Gran Premio de España de 1974

O Gran Premio de España de 1974 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 28 de abril de 1974 en Madrid. Foi a cuarta proba da tempada de 1974.

España Gran Premio de España de 1974
Detalles da carreira
Carreira 4 de 15 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1974.
Trazado do circuíto do Jarama.
Trazado do circuíto do Jarama.
Data28 de abril 1974
Nome oficialXIX Gran Premio de España
LocalizaciónCircuíto do Jarama, Madrid, España
PercorridoCircuíto permanente
3´404 km
Distancia84 voltas, 285´936 km
ClimaChuvia
Pole position
PilotoAustria Niki LaudaFerrari
Tempo1:18.44[1]
Volta rápida
PilotoAustria Niki LaudaFerrari
Tempo1:20.83[2] na volta 47
Podio
PrimeiroAustria Niki LaudaFerrari
SegundoSuíza Clay RegazzoniFerrari
Terceiro Emerson FittipaldiMcLaren - Ford

Resumo da carreira

A carreira presentábase máis aberta que nunca, tres pilotos diferentes de diferentes equipos gañaran as tres primeiras carreiras e un piloto que non gañara nada, Clay Regazzoni lideraba o campionato. Niki Lauda logrou a pole por diante de Ronnie Peterson nunha sesión de clasificación interrompida por un grande accidente de Patrick Depailler. Na carreira, foi Peterson quen liderou desde a saída, cando comezou a chover. A medida que secouse a pista, os coches metéronse nos boxes para cambiar os pneumáticos.

O Ferrari de Lauda fixo a parada en 35 segundos, o que lle permitiu tomar a dianteira e xunto ó seu compañeiro Regazzoni encabezaron a carreira, foi a primeira vitoria de Niki Lauda . Arturo Merzario perdeu a oportunidade de terminar nos puntos ó golpear contra o muro cando ía cuarto. Emerson Fittipaldi mantívose terceiro logo dunha dura loita con Hans-Joachim Stuck, mentres que Jody Scheckter logrou os seus primeiros puntos.

O piloto español Jorge de Bagration, tratou de participar na carreira, pero os seus esforzos foron vítimas dun conxunto infrecuente de circunstancias, comprara un Surtees - Ford TS16 para a carreira, e foi incluído na lista de inscritos. Desafortunadamente esta lista foi extraviada polo presidente saínte da Federación española de automobilismo. Cando elaborouse unha nova lista de entrada, debido dalgúns problemas de patrocinio que Bagration estaba experimentando, foi omitido dela. A pesar disto debería ser incluído na lista de participantes. Así terminou as súas esperanzas de competir ó nivel máis alto de automobilismo.

Clasificación

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
112 Niki LaudaFerrari842:00:29.5619
211 Clay RegazzoniFerrari84+ 35.6136
35 Emerson FittipaldiMcLaren-Ford83+ 1 volta44
49 Hans Joachim StuckMarch-Ford82+ 2 voltas133
53 Jody ScheckterTyrrell-Ford82+ 2 voltas92
66 Denny HulmeMcLaren-Ford82+ 2 voltas81
716 Brian RedmanShadow-Ford81+ 3 voltas21
84 Patrick DepaillerTyrrell-Ford81+ 3 voltas16
933 Mike HailwoodMcLaren-Ford81+ 3 voltas17
1024 James HuntHesketh-Ford81+ 3 voltas10
1128 John WatsonBrabham-Ford80+ 4 voltas15
1215 Henri PescaroloBRM80+ 4 voltas20
1318 Carlos PaceSurtees-Ford78+ 6 voltas14
1423 Tim SchenkenTrojan-Ford76Trompo25
Ret17 Jean-Pierre JarierShadow-Ford73Non clasificado12
Ret26 Graham HillLola-Ford43Motor19
Ret20 Arturo MerzarioIso Marlboro-Ford37Accidente7
Ret19 Jochen MassSurtees-Ford35Caixa de cambios18
Ret37 François MigaultBRM27Motor22
Ret2 Jacky IckxLotus-Ford26Freos5
Ret1 Ronnie PetersonLotus-Ford23Motor2
Ret30 Chris AmonAmon-Ford22Freos23
Ret8 Rikky von OpelBrabham-Ford14Fuga aceite24
Ret7 Carlos ReutemannBrabham-Ford12Trompo6
Ret14 Jean-Pierre BeltoiseBRM2Motor11
NSC27 Guy EdwardsLola-Ford
NSC21 Tom BelsøIso Marlboro-Ford

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 McLaren-Ford26
2 Ferrari21
3 Brabham-Ford9
4 BRM8
5 Tyrrell-Ford6
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15. 


Carreira anterior:
Gran Premio de Suráfrica de 1974
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1974
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1974
Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1973
Gran Premio de EspañaCarreira seguinte:
Gran Premio de España de 1975