Gran Premio de Miami de 2024

O Gran Premio de Miami 2024 (coñecido oficialmente como Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2024) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 que se celebrou o 5 de maio de 2024 no Autódromo Internacional de Miami en Miami Gardens, Florida, Estados Unidos. Foi a terceira edición do Gran Premio de Miami e a sexta proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 e o segundo fin de semana de Gran Premio da tempada en utilizar o formato de carreiras de sprint.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Miami de 2024
Tipocarreira automobilística Editar o valor em Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo Internacional de Miami 25°57′29″N 80°14′20″O / 25.9581, -80.238980°14′20″O / 25.9581, -80.2389 Editar o valor em Wikidata
Lonxitude5,412 km Editar o valor em Wikidata
PaísEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo3 de maio de 2024 – 5 de maio de 2024 Editar o valor em Wikidata

Antecedentes

O evento celebrouse durante a fin de semana do 3 ao 5 de maio no Autódromo Internacional de Miami en Miami Gardens por terceira vez na historia do circuíto. O Gran Premio foi a sexta proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024, a terceira carreira do Gran Premio de Miami, e a primeira vez que conta co formato sprint.[1][2]

Clasificación do campionato antes da carreira

De cara á fin de semana, Max Verstappen lideraba o Campionato do Mundo de Pilotos con 110 puntos, 25 puntos por diante do seu compañeiro de equipo Sergio Pérez Mendoza en segundo lugar e 34 por diante de Charles Leclerc en terceiro lugar. Red Bull Racing, con 195 puntos, lideraba o Campionato de Construtores por diante de Ferrari e McLaren, que eran segundo e terceiro con 151 e 96 puntos, respectivamente.[3].

Pneus dispoñibles

Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.

O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C2, C3 e C4 (designados como duro, medio e brando, respectivamente) para que os equipos os usaran no evento.[4]

Pneus dispoñibles para Miami.
Pneus para pista secaPneus para chuvia
Duros (Tipo C2)
sans_cadre
Medios (Tipo C3)
Brandos (Tipo C4)
    
Intermedios
   
      Chuvia

Sancións

Daniel Ricciardo do RB ten unha penalización de tres postos na grella para a carreira principal por adiantar a Nico Hülkenberg do Haas en condicións de coche de seguridade no anterior Gran Premio da China.[5]

Práctica

A única sesión de adestramentos libres celebrouse o 3 de maio de 2024, ás 12:30 hora local (UTC–4), e encabezaouna Max Verstappen de Red Bull Racing por diante de Oscar Piastri de McLaren e Carlos Sainz de Ferrari.[6] Pronto apareceu unha bandeira vermella na sesión cando o Ferrari de Charles Leclerc saíu na curva 16 e non puido moverse.[7][8]

Cualificación de sprint

A cualificación de sprint celebrouse o 3 de maio de 2024 ás 16:30 hora local (UTC–4) e determinou a orde da grella de saída para o sprint.[6]

Informe de cualificación de Sprint

Durante a primeira quenda, o Sauber de Valtteri Bottas case chocou con Oscar Piastri de McLaren cando comezaba a súa volta rápida.[9] O incidente ía ser investigado polos comisarios tras a sesión de cualificación de sprint.[10] Alexander Albon de Williams fixo un tempo en pista, que o colocou no posto 16º, pero como superou os límites da pista, eliminouse, e cualificou 20º. Na segunda quenda, o Mercedes estaba sendo investigado por infracción da pista de boxes despois de que persoal do equipo fose visto sen equipo de protección cando Lewis Hamilton entraba no carril de boxes.[9] Os comisarios non tomaron máis medidas.[11] Na terceira quenda, os pilotos comezaron a usar pneumáticos brandos co Haas de Nico Hülkenberg facendo a súa primeira volta nos catro minutos restantes da quenda.[9]

Nas SQ1 e SQ2, Lando Norris de McLaren, cuxo coche recibiu melloras, marcou a volta rápida nas dúas sesións.[9] Con todo, Max Verstappen de Red Bull Racing, que atopou dificultades nos seus pneumáticos, logrou a pole position e xuntouse con Charles Leclerc da Ferrari na primeira fila da grella.[9] O compañeiro de equipo de Verstappen Sergio Pérez clasificouse en terceiro lugar con Daniel Ricciardo do RB uníndose a el en cuarto. O mencionado Norris comezaría a carreira no noveno lugar.[9] Bottas recibiu unha penalización de tres postos na grella por obstaculizar a Piastri, baixando ao posto 20º dende o 18º na grella de saída.[12]

