Gran Premio de Australia de 1986

O Gran Premio de Australia de 1986 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 26 de outubro de 1986 nun circuíto urbano na cidade de Adelaida. Foi a 51º carreira na historia combinada do Gran Premio de Australia, que remontase ás 100 Miles Road Race de 1928 e a primeira que se celebrou nas rúas de Adelaida nunha presentación deseñada especificamente para o debut do Campionato do Mundo en Australia. O Gran Premio de Australia foi a décimo sexta e última carreira da tempada de 1986. A carreira disputouse sobre 82 voltas aos 3´780 quilómetros do circuíto para unha distancia total de carreira de 310 quilómetros.

Australia Gran Premio de Australia de 1986
Detalles da carreira
Carreira 16 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1986.
Trazado do circuíto de Adelaide.
Trazado do circuíto de Adelaide.
Data26 de outubro 1986
Nome oficialLI Foster's Australian Grand Prix
LocalizaciónCircuíto urbano de Adelaida
Adelaide, Australia do Sur, Australia
PercorridoCircuíto urbano
3´779 km
Distancia82 voltas, 309´878 km
ClimaAsollado
Pole position
Piloto Nigel MansellWilliams-Honda
Tempo1:18.403
Volta rápida
Piloto Nelson PiquetWilliams-Honda
Tempo1:20.787 na volta 82
Podio
PrimeiroFrancia Alain ProstMcLaren-TAG
Segundo Nelson PiquetWilliams-Honda
Terceiro Stefan JohanssonFerrari

A carreira decidiu unha pelexa a tres bandas polo campionato de pilotos. Os pilotos na pelexa polo título eran Nigel Mansell, Nelson Piquet, ambos dos cales corrían co equipo Williams - Honda, e Alain Prost co McLaren.

Mansell logrou a pole position, pero unha mala saída habilitou a seu compañeiro Piquet, a Ayrton Senna e Keke Rosberg para adiantalo e quedar cuarto a finais da primeira volta.

Logo dun par de voltas, o finlandés Keke Rosberg, no seu último Gran Premio, tomou o liderado de Piquet. Con todo, o finlandés retirouse cunha picada na volta 63, devolvendo o liderado de novo a Piquet e deixando a Mansell no terceiro lugar, o que sería suficiente para que o inglés lograra o campionato. Unha volta máis tarde, a carreira de Mansell terminou cando o seu pneumático traseiro esquerdo explotou na recta principal a falta de 19 voltas para o final. O título quedou entón entre Piquet e Prost co francés necesitando terminar por diante do brasileiro para defender con éxito o seu título. Tralos fracasos dos pneumáticos de Rosberg e Mansell, o equipo Williams chamou a Piquet para facer un cambio de pneumáticos por precaución, saíndo 15 segundos atrás. Fixo unha última carga para pechar a brecha de 4,2 segundos, pero Prost levouse a vitoria e gañar o segundo dos seus catro títulos.

Non foi ata o Gran Premio do Brasil de 2007 que houbo de novo tres posibles pilotos aspirantes ao título na última carreira da tempada.

Antecedentes

Ao inicio da carreira, tres pilotos tiñan a oportunidade de gañar o título. O piloto británico Nigel Mansell era o líder do campionato, seis puntos por detrás estaba o campión da tempada anterior Alain Prost, e un punto detrás de Prost estaba o compañeiro de equipo de Mansell en Williams, Nelson Piquet. Cuarto era Ayrton Senna, que tiña garantido terminar nesa posición. Prost tiña o obxectivo de converterse no primeiro piloto desde Jack Brabham en 1959 e 1960 en gañar dou Campionatos Mundiais de Pilotos consecutivos.

Os Williams de Mansell e Piquet eran moi superiores en velocidade ao McLaren de Prost. Con todo, a consistencia de Prost permitíralle acumular puntos durante todo o ano, mentres que os Williams loitaran un co outro e os seus xogos erosionaron o que houbera sido unha tempada dominante para o equipo.

Para gañar o campionato Mansell necesitaba a terceira posición ou superior, ou que Prost e Piquet terminaran no segundo lugar ou inferior. Para gañar o campionato Prost ou Piquet, tiñan que gañar a carreira, e que Mansell rematara en cuarta posición ou inferior.

A diferenza do Campionato de Pilotos, o Campionato de Construtores xa se decidira a favor de Williams, xa que tiñan unha vantaxe de 48 puntos sobre McLaren. O lugar de McLaren como subcampión estaba asegurado, con 30 puntos de vantaxe sobre o terceiro clasificado, Lotus.

Resumo da carreira

Mansell logrou a pole position cun tempo de 1 minuto 18.403 segundos. O seu compañeiro de equipo, Nelson Piquet, e Ayrton Senna no Lotus foron os únicos pilotos no mesmo segundo de tempo de Mansell. O terceiro aspirante ao título, Alain Prost, estaba na segunda fila da grella, cuarto.

A perspectiva dunha batalla a tres bandas para o Campionato de pilotos atraeu a unha multitude de 150 mil espectadores, no estreito pero rápido circuíto de Adelaida.[1]

Mansell comezou desde a pole position, pero cedeu o liderado ao Lotus de Ayrton Senna na segunda curva da 1ª volta e caeu detrás de Piquet e Keke Rosberg na mesma volta. Piquet tamén superou a Senna na 1ª volta para tomar o liderado, pero que ía a durar só seis voltas xa que na volta 7, Rosberg púxose por diante de Piquet e comezou a construír unha brecha considerable entre el e o resto dos participantes.

Na 23ª volta Piquet trompeou, aínda que o seu coche non sufriu danos, e continuou a carreira malia perder de novo varias posicións. Prost sufriu unha picada un par de voltas máis tarde e descendeu ao cuarto lugar logo de ter que parar en boxes. Piquet atacou de novo, pasando a Mansell polo segundo lugar na volta 44, Prost quedou entre os dous monoprazas de Williams e, a falta de 25 voltas para o final, os tres aspirantes ao título corrían xuntos nas posicións 2ª, 3ª e 4ª.

A batalla foi polo liderado na volta 63 cando Rosberg sufriu un fallo no pneumático traseiro dereito e retirouse da carreira. Máis tarde Rosberg revelou que de todos os xeitos el nunca gañaría a carreira, a menos de que Prost non lograr terminar ou tivera problemas que non le permitiran competir polo título, prometeralle a Prost e ao equipo que axudaría ao seu compañeiro de equipo no seu intento de gañar dous campionatos consecutivos.[2][3] Prost púxose terceiro que se converteu en segundo cando Rosberg retirouse, con Piquet agora líder. Mansell só necesitaba un terceiro lugar para gañar o campionato.

Mansell aínda estaba en terceira posición cando, na volta 64, o seu pneumático traseiro esquerdo rebentou a 290 km/h na recta Brabham de alta velocidade cando dobraba ao Ligier de Philippe Alliot, deixando unha choiva de faíscas detrás del e danando gravemente a súa suspensión traseira esquerda. O Williams continuou en inercia ata deterse na zona de escape de final da recta, Mansell pilotou para evitar chocar con nada. Temendo que sucedera o mesmo co segundo coche, Williams chamou a Piquet a boxes e Prost tomou o liderado. Piquet faría un último ataque, pechando a brecha de 15.484 segundos con 2 voltas para o final a apenas 4.205 segundos na meta e Prost logrou tanto a carreira como o campionato do mundo. Prost tiña tan pouco combustible que se detivo a poucos metros máis aló da liña de meta.

Na súa última carreira con Ferrari, Stefan Johansson completou o podio en terceira posición, aínda que cunha volta perdida con Prost e Piquet. Martin Brundle quedou sen combustible mentres cruzaba a meta en cuarto lugar no seu Tyrrell - Renault. O seu compañeiro de equipo Philippe Streiff terminou quinto con 2 voltas perdidas, mentres que Johnny Dumfries terminou sexto no seu Lotus-Renault.

Esta foi a última carreira do motor turbo de Renault, a compañía francesa foi a pioneira na turboalimentación na F1 en 1977, así como a última carreira de Fórmula Un de Renault como fornecedor de motores ata o seu regreso con Williams no Gran Premio do Brasil de 1989. Tamén foi a última carreira de Fórmula Un para o Campión Mundial de 1980 Alan Jones e do seu compañeiro de equipo Patrick Tambay, e a última carreira do Equipo Haas Lola, onde pilotaban tanto Jones como Tambay. Tamén foi a última carreira para o piloto de Lotus Johnny Dumfries, Berg Allen de Osella, Huub Rothengatter de Zakspeed e do Campión do Mundo de 1982 Keke Rosberg.

