Grexit

O acrónimo grexit[1] é un neoloxismo empregado para se referir á potencial e futura saída de Grecia da zona Euro, o que implicaría o abandono do euro no país helénico e a volta ao dracma.

Representación gráfica do efecto dominó que suporía o abandono do euro en Grecia con respecto aos demais estados da Zona Euro.

Orixe

O termo grexit provén da fusión das palabras inglesas Greece (Grecia) e exit (saída). O neoloxismo é similar a outros empregados en economía e xeopolítica, coma spexit, que se refere á hipotética saída de España da Zona Euro,[2] ou brexit para unha hipotética saída do Reino Unido da UE.[3]

O termo grexit foi empregado por vez primeira o 6 de febreiro de 2012 por Willem Buiter[4] e H. Rahbari Ebrahim,[5][6] analistas do Citigroup, facendo referencia a un grupo de traballo creado por países da zona euro que se preparaba para facer fronte á posíbel saída de Grecia, tentando tomar medidas preventivas e preparar á zona euro.[5][7]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos



 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.