Clasificación de cualificación de sprint

Pos.PilotoConstrutorTempos de cualificaciónSprint
grella
SQ1SQ2SQ3
11 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT1:28.1941:28.0011:27.6411
216 Charles LeclercFerrari1:28.5371:27.9771:27.7492
311 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT1:28.6811:27.8651:27.8763
43 Daniel RicciardoRB-Honda RBPT1:28.7001:28.1221:28.0444
555 Carlos SainzFerrari1:28.4351:28.2621:28.1035
681 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes1:28.0561:28.1631:28.1616
718 Lance StrollAston Martin Aramco-Mercedes1:28.8071:28.3231:28.3757
814 Fernando AlonsoAston Martin Aramco-Mercedes1:28.1921:28.1891:28.4198
94 Lando NorrisMcLaren-Mercedes1:27.9391:27.5971:28.4729
1027 Nico HülkenbergHaas-Ferrari1:29.0401:28.3301:28.47610
1163 George RussellMercedes1:28.3871:28.34311
1244 Lewis HamiltonMercedes1:28.7361:28.37112
1331 Esteban OconAlpine-Renault1:28.8731:28.37913
1420 Kevin MagnussenHaas-Ferrari1:28.3771:28.61414
1522 Yuki TsunodaRB-Honda RBPT1:28.687Sen tempo15
1610 Pierre GaslyAlpine-Renault1:29.18516
1724 Guanyu ZhouKick Sauber-Ferrari1:29.26717
1877 Valtteri BottasKick Sauber-Ferrari1:29.36020[13]
192 Logan SargeantWilliams-Mercedes1:29.55118
2023 Alexander AlbonWilliams-Mercedes1:29.85819
107% tempo: 1:34.094
Fonte:[14][15]

Sprint

O sprint celebrouse o 4 de maio de 2024, ás 12:00 hora local (UTC–4), e disputouse sobre 19 volras.[6]

Clasificación do Sprint

Pos.PilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
11 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT1931:31.38318
216 Charles LeclercFerrari19+3.37127
311 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT19+5.09536
43 Daniel RicciardoRB-Honda RBPT19+14.97145
555 Carlos SainzFerrari19+15.22254
681 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes19+15.75063
727 Nico HülkenbergHaas-Ferrari19+22.054102
822 Yuki TsunodaRB-Honda RBPT19+29.816151
910 Pierre GaslyAlpine-Renault19+31.88016
102 Logan SargeantWilliams-Mercedes19+34.35518
1124 Guanyu ZhouKick Sauber-Ferrari19+35.07817
1263 George RussellMercedes19+35.75511
1323 Alexander AlbonWilliams-Mercedes19+36.086PL
1477 Valtteri BottasKick Sauber-Ferrari19+36.89219
1531 Esteban OconAlpine-Renault19+37.74013
1644 Lewis HamiltonMercedes19+49.347[16]12
1714 Fernando AlonsoAston Martin Aramco-Mercedes19+59.4098
1820 Kevin MagnussenHaas-Ferrari19+1:06.303[17]14
Ret18 Lance StrollAston Martin Aramco-Mercedes1Danos por colisión7
Ret4 Lando NorrisMcLaren-Mercedes0Colisión9
Volta rápida: Max Verstappen (Red Bull Racing-Honda RBPT) – 1:30.415 (volta 4)
Fonte:[15][18]

Cualificación

A culificación celebrouse o 4de maio de 2024, ás 16:00 hora local (UTC–4), e determinou a orde de saída da carreira principal.[6]

Clasificación da cualificación

Pos.PilotoConstrutorTempos cualificaciónGrella
Q1Q2Q3
11 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT1:27.6891:27.5661:27.2411
216 Charles LeclercFerrari1:28.0811:27.5331:27.3822
355 Carlos SainzFerrari1:27.9371:27.9411:27.4553
411 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT1:27.7721:27.8391:27.4604
54 Lando NorrisMcLaren-Mercedes1:27.9131:27.8711:27.5945
681 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes1:28.0321:27.7211:27.6756
763 George RussellMercedes1:28.1591:28.0951:28.0677
844 Lewis HamiltonMercedes1:28.1671:27.6971:28.1078
927 Nico HülkenbergHaas-Ferrari1:28.3831:28.2001:28.1469
1022 Yuki TsunodaRB-Honda RBPT1:28.3241:28.1671:28.19210
1118 Lance StrollAston Martin Aramco-Mercedes1:28.1771:28.22211
1210 Pierre GaslyAlpine-Renault1:27.9761:28.32412
1331 Esteban OconAlpine-Renault1:28.2091:28.37113
1423 Alexander AlbonWilliams-Mercedes1:28.3431:28.41314
1514 Fernando AlonsoAston Martin Aramco-Mercedes1:28.4531:28.42715
1677 Valtteri BottasKick Sauber-Ferrari1:28.46316
172 Logan SargeantWilliams-Mercedes1:28.48717
183 Daniel RicciardoRB-Honda RBPT1:28.61720[19]
1920 Kevin MagnussenHaas-Ferrari1:28.61918
2024 Guanyu ZhouKick Sauber-Ferrari1:28.82419
107% tempo: 1:33.827
Fonte:[20][21]

Carreira

A carreira celebrouse o 5 de maio de 2024 ás 16:00 hora local (UTC–4) durante 57 voltas.[6]

Informe da carreira

Daniel Ricciardo, que se clasificou décimo oitavo, cumpriu a súa penalización de tres postos na grella do Gran Premio da China de 2024. Cando comezaba a carreira, o polesitter de Red Bull Racing Max Verstappen mantivo o liderado na primeira curva xa que o seu compañeiro de equipo Sergio Pérez, que potencialmente saltara a saída, tivo un bloqueo importante e tivo un momento próximo a perder non só con Verstappen, senón cos pilotos de Ferrari Charles Leclerc e Carlos Sainz. Mentres isto sucedía, Oscar Piastri de McLaren viu a oportunidade de pasar do sexto posto ao terceiro. Verstappen creou unha gran brecha con Leclerc unha vez máis, mentres os pilotos do Alpine Esteban Ocon e Pierre Gasly enfrontábanse nunha batalla roda a roda da que Gasly saíu vitorioso, mentres Nico Hülkenberg levou ao seu Haas por diante do Mercedes de Lewis Hamilton para ocupar o sétimo lugar. Piastri pronto superou a Leclerc co DRS, e Hamilton superou brevemente a Hülkenberg antes de bloquear. Hamilton superou de novo a Hülkenberg pouco despois, e este último perdeu pronto a posición ante George Russell.[22]

Pronto, os pilotos de Williams e Sauber fixeron as súas paradas en boxes. Hülkenberg uniuse a eles nos boxes. Pouco despois entraron no pit lane máis pilotos, sendo Pérez o primeiro en parar. A el uniuse Leclerc. Nese momento, Verstappen creara unha gran brecha, pero cometeu un erro na chicana da curva catorce e quince e golpeou un bolardo. O bolardo enganchouse no seu alerón dianteiro ata que soltouse na curva dezaseis, forzando un breve período de coche de seguridade virtual. Pasar por riba dos bordos provocou danos no chan de Verstappen.[23] Foi durante este tempo cando Ocon, Fernando Alonso e Kevin Magnussen fixeron as súas paradas en boxes, e Verstappen fixo a súa inmediatamente despois de que rematara o período do coche de seguridade virtual. Despois diso, Hamilton montou os medios e Russell os duros. Piastri asumiu o liderado da carreira con Sainz e Lando Norris detrás del. Pouco despois, Piastri e Sainz entraron en boxes, o que deu o liderado efectivo da carreira a Norris.[22]

Logo, un incidente con Magnussen Logan Sargeant golpeou o muro e retirouse con danos graves. Magnussen, que recibiu un penalización, tivo que entrar en boxes para reparalos. Este incidente levou a un período completo de coche de seguridade, que beneficiou a Norris ao cambiar os pneumáticos, dándolle unha vantaxe para o reinicio. Yuki Tsunoda, Guanyu Zhou e Ricciardo tamén cambiaron os seus pneumáticos durante este período. Ocon quedou décimo, e finalmente logrou o primeiro punto da tempada para Alpine.[22]

O coche de seguridade volveu ao pit lane na volta 32. Durante o reinicio, Norris sufriu a presión de Verstappen e adoptou unha postura defensiva. Verstappen perdeu tempo ante Norris, que abriu un oco. Mentres tanto, Sainz atacou a Piastri, causándolle danos na parte dianteira que deixaron fóra dos puntos ao australiano. Non obstante, Sainz recibiu unha penalización de cinco segundos despois da carreira.[24] Despois de substituir o alerón dianteiro, Piastri intentou recuperar os puntos, pero sufriu bloqueos. O seu enxeñeiro de carreiras díxolle que atenuase a súa agresividade, xa que outro coche de seguridade poría en perigo o liderado de Norris. Piastri marcaría a volta rápida da carreira. Non houbo outros incidentes importantes durante as voltas finais da carreira, agás de que Lance Stroll saíuse da pista para tentar adiantar a Alexander Albon, Stroll recibiu unha penalización de dez segundos.[22]

Norris completou as últimas voltas sen incidentes para acadar a súa primeira vitoria na Fórmula 1 por diante de Verstappen e Leclerc. A súa vitoria, que tamén foi a primeira da súa carreira despois de 110 carreiras, foi a primeira de McLaren desde o Gran Premio de Italia de 2021, que gañou Ricciardo. Casualmente, a vitoria de Ricciardo tamén contou con Norris no podio en segundo lugar. Esta foi a primeira vitoria dun piloto británico, e a primeira dun equipo motor Mercedes desde o Gran São Paulo de 2022, que gañou Russell para Mercedes.[22] Tras acadar 15 podios antes de alcanzar o chanzo máis alto do podio, a vitoria tamén significou que Norris empatase o récord que mantiveron conxuntamente Patrick Depailler, Mika Häkkinen, Eddie Irvine e Jean Alesi para o maior número de podios anotados antes de facerse coa primeira vitoria nun Gran Premio.[25]

Clasificación da carreira

Pos.PilotoConstrutorVoltasTempo/retiradaGrellaPuntos
14 Lando NorrisMcLaren-Mercedes571:30:49.876525
21 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT57+7.612118
316 Charles LeclercFerrari57+9.920215
411 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT57+14.650412
555 Carlos SainzFerrari57+16.407[26]310
644 Lewis HamiltonMercedes57+16.58588
722 Yuki TsunodaRB-Honda RBPT57+26.185106
863 George RussellMercedes57+34.78974
914 Fernando AlonsoAston Martin Aramco-Mercedes57+37.107152
1031 Esteban OconAlpine-Renault57+39.746131
1127 Nico HülkenbergHaas-Ferrari57+40.7899
1210 Pierre GaslyAlpine-Renault57+44.95812
1381 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes57+49.7566
1424 Guanyu ZhouKick Sauber-Ferrari57+49.97919
153 Daniel RicciardoRB-Honda RBPT57+50.95620
1677 Valtteri BottasKick Sauber-Ferrari57+52.35616
1718 Lance StrollAston Martin Aramco-Mercedes57+55.173[27]11
1823 Alexander AlbonWilliams-Mercedes57+1:16.09114
1920 Kevin MagnussenHaas-Ferrari57+1:24.683[28]18
Ret2 Logan SargeantWilliams-Mercedes27Colisión17
Volta rápida: Oscar Piastri (McLaren-Mercedes) – 1:30.643 (volta 43)
Fonte:[21][29][30]

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
Pos.ConstrutorPuntos
1 Red Bull Racing-Honda RBPT239
2 Ferrari187
3 McLaren-Mercedes124
4 Mercedes64
5 Aston Martin Aramco-Mercedes42
Fonte:[31]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio da China de 2024
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2024
Carreira seguinte:
Gran Premio da Emilia-Romaña de 2024
Carreira anterior:
Gran Premio de Miami de 2023
Gran Premio de MiamiCarreira seguinte:
Gran Premio de Miami de 2025

Notas

Referencias

Véxase tamén