Gran Premio de Portugal

O Gran Premio de Portugal (Grande Premio de Portugal) foi unha carreira automovilistica que se celebraba fai varios anos, sobre todo na década de 1950 e logo na década de 1980 e 90. Foi unha carreira de Fórmula Un entre 1958 e 1960 e entre 1984 e 1996. Volveu en 2020 como consecuencia da modificación do calendario a causa da Pandemia por coronavirus de 2019-2020. Mudando a súa localización de Lisboa ao Algarve.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Portugal
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor em Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo do Estoril (Cascais e Estoril (pt) Traducir) 38°45′03″N 9°23′39″O / 38.750833333333, -9.39416666666679°23′39″O / 38.750833333333, -9.3941666666667 Editar o valor em Wikidata
Lonxitude4,36 km Editar o valor em Wikidata
PaísPortugal Editar o valor em Wikidata
Vixencia1958 – Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoLewis Hamilton Editar o valor em Wikidata

Historia

A primeira carreira levouse a cabo no circuíto urbano de Boavista de Porto o 17 de xuño de 1951, como unha carreira de prototipos. O Gran Premio foi trasladado a Monsanto Park, en Lisboa, en 1954, como un feito illado. A primeira carreira de Fórmula Un levouse a cabo o 14 de agosto de 1958 en Boavista, seguida en 1959 polo Gran Premio de Monsanto. Volveu a Boavista en 1960, logo do cal se terminou.

O nome resucitouse para unha carreira de coches deportivos de velocidade no circuíto urbano de Cascais en 1964. Os dous anos seguintes, foi unha carreira de Fórmula Tres.

As bases para o regreso do Gran Premio de Portugal plantáronse coa inauguración do Autódromo do Estoril en 1972. O Gran Premio de Estoril levouse a cabo como unha carreira do Campionato de Europa de Fórmula Dúas durante a década de 1970. O 21 de outubro de 1984 regresou a Portugal o calendario de F1, onde Alain Prost gañou a carreira pero non puido gañar o campionato por medio punto. En 1985, o Gran Premio trasladouse ao 21 de abril e dispútase baixo unha intensa choiva, as condicións ideais para que Ayrton Senna gañase a súa primeira carreira. Desde 1986, a carreira levouse a cabo no que se convertería na súa data tradicional, na penúltima semana de setembro.

Logo da morte de Senna e Roland Ratzenberger en Imola en 1994, a pista de Estoril cambiouse, cunha nova chicane construída no lugar da curva "tanque", pasándose a chamar "chicane Gancho", como medida de seguridade. Estoril considerábase unha pista insegura e obsoleta, e o último Gran Premio de Portugal foi en Estoril o 22 de setembro de 1996, con Jacques Villeneuve como o gañador. Estoril foi planeado para ser a carreira final da tempada de 1997, pero as melloras no circuíto non se terminaron a tempo, polo que foi substituído polo Gran Premio de Europa, que se celebrou en Xerez, España.

O 4 de abril de 2009 Max Mosley declarou que en base á calidade do circuíto do Autódromo Internacional do Algarve, o Gran Premio de Portugal podería ser integrado no campionato de Fórmula Un, a condición de lograr un acordo comercial coa Formula One Management.

A carreira volveu en 2020 como consecuencia da modificación do calendario a causa da Pandemia por coronavirus de 2019-2020. Mudando a súa localización de Lisboa ao Algarve.

Nome oficial

Os gañadores do Gran Premio de Portugal

Gañadores múltiples (pilotos)

Nº de vitoriasPilotoTempada
3 Alain Prost1984, 1987, 1988
Nigel Mansell1986, 1990, 1992
2 Stirling Moss1958, 1959
Lewis Hamilton2020, 2021

Gañadores múltiples (construtores)

Os equipos en negra están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Nº de vitoriasConstrutorTempada
7 Ferrari1951, 1952, 1953, 1954, 1964, 1989, 1990
6 Williams1986, 1991, 1992, 1994, 1995, 1996
3 Cooper1959, 1960, 1965
McLaren1984, 1987, 1988
2 Maserati1955, 1957
Mercedes2020, 2021

Por tempada

O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

AnoPilotoConstrutorCircuítoResultados
2021 Lewis HamiltonMercedesAlgarveResultados
2020 Lewis HamiltonMercedesAlgarveResultados
2019
-
1997
Non celebrado
1996 Jacques VilleneuveWilliams-RenaultEstorilResultados
1995 David CoulthardWilliams-RenaultEstorilResultados
1994 Damon HillWilliams-RenaultEstorilResultados
1993 Michael SchumacherBenetton-FordEstorilResultados
1992 Nigel MansellWilliams-RenaultEstorilResultados
1991 Riccardo PatreseWilliams-RenaultEstorilResultados
1990 Nigel MansellFerrariEstorilResultados
1989 Gerhard BergerFerrariEstorilResultados
1988 Alain ProstMcLaren-HondaEstorilResultados
1987 Alain ProstMcLaren-TAGEstorilResultados
1986 Nigel MansellWilliams-HondaEstorilResultados
1985 Ayrton SennaLotus-RenaultEstorilResultados
1984 Alain ProstMcLaren-TAGEstorilResultados
1983
-
1967
Non celebrado
1966 Jürg DublerBrabham-FordCascaisResultados
1965 Rodney BantingCooper-FordCascaisResultados
1964 Chris KerrisonFerrari 250 GTOCascaisResultados
1963
-
1961
Non celebrado
1960 Jack BrabhamCooper-ClimaxBoavistaResultados
1959 Stirling MossCooper-ClimaxMonsantoResultados
1958 Stirling MossVanwallBoavistaResultados
1957 Juan Manuel FangioMaserati 300SMonsantoResultados
1956Non celebrado
1955 Jean BehraMaserati 300SBoavistaResultados
1954 José Froilán GonzálezFerrari 250 MM BerlinettaMonsantoResultados
1953 Mané Nogueira PintoFerrari 250 MM SpyderBoavistaResultados
1952 Eugenio CastellottiFerrari 225SBoavistaResultados
1951 Casimiro de OliveiraFerrari 340BoavistaResultados

Notas