Gran Premio de España de 1998


O Gran Premio de España de 1998 foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 10 de maio de 1998 no Circuíto de Cataluña, Barcelona. Foi a quinta carreira da tempada de 1998 da Fórmula Un. A carreira de 65 voltas gañouna o piloto de McLaren Mika Häkkinen despois de comezar desde a pole position. O seu compañeiro de equipo David Coulthard rematou en segundo lugar e o piloto da Scuderia Ferrari, Michael Schumacher, foi terceiro.

España Gran Premio de España de 1998
Detalles da carreira
Carreira 5 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998.
Trazado do circuíto de Cataluña
Trazado do circuíto de Cataluña
Data10 de maio 1998
Nome oficialXL Gran Premio de España
LocalizaciónCircuíto de Cataluña, Barcelona, España
PercorridoCircuíto permanente
4´728 km
Distancia65 voltas, 307´196 km
ClimaAsollado e cálido
Pole position
PilotoFinlandia Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes
Tempo1:20.262
Volta rápida
PilotoFinlandia Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes
Tempo1:24.275 na volta 25
Podio
PrimeiroFinlandia Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes
Segundo David CoulthardMcLaren-Mercedes
TerceiroAlemaña Michael SchumacherFerrari

Resumo da carreira

Mika Häkkinen clasificou na pole, 0,7 segundos por diante do seu compañeiro de equipo en McLaren, David Coulthard, no segundo lugar, co Michael Schumacher de Ferrari 0,8 segundos máis atrás en terceiro lugar. A carreira demostrou ser unha formalidade para Häkkinen, gañando a carreira por diante de Coulthard segundo, e Schumacher terceiro.

O piloto de Arrows Pedro Diniz comezou desde o pit lane debido a que calou o coche na volta de quecemento. Na saída, os McLarens saíron ben, pero Schumacher fixo un mal comezo e caeu ao quinto posto detrás do seu compañeiro de equipo Eddie Irvine e Giancarlo Fisichella no Benetton. Correron nestes postos ata a primeira rolda de paradas en boxes, cando Irvine atrasou a Fisichella o suficiente para que o seu compañeiro de equipo Schumacher emerxese por diante deles e volvera terceiro. Fisichella e Irvine continuaron a loitar ata a volta 28, cando Fisichella intentou unha manobra de paso polo exterior de Irvine, o que provocou unha colisión que os lanzou cara á trampa de grava. Isto deixou ao compañeiro en Benetton de Fisichella, Alexander Wurz, no cuarto posto que ocupou ata o final. Mika Häkkinen foi consistentemente máis rápido que o seu compañeiro de equipo David Coulthard durante a fin de semana da carreira, incapaz de igualar o seu ritmo, aínda que estivesen no mesmo coche. O respectado expiloto e experto Martin Brundle fixo o comentario que Häkkinen era "da súa clase".

Durante a carreira, Michael Schumacher e o Minardi de Esteban Tuero recibiron unha penalización dun stop and go de 10 segundos por exceso de velocidade no pit lane.[1]

O Stewart de Rubens Barrichello acadou dous puntos ao terminar na quinta posición, que foron os primeiros da tempada para o equipo, isto foi posible grazas ao novo motor e chasis que usou o equipo (no entanto o seu compañeiro de equipo Jan Magnussen correu co antigo chasis).[1] O campión do mundo reinante Jacques Villeneuve terminou no sexto lugar, despois de que o Williams tivera o seu peor resultado de clasificación desde o Gran Premio dos Estados Unidos de 1989.

Na última volta, o piloto de Williams Heinz-Harald Frentzen pasou a Jarno Trulli de Prost Grand Prix polo oitavo lugar cando a Trulli mostráronlle incorrectamente a bandeira azul cando os comisarios confundiron o Williams cun Ferrari.[1]

"Estou realmente irritado porque tiven que renunciar a unha gran batalla e non é xusto perder unha posición porque están cegos e non poden distinguir un coche doutro. Por suposto, non importa moito rematar o oitavo ou noveno, pero para un piloto importa. No caso da bandeira azul non tiven outra alternativa ". Jarno Trulli [1]</ blockquote>

Logo da carreira, Fisichella recibiu unha multa de 7.500 dólares estadounidenses pola colisión con Irvine.[1]

Clasificación

Toranosuke Takagi no seu camiño para clasificarse 21º e último na grella, xa que o seu compañeiro de equipo Ricardo Rosset non conseguiu clasificarse para o Gran Premio, ao no conseguir o 107% do tempo da pole por 0,065 segundos.

Cualificación

PosPilotoConstrutorTempodiferenza
18 Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes1:20.262
27 David CoulthardMcLaren-Mercedes1:20.996+0.734
33 Michael SchumacherFerrari1:21.785+1.523
45 Giancarlo FisichellaBenetton-Playlife1:21.894+1.632
56 Alexander WurzBenetton-Playlife1:21.965+1.703
64 Eddie IrvineFerrari1:22.350+2.088
715 Johnny HerbertSauber-Petronas1:22.794+2.532
89 Damon HillJordan-Mugen-Honda1:22.835+2.573
918 Rubens BarrichelloStewart-Ford1:22.860+2.598
101 Jacques VilleneuveWilliams-Mecachrome1:22.885+2.623
1110 Ralf SchumacherJordan-Mugen-Honda1:22.927+2.665
1211 Olivier PanisProst-Peugeot1:22.963+2.701
132 Heinz-Harald FrentzenWilliams-Mecachrome1:23.197+2.935
1414 Jean AlesiSauber-Petronas1:23.327+3.065
1516 Pedro DinizArrows1:23.704+3.442
1612 Jarno TrulliProst-Peugeot1:23.748+3.486
1717 Mika SaloArrows1:23.887+3.625
1819 Jan MagnussenStewart-Ford1:24.112+3.850
1923 Esteban TueroMinardi-Ford1:24.265+4.003
2022 Shinji NakanoMinardi-Ford1:24.538+4.276
2121 Toranosuke TakagiTyrrell-Ford1:24.722+4.460
107% tempo: 1:25.880
NSC20 Ricardo RossetTyrrell-Ford1:25.946+5.684
Fonte:[2]

Carreira

PosPilotoConstrutorvoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
18 Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes651:33:37.621110
27 David CoulthardMcLaren-Mercedes65+9.43926
33 Michael SchumacherFerrari65+47.09534
46 Alexander WurzBenetton-Playlife65+1:02.53853
518 Rubens BarrichelloStewart-Ford64+1 volta92
61 Jacques VilleneuveWilliams-Mecachrome64+1 volta101
715 Johnny HerbertSauber-Petronas64+1 volta7
82 Heinz-Harald FrentzenWilliams-Mecachrome63+2 voltas13
912 Jarno TrulliProst-Peugeot63+2 voltas16
1014 Jean AlesiSauber-Petronas63+2 voltas14
1110 Ralf SchumacherJordan-Mugen-Honda63+2 voltas11
1219 Jan MagnussenStewart-Ford63+2 voltas18
1321 Toranosuke TakagiTyrrell-Ford63+2 voltas21
1422 Shinji NakanoMinardi-Ford63+2 voltas20
1523 Esteban TueroMinardi-Ford63+2 voltas19
1611 Olivier PanisProst-Peugeot60Motor12
Ret9 Damon HillJordan-Mugen-Honda46Motore8
Ret4 Eddie IrvineFerrari28Colisión6
Ret5 Giancarlo FisichellaBenetton-Playlife28Colisión4
Ret17 Mika SaloArrows21Engine17 
Ret16 Pedro DinizArrows20Motor15
Fonte:[3]

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 McLaren-Mercedes65
2 Ferrari35
3 Williams-Mecachrome14
4 Benetton-Playlife10
5 Sauber-Petronas4
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

  • Volta rápida: Mika Häkkinen 1m 24.275s
  • Foi a primeira carreira da tempada de 1998 na que un piloto non logrou cualificar debido a que non completou un tempo dentro do 107% do tempo do pole position. O desafortunado piloto foi Ricardo Rosset, que non puido clasificarse por 7 milésimas de segundo.
    • Esta foi tamén a marxe máis pequena pola que un piloto non conseguiu cualificar debido á regra. Damon Hill perdeu por só 0,003 segundos no Gran Premio de Francia de 1999 pero foi autorizado a competir debido a "circunstancias excepcionais".


Carreira anterior:
Gran Premio de San Marino de 1998
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1998
Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1998
Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1997
Gran Premio de EspañaCarreira seguinte:
Gran Premio de España de 1999

2°15′26.9″L / 41.569417, -2.257472

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas