Gran Premio de Austria de 1982

O Gran Premio de Austria de 1982 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 15 de agosto de 1982. Foi a 13ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1982, o 15º Gran Premio de Austria e a décima terceira que se celebrou en Österreichring. A carreira levouse a cabo sobre 53 voltas ao circuíto de 5´942 quilómetros para unha distancia total de carreira de 315 quilómetros. A carreira foi gañada polo Lotus de Elio de Angelis, que mantivo baixo control a Keke Rosberg no Williams para gañar por apenas 0,050 segundos, ou menos de metade da lonxitude do coche.

Austria Gran Premio de Austria de 1982
Detalles da carreira
Carreira 13 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982.
Trazado do circuíto de Österreichring.
Trazado do circuíto de Österreichring.
Data15 de agosto de 1982
Nome oficialXV Großer Preis von Österreich
LocalizaciónCircuíto de Österreichring, Spielberg, Estiria, Austria
PercorridoPercorrido permanente de carreira
5´942 km
Distancia53 voltas, 314´926 km
ClimaAsollado, cálido
Pole position
Piloto Nelson PiquetBrabham-BMW
Tempo1:27.612
Volta rápida
Piloto Nelson PiquetBrabham-BMW
Tempo1:33.699 na volta 5
Podio
PrimeiroItalia Elio de AngelisLotus-Ford
SegundoFinlandia Keke RosbergWilliams-Ford
TerceiroFrancia Jacques LaffiteLigier-Matra

Resumo da carreira

Engadiuse unha chicane na entrada aos boxes no principio do ano. Nelson Piquet no Brabham lideraba na primeira curva desde a pole position, mentres que o Renault de Alain Prost pasou ao compañeiro de equipo de Piquet Riccardo Patrese para ser segundo. Máis atrás, houbo unha colisión que eliminou os dous Alfa Romeo de Andrea de Cesaris e Bruno Giacomelli, así como ao Williams de Derek Daly. A vantaxe de Prost sobre Patrese durou só unhas cantas curvas antes de que o italiano vólvese a pasalo. Na volta 2, Patrese arrebatou o liderado a Piquet e os dous Brabhams inmediatamente comezaron a afastarse cos seus tanques medio cheos.

Pouco antes da metade da carreira, Piquet fixo a primeira parada planificada en boxes para botar combustible e cambiar os pneumáticos, na historia moderna da F1. Reincorporouse en cuarto lugar, xusto por diante de Keke Rosberg, logo de perder a posición con Prost e Elio de Angelis. Varias voltas logo de Piquet, Patrese fixo a súa parada. Nese momento, tiña unha vantaxe suficiente para reincorporarse á carreira en primeira posición, aínda que agora só cuns poucos segundos por diante de Prost. O Brabham e o Renault estaban igualados logo da parada, e a diferenza de Patrese con Prost mantíñase relativamente estable. Pero, só un par de voltas logo da súa parada, Patrese sufriu un fallo de motor, o que lle fixo trompear. Prost herdou unha cómoda vantaxe con de Angelis e con Piquet terceiro.

Con todo, o actual campión do mundo loitaba desde a súa parada en boxes, incapaz de achegarse aos líderes, estaba loitando para manterse por diante de Rosberg. Só un par de voltas logo da saída do seu compañeiro de equipo, Piquet retirouse cunha falla eléctrica. Libre do Brabham, Rosberg comezou achegándose a de Angelis, pouco apouco pero reducindo a brecha de 10 segundos. Prost, pola súa banda, parecía sereno coa súa vantaxe de medio minuto antes de sufrir un fallo mecánico a 5 voltas do final.

Isto deixou a de Angelis líder, listo para a súa primeira vitoria, pero Rosberg, que reducira a vantaxe de de Angelis a só uns segundos, parecía voar agora que a súa primeira vitoria parecía próxima, e o finlandés comezou a acercarse máis rapidamente. Na última volta, Rosberg reduciu á brecha a só 1,6 segundos. Acercouse rapidamente no último viraxe, de Angelis aparentemente sucumbía á presión, pero na última curva De Angelis defendeu con calma a liña interior, e Rosberg non puido coller a trazada. A súa axustada entrada na curva causou que de Angelis derrapara na saída, o que permitiu Rosberg intentalo polo interior na recta final, só para perder por só 0,050 segundos, ou menos da metade da lonxitude dun coche.

De Angelis celebrou con ledicia a súa primeira vitoria, mentres que Rosberg aumentaba as súas posibilidades no campionato malia perder a súa primeira vitoria por unha marxe mínima, pasando por diante de John Watson no segundo lugar no campionato, que realmente era o liderado, xa que o líder oficial do campionato Didier Pironi estaba fóra polo resto da tempada con lesións nas pernas. O Ligier de Jacques Laffite completou o podio, mentres que o Ferrari de Patrick Tambay, o McLaren de Niki Lauda e o Arrows de Mauro Baldi completaron os puntos.

A vitoria por De Angelis foi a última celebrada por Colin Chapman co famoso acto de lanzar a súa gorra de tea ao aire logo dunha vitoria de Lotus. Tamén sería a última vitoria dun Lotus construído por Chapman, e a última vitoria dun Lotus ata o Gran Premio de Portugal de 1985.

Clasificación

Cualificación

PosPilotoConstrutorTempoDiferenza
11 Nelson PiquetBrabham-BMW1:27.612
22 Riccardo PatreseBrabham-BMW1:27.971+0.359
315 Alain ProstRenault1:28.864+1.252
427 Patrick TambayFerrari1:29.522+1.910
516 René ArnouxRenault1:30.261+2.649
66 Keke RosbergWilliams-Ford1:30.300+2.688
711 Elio de AngelisLotus-Ford1:31.626+4.014
83 Michele AlboretoTyrrell-Ford1:31.814+4.202
95 Derek DalyWilliams-Ford1:32.062+4.450
108 Niki LaudaMcLaren-Ford1:32.131+4.519
1122 Andrea de CesarisAlfa Romeo1:32.308+4.696
1212 Nigel MansellLotus-Ford1:32.881+5.269
1323 Bruno GiacomelliAlfa Romeo1:32.950+5.338
1426 Jacques LaffiteLigier-Matra1:32.957+5.345
1535 Derek WarwickToleman-Hart1:33.208+5.596
1614 Roberto GuerreroEnsign-Ford1:33.555+5.943
1736 Teo FabiToleman-Hart1:33.971+6.359
187 Reino Unido John WatsonMcLaren-Ford1:34.164+6.554
194 Brian HentonTyrrell-Ford1:34.184+6.572
2020 Chico SerraFittipaldi-Ford1:34.187+6.575
2129 Marc SurerArrows-Ford1:34.422+6.810
2225 Eddie CheeverLigier-Matra1:34.620+7.008
2330 Mauro BaldiArrows-Ford1:34.715+7.103
2417 Rupert KeeganMarch-Ford1:34.770+7.158
259 Manfred WinkelhockATS-Ford1:34.984+7.372
2633 Tommy ByrneTheodore-Ford1:34.985+7.373
2718 Raul BoeselMarch-Ford1:35.149+7.537
2831 Jean-Pierre JarierOsella-Ford1:35.206+7.594
2910 Eliseo SalazarATS-Ford1:35.271+7.659

Carreira

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
111 Elio de AngelisLotus-Ford531:25:02.21279
26 Keke RosbergWilliams-Ford53+ 0.05066
326 Jacques LaffiteLigier-Matra52+ 1 volta144
427 Patrick TambayFerrari52+ 1 volta43
58 Niki LaudaMcLaren-Ford52+1 volta102
630 Mauro BaldiArrows-Ford52+1 volta231
720 Chico SerraFittipaldi-Ford51+2 voltas20
815 Alain ProstRenault48Inxección3
97 John WatsonMcLaren-Ford44Motor18
Ret4 Brian HentonTyrrell-Ford32Motor19
Ret1 Nelson PiquetBrabham-BMW31Eléctrico1
Ret33 Tommy ByrneTheodore-Ford28Trompo26
Ret29 Marc SurerArrows-Ford28Motor21
Ret2 Riccardo PatreseBrabham-BMW27Motor2
Ret25 Eddie CheeverLigier-Matra22Motor22
Ret12 Nigel MansellLotus-Ford17Motor12
Ret16 René ArnouxRenault16Inxección5
Ret9 Manfred WinkelhockATS-Ford15Trompo25
Ret35 Derek WarwickToleman-Hart7Suspensión15
Ret36 Teo FabiToleman-Hart7Transmisión17 
Ret14 Roberto GuerreroEnsign-Ford6Trompo16
Ret3 Michele AlboretoTyrrell-Ford1Trompo8
Ret17 Rupert KeeganMarch-Ford1DirecciónSteering24
Ret5 Derek DalyWilliams-Ford0Colisión9
Ret22 Andrea de CesarisAlfa Romeo0Colisión11
Ret23 Bruno GiacomelliAlfa Romeo0Colisión13
NSC18 Raul BoeselMarch-Ford
NSC31 Jean-Pierre JarierOsella-Ford
NSC10 Eliseo SalazarATS-Ford

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 Ferrari64
2 McLaren-Ford56
3 Williams-Ford46
4 Renault44
5 Lotus-Ford29
  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1982
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1982
Carreira seguinte:
Gran Premio de Suíza de 1982
Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 1981
Gran Premio de AustriaCarreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1983

Notas

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-17. 

Ligazóns externas