Clasificación

Cualificación

PosPilotoConstrutorQ1Q2Diferenza
15 Nigel MansellWilliams-Honda1:19.2551:18.403
26 Nelson PiquetWilliams-Honda1:20.0881:18.714+0.311
312 Ayrton SennaLotus-Renault1:21.3021:18.906+0.503
41 Alain ProstMcLaren-TAG1:19.7851:19.654+1.251
525 René ArnouxLigier-Renault1:20.4911:19.976+1.573
620 Gerhard BergerBenetton-BMW1:22.2601:20.554+2.151
72 Keke RosbergMcLaren-TAG1:21.2951:20.778+2.375
826 Philippe AlliotLigier-Renault1:22.7651:20.981+2.578
927 Michele AlboretoFerrari1:21.7091:21.747+3.306
104 Philippe StreiffTyrrell-Renault1:23.2621:21.720+3.317
1123 Andrea de CesarisMinardi-Motori Moderni1:23.4761:22.012+3.609
1228 Stefan JohanssonFerrari1:22.0501:22.309+3.647
1319 Teo FabiBenetton-BMW1:22.5841:22.129+3.726
1411 Johnny DumfriesLotus-Renault1:23.7861:22.664+4.261
1515 Alan JonesLola-Ford24:46.3831:22.796+4.393
163 Martin BrundleTyrrell-Renault1:24.0611:23.004+4.601
1716 Patrick TambayLola-Ford1:24.5841:23.008+4.605
1824 Alessandro NanniniMinardi-Motori Moderni1:25.5931:23.052+4.649
197 Riccardo PatreseBrabham-BMW1:23.3961:23.230+4.827
208 Derek WarwickBrabham-BMW1:23.5521:23.313+4.910
2114 Jonathan PalmerZakspeed1:24.5091:23.476+5.073
2218 Thierry BoutsenArrows-BMW1:24.7681:24.295+5.892
2329 Huub RothengatterZakspeed1:25.7461:25.181+6.778
2417 Christian DannerArrows-BMW1:25.2961:25.233+6.831
2521 Piercarlo GhinzaniOsella-Alfa Romeo3:03.6801:25.257+6.855
2622 Allen BergOsella-Alfa Romeo1:28.9121:27.208+8.806

Carreira

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
11 Alain ProstMcLaren-TAG821:54:20.38849
26 Nelson PiquetWilliams-Honda82+ 4.20526
328 Stefan JohanssonFerrari81+ 1 volta124
43 Martin BrundleTyrrell-Renault81+ 1 volta163
54 Philippe StreiffTyrrell-Renault80Sen combustible102
611 Johnny DumfriesLotus-Renault80+ 2 voltas141
725 René ArnouxLigier-Renault79+ 3 voltas5
826 Philippe AlliotLigier-Renault79+ 3 voltas8
914 Jonathan PalmerZakspeed77+ 5 voltas21
1019 Teo FabiBenetton-BMW77+ 5 voltas13
NC16 Patrick TambayLola-Ford70Non clasificado17
Ret5 Nigel MansellWilliams-Honda63Pneumático1
Ret7 Riccardo PatreseBrabham-BMW63Eléctrico19
Ret2 Keke RosbergMcLaren-TAG62Pneumático7
NC22 Allen BergOsella-Alfa Romeo61Non clasificado26
Ret8 Derek WarwickBrabham-BMW57Freos20
Ret17 Christian DannerArrows-BMW52Motor24
Ret18 Thierry BoutsenArrows-BMW50Motor22
Ret12 Ayrton SennaLotus-Renault43Motor3
Ret23 Andrea de CesarisMinardi-Motori Moderni40Mecánica11
Ret20 Gerhard BergerBenetton-BMW40Motor6
Ret29 Huub RothengatterZakspeed29Suspensión23
Ret15 Alan JonesLola-Ford16Motor15
Ret24 Alessandro NanniniMinardi-Motori Moderni10Accidente18
Ret21 Piercarlo GhinzaniOsella-Alfa Romeo2Transmisión25
Ret27 Michele AlboretoFerrari0Colisión9
Fonte:[4]

Líderes por volta

Nelson Piquet 8 (1–6, 63–64), Keke Rosberg 56 (7–62), Alain Prost 18 (65–82)

Posicións logo da carreira

  • Texto en negra indican ao Campión Mundial.
Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 Williams-Honda141
2 McLaren-TAG96
3 Lotus-Renault58
4 Ferrari37
5 Ligier-Renault29
  • Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


Carreira anterior:
Gran Premio de México de 1986
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1986
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1987
Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1985
Gran Premio de AustraliaCarreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 1987