Gran Premio de Italia de 1999

O Gran Premio de Italia de 1999 (oficicialmente o LXX Gran Premio Campari d'Italia[2]) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 12 de setembro de 1999 no Autodromo Nazionale Monza, Monza, Italia. Foi a décimo terceira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999. A carreira de 53 voltas gañouna Heinz-Harald Frentzen, pilotandoo un Jordan - Mugen-Honda, logo de que o McLaren de Mika Häkkinen, que buscaba defender o título de Campión de Pilotos, trompeou mentres lideraba comodamente. Ralf Schumacher foi o segundo no Williams - Supertec, con Mika Salo terceiro no Ferrari. O rival de Häkkinen, Eddie Irvine, terminou sexto noutro Ferrari, empatando así aos puntos co finlandés na parte superior do Campionato de Pilotos.

Italia Gran Premio de Italia de 1999
Detalles da carreira
Carreira 13 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999.
Trazado do circuíto de Monza
Trazado do circuíto de Monza
Data12 de setembro 1999
Nome oficialLXX Campari Gran Premio d'Italia
LocalizaciónAutodromo Nazionale Monza, Monza, Italia
PercorridoPercorrido permanente de carreira
5´770 km
Distancia53 voltas, 305´810 km
ClimaSeco, cálido, 30 °C[1]
Pole position
PilotoFinlandia Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes
Tempo1:22.432
Volta rápida
PilotoAlemaña Ralf SchumacherWilliams-Supertec
Tempo1:25.579 na volta 48
Podio
PrimeiroAlemaña Heinz-Harald FrentzenJordan-Mugen-Honda
SegundoAlemaña Ralf SchumacherWilliams-Supertec
TerceiroFinlandia Mika SaloFerrari

Aínda que a vitoria colocou a Frentzen a dez puntos de Häkkinen e Irvine, resultaría ser a súa última vitoria na Fórmula Un, así como a última para os fornecedores do motor Mugen. Foi tamén a única vitoria do equipo Jordan en condicións secas, as demais chegarían baixo a choiva.

Informe

Clasificación

Entrando á carreira, Mika Häkkinen lideraba o Campionato de Pilotos por un só punto sobre o Ferrari de Eddie Irvine, co Jordan de Heinz-Harald Frentzen e o compañeiro de Häkkinen David Coulthard aínda con probabilidades matemáticas. Esperábase que Häkkinen obtivera bos resultados no rápido circuíto de Monza e logrou a pole medio segundo diante de Frentzen. Coulthard foi terceiro, mentres que Alex Zanardi, que tivo un pobre ano con Williams, foi cuarto, xusto por diante do seu compañeiro de equipo Ralf Schumacher. Na terra de Ferrari, Irvine tivo unha mala sesión clasificatoria e só puido lograr o oitavo posto, detrás do seu compañeiro de equipo Mika Salo que cualificou sexto e do Stewart de Rubens Barrichello que asinara con Ferrari para substituír Irvine no 2000 en sétimo lugar. Completando os dez primeiros quedaron Damon Hill no segundo Jordan e Olivier Panis no Prost.

Carreira

No inicio, Häkkinen liderou mentres Zanardi superou a Coulthard e Frentzen para o segundo posto. Frentzen rapidamente pasou a Zanardi, pero Coulthard caeu máis atrás, detrás de Schumacher e Salo. Mentres tanto, na parte de atrás da pista, o Minardi de Marc Gené enganchouse co Arrows de Pedro de la Rosa na chicana Roggia e converteuse no primeiro retirado, mentres que na segunda volta Giancarlo Fisichella de Benetton e Pedro Diniz de Sauber ambos trompearon na chicana Rettifilo.

Na volta 3, Zanardi pasou por encima dun piano e danou a parte inferior do seu coche. Amañouse para manter o terceiro lugar outras 15 voltas, mentres que Häkkinen e Frentzen afastáronse. Barrichello pasou a Coulthard na volta 11 e logo a Salo na volta 19, mentres que Zanardi deixou pasar a Schumacher na volta 18. Na volta 24, había máis drama na parte traseira, Toranosuke Takagi no segundo Arrows intentou superar Luca Badoer no segundo Minardi na Rettifilo, só para quedar detrás de Badoer e retirarse.

Barrichello superou a Zanardi na volta 26, Salo fixo o mesmo no inicio da volta 28. Neste punto, Häkkinen lideraba sobre Frentzen por oito segundos, e Schumacher recuperou dous segundos máis. Pero na volta 30, entrando en Rettifilo, Häkkinen cometeu un erro cambiando de marcha: metendo primeira no canto da segunda[3] e trompeou, nunha repetición virtual do seu erro non forzado en San Marino ao comezo do ano. Nun raro espectáculo de emoción, o finlandés rompeu en bágoas ao carón da pista.

Frentzen herdou o liderado xa que os pilotos de diante empezaron a facer as súas paradas. Cando se completaron, Salo pasara a Barrichello e era terceiro, mentres Coulthard e Irvine superaran a Zanardi e agora estaban quinto e sexto.

Durante as últimas voltas, Frentzen mantivo unha vantaxe cómoda sobre Schumacher, malia que o piloto Williams logrou a volta rápida da carreira na volta 48, mentres Coulthard intentou sen éxito atopar a forma de adiantar a Barrichello, permitindo que Salo alonxárase de ambos. A eventual marxe de vitoria de Frentzen foi de 3´2 segundos, con outros oito segundos sobre Salo e outros seis sobre Barrichello. Coulthard rematou medio segundo por detrás do piloto de Stewart, pero nove por diante de Irvine, que logrou o punto final.

Este punto empatou a Irvine con Häkkinen no Campionato de Pilotos con 60 puntos cada un, mentres que a vitoria puxo a Frentzen a dez puntos do primeiro con 50, e a Coulthard con 48. No Campionato de Construtores, Ferrari recortou a vantaxe de McLaren a seis puntos, 108 a 102.

Clasificación

Cualificación

PosPilotoConstrutorVoltadiferenza
11 Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes1:22.432
28 Heinz-Harald FrentzenJordan-Mugen-Honda1:22.926+0.494
32 David CoulthardMcLaren-Mercedes1:23.177+0.745
45 Alessandro ZanardiWilliams-Supertec1:23.432+1.000
56 Ralf SchumacherWilliams-Supertec1:23.636+1.204
63 Mika SaloFerrari1:23.657+1.225
716 Rubens BarrichelloStewart-Ford1:23.739+1.307
84 Eddie IrvineFerrari1:23.765+1.333
97 Damon HillJordan-Mugen-Honda1:23.979+1.547
1018 Olivier PanisProst-Peugeot1:24.016+1.584
1122 Jacques VilleneuveBAR-Supertec1:24.188+1.756
1219 Jarno TrulliProst-Peugeot1:24.293+1.861
1311 Jean AlesiSauber-Petronas1:24.591+2.159
1410 Alexander WurzBenetton-Playlife1:24.593+2.161
1517 Johnny HerbertStewart-Ford1:24.594+2.162
1612 Pedro DinizSauber-Petronas1:24.596+2.164
179 Giancarlo FisichellaBenetton-Playlife1:24.862+2.430
1823 Ricardo ZontaBAR-Supertec1:25.114+2.682
1920 Luca BadoerMinardi-Ford1:25.348+2.916
2021 Marc GenéMinardi-Ford1:25.695+3.263
2114 Pedro de la RosaArrows1:26.383+3.951
2215 Toranosuke TakagiArrows1:26.509+4.077
fonte:[4]

Carreira

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
18 Heinz-Harald FrentzenJordan-Mugen-Honda531:17:02.923210
26 Ralf SchumacherWilliams-Supertec53+ 3.27256
33 Mika SaloFerrari53+ 11.93264
416 Rubens BarrichelloStewart-Ford53+ 17.63073
52 David CoulthardMcLaren-Mercedes53+ 18.14232
64 Eddie IrvineFerrari53+ 27.40281
75 Alessandro ZanardiWilliams-Supertec53+ 28.0474
822 Jacques VilleneuveBAR-Supertec53+ 41.79711
911 Jean AlesiSauber-Petronas53+ 42.19813
107 Damon HillJordan-Mugen-Honda53+ 56.2599
1118 Olivier PanisProst-Peugeot52Motor10
Ret17 Johnny HerbertStewart-Ford40Embrague15
Ret15 Toranosuke TakagiArrows35Trompo22
Ret14 Pedro de la RosaArrows35Retirada21
Ret1 Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes29Trompo1
Ret19 Jarno TrulliProst-Peugeot29Temperatura12
Ret23 Ricardo ZontaBAR-Supertec25Rodamento da roda18
Ret20 Luca BadoerMinardi-Ford23Colisión19
Ret10 Alexander WurzBenetton-Playlife11Eléctrico14
Ret12 Pedro DinizSauber-Petronas1Trompo16
Ret9 Giancarlo FisichellaBenetton-Playlife1Trompo17
Ret21 Marc GenéMinardi-Ford0Colisión20
Fontes:[5][6]

Líderes por volta

Mika Häkkinen 29 (1–29), Heinz-Harald Frentzen 23 (30–34, 36–53), Mika Salo 1 (35).

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 McLaren-Mercedes108
2 Ferrari102
3 Jordan-Mugen-Honda57
4 Williams-Supertec30
5 Stewart-Ford17
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1999
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1999
Carreira seguinte:
Gran Premio de Europa de 1999
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1998
Gran Premio de ItaliaCarreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 2000

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas