Gran Premio de Francia de 1975

O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1975 celebrouse no Circuíto Paul Ricard de Le Castellet o 6 de xullo de 1975. Foi a novena proba da tempada de Fórmula Un de 1975, o 53º Gran Premio de Francia e a terceira vez que a carreira celebrouse no circuíto de Paul Ricard. A carreira levouse a cabo sobre 54 voltas ao circuíto de cinco quilómetros para cubrir unha distancia de 313 quilómetros.

Francia Gran Premio de Francia de 1975
Detalles da carreira
Carreira 9 de 14 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975.
Trazado do Circuíto de Paul Ricard.
Trazado do Circuíto de Paul Ricard.
Data6 de xullo de 1975
Nome oficialGrand Prix de l'A.C.F.
LocalizaciónCircuíto Paul Ricard, Le Castellet, Francia
PercorridoCircuíto permanente
5´809 km. km
Distancia54 voltas, 313´686 km
ClimaSeco, asollado
Pole position
PilotoAustria Niki LaudaFerrari
Tempo1:47.82[1]
Volta rápida
PilotoAlemaña Jochen MassMcLaren-Ford
Tempo1:50.60[2] na volta 38
Podio
PrimeiroAustria Niki LaudaFerrari
Segundo James HuntHesketh-Ford
TerceiroAlemaña Jochen MassMcLaren-Ford

A carreira foi gañada polo líder en puntos do campionato do mundo, o piloto austríaco Niki Lauda pilotando un Ferrari 312T. Lauda gañou a carreira de xeito dramático nunha dura pelexa co piloto británico James Hunt no seu Hesketh 308 mentres que o piloto de Alemaña Occidental Jochen Mass completaba o podio no seu McLaren M23. Foi a cuarta vitoria de Lauda na tempada, dándolle unha vantaxe de 22 puntos sobre o Brabham de Carlos Reutemann.

Resumo da carreira

Niki Lauda sufría de gripe e sen dúbida non estaba na súa mellor forma. Jean-Pierre Jarier trouxo un sorriso ós afeccionados franceses establecendo o tempo máis rápido do venres. Jody Scheckter pilotaba o novo e lixeiro Tyrrell 007 logrando unha marca de velocidade de 306 km/h.

Na liña de saída, Tom Pryce quedou sen embrague e retirouse pouco despois. Lauda lideraba a Scheckter, James Hunt e Jochen Mass. Clay Regazzoni alcanzou un fantástico segundo lugar antes de que o seu motor explotara, Scheckter fíxose coa posición antes de que Hunt o pasase na volta oito. Lauda e Hunt mantivéronse primeiro e segundo, mentres que Scheckter, loitando cunha catastrófica dirección tivo que ceder ante Mass e Emerson Fittipaldi.

Jarier fixo un magnífico adiantamento para poñerse por diante de Fittipaldi, pero os problemas no limitador de revolucións fixeronlle caer de novo na clasificación con problemas de potencia. Mario Andretti e Patrick Depailler corrían con brillantez, avanzando desde a undécima á quinta e da 19ª á sexta posición respectivamente.

Alan Jones loitaba con Ronnie Peterson e Carlos Reutemann cando fixo un trompo. Reutemann sufría de problemas de pneumáticos e perdeu unha volta, mentres que John Watson saíuse nunha zona de escape. Vittorio Brambilla retirouse cun problema de amortecedores, a Wilson Fittipaldi explotoulle o seu motor, Jacky Ickx, Mark Donohue e Carlos Pace romperon os eixes de transmisión. Jochen Mass estaba en rápida persecución de James Hunt e Niki Lauda na última volta estaba só a 2´4 segundos por detrás deles. Pero, unha excelente manobra deu a Hunt o espazo que necesitaba. Na última curva, Lauda saíuse fóra de pista, pero recuperou o coche magnificamente para levarse a vitoria por menos de dous segundos.

Clasificación

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
112 Niki LaudaFerrari541:40:18.8419
224 James HuntHesketh-Ford54+ 1.5936
32 Jochen MassMcLaren-Ford54+ 2.3174
41 Emerson FittipaldiMcLaren-Ford54+ 39.77103
527 Mario AndrettiParnelli-Ford54+ 1:02.08152
64 Patrick DepaillerTyrrell-Ford54+ 1:07.40131
723 Tony BriseHill-Ford54+ 1:09.6112
817 Jean-Pierre JarierShadow-Ford54+ 1:19.784
93 Jody ScheckterTyrrell-Ford54+ 1:31.682
105 Ronnie PetersonLotus-Ford54+ 1:36.0217
1121 Jacques LaffiteWilliams-Ford54+ 1:36.7716
1215 Jean-Pierre JabouilleTyrrell-Ford54+ 1:37.1321
1318 John WatsonSurtees-Ford53+ 1 volta14
147 Carlos ReutemannBrabham-Ford53+ 1 volta11
1531 Gijs Van LennepEnsign-Ford53+ 1 volta22
1622 Alan JonesHill-Ford53+ 1 volta20
1714 Bob EvansBRM52+ 2 voltas25
1810 Lella LombardiMarch-Ford50+ 4 voltas26
Ret8 Carlos PaceBrabham-Ford26Transmisión5
Ret6 Jacky IckxLotus-Ford17Freos19
Ret30 Wilson FittipaldiFittipaldi-Ford14Motor23
Ret9 Vittorio BrambillaMarch-Ford6Chasis8
Ret11 Clay RegazzoniFerrari6Motor9
Ret28 Mark DonohuePenske-Ford6Transmisión18
Ret16 Tom PryceShadow-Ford2Transmisión6
NTS20 François MigaultWilliams-Ford0Non arrincou24

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 Ferrari50
2 Brabham-Ford36 (38)
3 McLaren-Ford30.5
4 Hesketh-Ford22
5 Tyrrell-Ford20
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio dos Países Baixos de 1975
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1975
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1975
Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1974
Gran Premio de FranciaCarreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1976

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.