupo Local
Sextans A é membro do Grupo Local de galaxias que inclúen as espirais de Andrómeda e a nosa propia Vía Láctea

Está dominado por dúas galaxias espirais xigantes, Andrómeda e a Vía Láctea. O resto de galaxias, unhas 30, son máis pequenas; moitas delas son galaxias satélite (ver galaxia anana) dunha das máis grandes.

As galaxias libres xiran en torno ó centro de masas do grupo, situado entre Andrómeda e a Vía Láctea. Ademais, o noso Grupo Local está contido dentro do supercúmulo de Virgo, o seu centro gravitatorio é denominado Grande Atractor, cara ó cal se dirixe o Grupo Local.

Dentro do Grupo Local, coñécense tres sistemas dominados por galaxias masivas actuando coma centros de gravidade, e varias galaxias actuando coma satélites:

  • Sistema de Andrómeda (M31): M32, M110, NGC 147, NGC 185, Andrómeda I, Andrómeda II, Andrómeda III, Andrómeda IV, Andrómeda V, Andrómeda VI e Andrómeda VII.
  • Sistema da Vía Láctea: Anana de Saxitario, Gran Nube de Magalláns, Pequena Nube de Magalláns, Anana da Osa Menor, Anana de Draco, Anana de Carina, Anana de Sextans, Anana de Sculptor, Anana de Fornax, Leo I, Leo II e Anana de Tucana.
  • Sistema do Triángulo (M33): a terceira maior galaxia e a única espiral no Grupo Local, pode ou non ser unha compañeira da Galáxia de Andrômeda, apenas ten unha galaxia satélite, a Anana de Pisces (LGS 3)

O futuro do Grupo Local

Tense observado que Andrómeda e a nosa galaxia se aproximan rapidamente a unha velocidade duns 500.000 km/h, o que fai pensar que poida producirse unha colisión entre ambas dentro duns 3.000 a 5.000 millóns de anos, segundo a masa que teñan estas galaxias. De producirse, tal choque non debe entenderse coma o que ten lugar entre dous corpos sólidos, senón que as galaxias atravesaríanse a unha á outra. Coma resultado, unha parte do material de ambas dispersaríase e o resto formaría unha nova galaxia, probablemente elíptica. Se en vez dun choque deste tipo o que ten lugar é unha aproximación, ambas galaxias deformaríanse e unha parte do material de cada unha delas escaparía ou se mesturaría, tanto máis, canto maior fose a aproximación, ata acabar tamén fundíndose os restos nunha galaxia elíptica, na que eventualmente acabarían as demais galaxias do grupo.

Polo que respecta ó futuro do Grupo Local, este podería quedar integrado no cúmulo de Virgo, aínda que recentes estudos amosan que a aceleración da velocidade de expansión do Universo impedirá que isto aconteza. Este cúmulo está situado no centro dun supercúmulo moito maior, o Supercúmulo de Virgo. Así pois, o noso grupo atópase no corazón do supercúmulo situado preto da rexión con maior influencia gravitatoria, á cal nos aproximamos.

Galaxias do Grupo Local

A localización amosase primeiro en ascensión recta, despois a declinación e logo citase a constelación:

GalaxiaTipoMagnitude
absoluta
Diámetro
[anos luz]
Velocidade
radial [km/s]
Distancia
[anos luz]
Localización
Vía LácteaSBbc I-II-20,8100.000
Anana de Canis MajorIrr25.00007h12,0m | -27*40' | Canis Major
Anana Elíptica de SaxitariodSph(E7)-14,010.00078.00018h55,0m | -30*30' | Saxitario
Gran Nube de MagallánsIrr III-IV-18,130.000+119179.00005h19,7m | -68*57' | Dorado
Pequena Nube de MagallánsIrr IV-V-16,216.000+34210.00000h51,7m | -73*14' | Tucana
Anana da Osa MenordSph-8,92.000-47215.00015h08,8m | +67*12' | Osa Menor
Anana de SculptordSph-10,73.000+115260.00001h00,0m | -33*42' | Sculptor
Anana de DracodSph-8,63.000-87270.00017h20,1m | +57*55' | Draco
Anana de SextansdSph-10,04,000280.00010h13,2m | -01*37' | Sextans
Anana de CarinadSph-9,922.000+13330.00006h14,6m | -50*58' | Carina
Anana de FornaxdSph-13,06.000-41450.00002h39,9m | -34*32' | Fornax
Leo IIdSph-10,23.000+36670.00011h13,5m | +22*10' | Leo
Leo IdE3-12,03.000+60820.00010h08,5m | +12*18' | Leo
Anana de FénixdIrr/dSph-9,92.0001 450 00001h51,1m | -44*27' | Phoenix
Galaxia de Barnard (NGC 6822)Irr IV-V-16,48.000+441 600 00019h44,9m | -14*49' | Saxitario
Andrómeda IIdSph-11,72.0001 700 00001h16,4m | +33*27' | Andrómeda
NGC 185dSph/dE3-15,38.000+392 000 00000h39,0m | +48*20' | Cassiopeia
Leo III (Leo A)dIrr-11,74.000-192 250 00009h59,4m | +30*45' | Leo
Andrómeda VIIdSph-12,02.0002 250 00023h27,8m | +50*35' | Andrómeda
IC 1613Irr V-14,910.000-1522 300 00001h05,1m | +02*08' | Cetus
NGC 147dSph/dE5-14,810.000+282 350 00000h33,2m | +48*31' | Cassiopeia
Andrómeda IIIdSph-10,23.0002 500 00000h35,4m | +36*31' | Andrómeda
Anana de CetusdSph-10,13.0002 550 00000h26,1m | -11*02' | Cetus
Andrómeda VIdSph-11,33.0002 550 00023h51,7m | +24*36' | Andrómeda
Anana de AcuariodIrr/dSph 2-232 600 00020h46,8m | -12*51' | Acuario
M32dE2-16,48.000-282 600 00000h42,7m | +40*52' | Andrómeda
Andrómeda IdSph-11,72.0002,600,00000h45,7m | +38*00' | Andrómeda
Andrómeda VdSph-9,12 650 00001h10,3m | +47*38' | Andrómeda
LGS 3 (Anana de Pisces)dIrr/dSph-9,72.000-1492 650 00001h03,8m | +21*53' | Pisces
Galaxia de Andrómeda (M31)Sb I-II-21,8140.000-1212 650 00000h42,7m | +41*16' | Andrómeda
NGC 205 (M110)dSph/dE5-16,315.000-602 650 00000h41,3m | +41*41' | Andrómeda
IC 10dIrr-17,68.000-1462 700 00000h20,4m | +59*18' | Cassiopeia
Galaxia del Triángulo (M33)Sc II-III-19,155.000-462 850 00001h33,9m | +30*39' | Triangulum
Anana de TucanadSph-9,62.0002 850 00022h41,7m | -64*25' | Tucana
Wolf-Lundmark-MelotteIrr IV-V-14,010.000-613 000 00000h02,0m | -15*28' | Cetus
Anana de PegasodIrr/dSph-12,72.000-203 100 00023h28,6m | +14*45' | Pegaso
Anana Irregular de SaxitariodIrr-11,03.000+83 450 00019h30,1m | -17*42' | Saxitario
Anana de AntliadSph-10,73.0004 000 00010h04,1m | -27*20' | Antlia
NGC 3109Irr IV-V-15,825.000+1944 100 00010h03,1m | -26*09' | Hidra
UGC-A92dIrr3.000+664 200 00004h27,4m | +63*30' | Camelopardalis
UKS 2323-326dIrr-13,13.000+744 300 00023h26,5m | -32*23' | Sculptor
Sextans BdIrr-14,48.000+1684 400 00010h00,0m | +05*20' |Sextans
Sextans AdIrr-14,310.000+1644 700 00010h11,1m | -04*43' | Sextans
IC 5152dIrr8.000+805 200 00022h06,1m | -51*17' | Indus
GR 8dIrr-12,52.000+1835 200 00012h58,7m | +14*13' | Virgo

Outros obxectos notables

  • Nube de Smith - Nube de Alta Velocidade, entre 32.000 e 49.000 anos luz de distancia da Terra,[1] e 8000 anos luz por riba do disco da Vía Láctea.[2]
  • HVC 127-41-330 - Nube de Alta Velocidade, a 2,3 millóns de anos luz da Terra.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas