Greg Stiemsma

baloncestista estadounidense

Gregory Stiemsma, nado o 26 de setembro de 1985 en Randolph, Wisconsin, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Greg Stiemsma
PosiciónPivote
Información persoal
Nacemento26 de setembro de 1985 (38 anos)
California Randolph, Wisconsin
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial118 kg (260 lb)
Información da carreira
InstitutoRandolph (Randolph, Wisconsin)
UniversidadeWisconsin (2004–2008)
Carreira2008–2015
Historial de equipos
Oyak Renault (2008–2009)
Seoul SK Knights (2009)
Sioux Falls Skyforce (2009–2010)
Türk Telekom (2010–2011)
Sioux Falls Skyforce (2011)
Boston Celtics (2011–2012)
Minnesota Timberwolves (2012–2013)
New Orleans Pelicans (2013–2014)
Toronto Raptors (2014–2015)

Traxectoria

Instituto

Stiemsma naceu e creceu en Randolph, Wisconsin. Liderou ao seu equipo do instituto, os Randolph Rockets, a tres títulos consecutivos da División 4, que daquela era a liga máis inferior de Wisconsin.[1]

Universidade

Stiemsma xogou para a Universidade de Wisconsin-Madison cos Badgers. Coma sophomore, a Stiemsma se lle diagnosticou unha depresión tras non poder ser academicamente elixible para continuar xogando ao baloncesto debido ás súas malas notas.[2]

Profesional

Stiemsma foise a xogar a Turquía, co Oyak Renault.[3] Tras deixar Turquía, asinou un contrato para xogar en Corea do Sur.[4]

O 13 de abril de 2010, tras xogar unha tempada nos Sioux Falls Skyforce da NBA Development League, Stiemsma asinou un contrato cos Minnesota Timberwolves da NBA.[5] Porén, o 10 de setembro foi despedido sen xogar ningún partido.

En outubro de 2010, asinou un contrato de dous anos co Türk Telekom B.K. en Turquía.[6]

Tras xogar de novo nos Skyforce da NBA D-League,[7] o 9 de decembro de 2011 asinou cos Boston Celtics.[8] Fixo o seu debut na NBA o 28 de decembro de 2011 contra os New Orleans Hornets, xogando 20 minutos, e acadando 2 puntos, 6 tapóns e 4 rebotes. Os seus 6 tapóns foron o récord dun xogador dos Celtics no seu debut.[9]

O 21 de xullo de 2012, Stiemsma asinou un acordo cos Minnesota Timberwolves. Os Celtics tiñan a opción de igualar a oferta, pero o 23 de xullo decidiron non facelo. Así, Stiemsma uniuse oficialmente ós Timberwolves o 2 de agosto de 2012.[10] Foi cortado polos Timberwolves o 7 de xullo de 2013.[11]

O 10 de xullo de 2013, fichou polos New Orleans Pelicans.[12] O 14 de xullo de 2014, foi cortado polos Pelicans.[13]

O 4 de setembro de 2014, Stiemsma asinou cos Toronto Raptors.[14]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas