Gran Premio de Suráfrica de 1985

O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1985, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 19 de outubro de 1985. Foi a décimo quinta rolda da tempada de Fórmula Un de 1985. Foi o 31º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo sétimo que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Disputouse sobre 75 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 309 quilómetros.

Unión Sudafricana Gran Premio de Suráfrica de 1985
Detalles da carreira
Carreira 15 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985.
Trazado do circuíto de Kyalami
Trazado do circuíto de Kyalami
Data19 de outubro 1985
Nome oficialSouth African Grand Prix
LocalizaciónCircuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, Suráfrica
PercorridoPercorrido permanente de carreira
4´104 km
Distancia75 voltas, 308´8 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Nigel MansellWilliams-Honda
Tempo1:02.366
Volta rápida
PilotoFinlandia Keke RosbergWilliams-Honda
Tempo1:08.149 na volta 74
Podio
Primeiro Nigel MansellWilliams-Honda
SegundoFinlandia Keke RosbergWilliams-Honda
TerceiroFrancia Alain ProstMcLaren-TAG

Boicot

A carreira estivo marcada porque algúns equipos intentaron boicotear o evento debido ao apartheid, a segregación de negros negros e brancos, e foi a última carreira de Fórmula Un en Suráfrica ata que terminou o apartheid en 1992. A carreira foi gañada por Nigel Mansell nun Williams, quen tamén logrou a pole position.

O evento foi boicoteado por varios equipos de Fórmula Un, a saber Ligier e Renault debido as crecentes presións internacionais contra tolerar o sistema de apartheid do país. Os equipos franceses Ligier e Renault estaban ombreiro con ombreiro co boicot do goberno francés ás sancións a Suráfrica,[1] aparentemente fixerono baixo presión.[2] A maior parte dos pilotos de Fórmula Un, incluíndo a Alain Prost, Niki Lauda e Nigel Mansell estaban persoalmente moi en contra das carreiras en Suráfrica, pero os pilotos sabían que foran contratados para pilotar en todos os Grandes Premios, e que tiñan que competir en Kyalami.[3]

Algúns gobernos trataron de obrigar aos seus pilotos a non participar na carreira. As sancións do Brasil a Suráfrica case impediron a participación de Nelson Piquet e Ayrton Senna na carreira.[4]

Finlandia e Suecia tiveron reservas similares con respecto ao finés Keke Rosberg e o sueco Stefan Johansson.[4] A Federación Nacional do Automóbil de Suecia anunciou que Johansson non podía competir en Suráfrica antes do evento,[4] pero disputou a carreira.

Ayrton Senna cambiou de opinión sobre o seu boicot persoal á carreira, dicindo que participaría na carreira se o seu equipo Lotus participaba.[5] O equipo participou e el tamén, retirándose fóra dos puntos.

Este foi o final do Gran Premio de Suráfrica ata que terminou o apartheid, co presidente da FIA Jean-Marie Balestre anunciando días despois da carreira que o gran premio non regresaría ao país debido ao apartheid.

O Gran Premio de Suráfrica só volvería en 1992, despois de que terminara o apartheid, nunha nova configuración do circuíto de Kyalami. Nigel Mansell, pilotando un Williams - Renault V10, tamén gañou a carreira cando regresou o Gran Premio ao calendario en 1992.[6]

Clasificación

Cualificación

Pole position went to Nigel Mansell, averaging 236´898 km/h.

PosPilotoConstrutorQ1Q2diferenza
15 Nigel MansellWilliams-Honda1:03.1881:02.366
27 Nelson PiquetBrabham-BMW1:03.8441:02.490+0.124
36 Keke RosbergWilliams-Honda1:03.0731:02.504+0.138
412 Ayrton SennaLotus-Renault1:04.5171:02.825+0.459
58 Marc SurerBrabham-BMW1:05.4111:04.088+1.722
611 Elio de AngelisLotus-Renault1:04.6111:04.129+1.763
719 Teo FabiToleman-Hart1:06.0831:04.215+1.849
81 Niki LaudaMcLaren-TAG1:05.3571:04.283+1.917
92 Alain ProstMcLaren-TAG1:05.7571:04.376+2.010
1018 Thierry BoutsenArrows-BMW1:05.0791:04.518+2.152
1117 Gerhard BergerArrows-BMW1:06.5461:04.780+2.414
1222 Riccardo PatreseAlfa Romeo1:06.3861:04.948+2.582
1320 Piercarlo GhinzaniToleman-Hart1:07.8001:05.114+2.748
1423 Eddie CheeverAlfa Romeo1:07.1591:05.260+2.894
1527 Michele AlboretoFerrari1:05.2681:05.757+2.902
1628 Stefan JohanssonFerrari1:05.4061:05.388+3.022
173 Martin BrundleTyrrell-Renault1:06.7091:05.649+3.283
184 Philippe StreiffTyrrell-Renault1:07.9351:06.205+3.839
1929 Pierluigi MartiniMinardi-Motori Moderni1:10.0251:08.658+6.292
2024 Huub RothengatterOsella-Alfa Romeo1:09.9041:09.873+7.507
NTS33 Alan JonesLola-Hart1:07.1441:05.731+3.365

Carreira

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
15 Nigel MansellWilliams-Honda751:28:22.86619
26 Keke RosbergWilliams-Honda75+ 7.57236
32 Alain ProstMcLaren-TAG74+ 1 volta94
428 Stefan JohanssonFerrari74+ 1 volta163
517 Gerhard BergerArrows-BMW74+ 1 volta112
618 Thierry BoutsenArrows-BMW74+ 1 volta101
73 Martin BrundleTyrrell-Renault73+ 2 voltas17
Ret11 Elio de AngelisLotus-Renault52Motor6
Ret29 Pierluigi MartiniMinardi-Motori Moderni45Radiador20
Ret1 Niki LaudaMcLaren-TAG37Turbo8
Ret4 Philippe StreiffTyrrell-Renault16Accidente19
Ret12 Ayrton SennaLotus-Renault8Motor4
Ret27 Michele AlboretoFerrari8Turbo15
Ret7 Nelson PiquetBrabham-BMW6Motor2
Ret20 Piercarlo GhinzaniToleman-Hart4Motor13
Ret19 Teo FabiToleman-Hart3Motor7
Ret8 Marc SurerBrabham-BMW3Motor5
Ret24 Huub RothengatterOsella-Alfa Romeo1Eléctrico21
Ret22 Riccardo PatreseAlfa Romeo0Colisión12
Ret23 Eddie CheeverAlfa Romeo0Colisión14
NTS33 Alan JonesLola-HartIndisposto18

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 McLaren-TAG90
2 Ferrari80
3 Lotus-Renault71
4 Williams-Honda62
5 Brabham-BMW26
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

  • Esta foi a última carreira dun Gran Premio de Fórmula Un que tivo lugar nun día que non fora domingo (a carreira disputouse o sábado).
  • Primeiros puntos para Gerhard Berger (Berger terminou sexto no Gran Premio de Italia de 1984, pero non puido puntuar porque pilotaba o segundo coche do equipo ATS Team, que só inscribira un coche no campionato).
  • Última carreira de F1 que tivo lugar no circuíto orixinal de 4´104 quilómetros de Kyalami, e o último Gran Premio de Suráfrica ata 1992.
  • Philippe Streiff pilotou un Tyrrell en Kyalami substituíndo a Ivan Capelli. O equipo Ligier de Streiff boicoteara a carreira, pero o equipo 'prestoulle' o Tyrrell para o Gran Premio. Streiff ficharía por Tyrrell para 1986 e 1987.
  • Ambos pilotos de Alfa Romeo quedaron fora en Crowthorne (a primeira curva) na primeira volta xusto despois de que na saída o Toleman de Piercarlo Ghinzani quedara entre ambos Alfas e logo de tocar a Riccardo Patrese no lado dereito saíse despedido contra Eddie Cheever no lado esquerdo de Ghinzani. O comportamento de Ghinzani na pista resultou ser un problema para os demais pilotos, o motor do seu Toleman Hart explotou espectacularmente e deixou un regueiro de aceite na trazada de algunhas curvas, sobre todo en Crowthorne, o piloto de Williams Keke Rosberg derrapou sobre o aceite deixado por Ghinzani e trompeou alí, o que deu ao seu compañeiro de equipo Nigel Mansell o liderado, aínda que Rosberg foi capaz de continuar e lograr finalmente o segundo posto.
  • Alan Jones cualificara o seu Lola no posto 18º, pero non puido tomar a saída logo de enfermar de gripe. Malia que Jones xa mostrara síntomas de malestar durante a cualificación, non impediu que os rumores de que o equipo Lola Haas sacarao da carreira como parte do boicot político. Os rumores foron negados tanto polo equipo como por Jones.
  • Carlos Reutemann pilotou o coche de apoio médico durante esta carreira. Sid Watkins afirma na súa autobiografía que o coche usado foi collido "prestado" dun aparcadoiro público xunto ao paddock xa que Reutemann rompera os dous coches destinados a esta tarefa polos organizadores da carreira. Os clips do vídeo do inicio da carreira mostran a pouca potencia que tiña a berlina prestada.

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-17. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Carreira anterior:
Gran Premio de Europa de 1985
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1985
Carreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 1985
Carreira anterior:
Gran Premio de Suráfrica de 1984
Gran Premio de SuráfricaCarreira seguinte:
Gran Premio de Suráfrica de 1992