Gran Premio de Alemaña de 1995

O Gran Premio de Alemaña de 1995 (oficialmente o XXIV Grosser Mobil 1 Preis von Deutschland) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 30 de xullo de 1995 en Hockenheimring, Hockenheim. Foi a novena carreira da tempada de 1995 de Fórmula Un. A carreira de 45 voltas gañouna o piloto de Benetton Michael Schumacher logo de comezar desde a segunda posición. David Coulthard terminou segundo para o equipo Williams e o Ferrari do piloto Gerhard Berger quedou en terceiro lugar. Tamén foi a primeira carreira logo da morte do cinco veces campión mundial arxentino Juan Manuel Fangio, quen morreu o luns logo da rolda previa de F1, o Gran Premio do Reino Unido.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Alemaña de 1995
Nome oficialXXIV Grosser Mobil 1 Preis von Deutschland Editar o valor em Wikidata
TipoGran Premio de Alemaña Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1995 Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento45 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónHockenheimring (Hockenheim)
Hockenheim (Hockenheim VVG) Editar o valor em Wikidata
PaísAlemaña Editar o valor em Wikidata
Data30 de xullo de 1995 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoMichael Schumacher Editar o valor em Wikidata
Pole positionDamon Hill Editar o valor em Wikidata
Volta máis rápidaMichael Schumacher Editar o valor em Wikidata

Resumo

Damon Hill comezou a carreira desde a pole position xunto a Michael Schumacher. Logo de facer un bo comezo, Hill trompeou na primeira curva na segunda volta e enviou o seu auto a través dunha trampa de grava ata unha barreira de pneumáticos, terminando así a súa carreira.

Schumacher foise liderando diante de David Coulthard e Gerhard Berger, quen foi sancionado cunha penalización dun stop & go de 10 segundos por saltar no inicio da carreira. A sanción deixou a Berger na 14ª posición malia que loitou para terminar en terceiro lugar. Berger negou que adiantárase na saída, alegando que aínda que o seu auto moveuse lixeiramente cando o puxo en marcha, estaba parado cando se acendeu a luz verde para comezar a carreira.

A estratexia de 2 paradas de Benetton para Schumacher prevaleceu sobre a estratexia de 1 parada na que estaba Coulthard, xa que Schumacher afastouse na pista dándose suficiente espazo para facer a súa segunda parada en pits e permanecer á cabeza. Schumacher converteuse no primeiro alemán en gañar un Gran Premio de Alemaña do Campioato Mundial. O seu automóbil se averiou despois de terminar a carreira, do mesmo xeito que a do seu compañeiro de equipo Johnny Herbert e Aguri Suzuki (cuxo automóbil incendiouse).

Inicialmente creuse que Hill trompeou debido ao aceite depositado na pista pola sobrecarga dos tanques de aceite, xa que era unha práctica común dos equipos encher os tanques de aceite antes do inicio da carreira. Uns días logo da carreira, con todo, o equipo Williams descubriu que o auto de Hill sufrira unha falla no eixe de transmisión que provocoulle o accidente. Pouco antes de saírse, Murray Walker comentou que notara que saía fume azul pola parte traseira do auto de Hill; a razón disto nunca foi descuberta.

O motor Ford de Pierluigi Martini esplotou, marcando o final da carreira do italiano na F1, xa que foi substituído en Minardi por Pedro Lamy para a seguinte carreira.

Clasificación

Cualificación

PosPilotoConstrutorTempo Q1Tempo Q2diferenza
15 Damon HillWilliams-Renault1:44.9321:44.385
21 Michael SchumacherBenetton-Renault1:45.5051:44.465+0.080
36 David CoulthardWilliams-Renault1:45.3061:44.540+0.155
428 Gerhard BergerFerrari1:46.4821:45.553+1.168
514 Rubens BarrichelloJordan-Peugeot1:48.2031:45.765+1.380
615 Eddie IrvineJordan-Peugeot1:46.9161:45.846+1.461
78 Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes1:46.2911:45.849+1.464
87 Mark BlundellMcLaren-Mercedes1:47.8541:46.221+1.836
92 Johnny HerbertBenetton-Renault1:46.3811:46.315+1.930
1027 Jean AlesiFerrari1:46.3561:46.475+1.971
1130 Heinz-Harald FrentzenSauber-Ford1:47.7691:46.801+2.416
1226 Olivier PanisLigier-Mugen-Honda1:47.3721:47.528+2.987
134 Mika SaloTyrrell-Yamaha1:49.1031:47.507+3.122
1429 Jean-Christophe BoullionSauber-Ford1:48.5261:47.636+3.251
159 Massimiliano PapisFootwork-Hart1:49.6211:48.093+3.708
1624 Luca BadoerMinardi-Ford1:50.4091:49.302+4.917
173 Ukyo KatayamaTyrrell-Yamaha1:56.5181:49.402+5.017
1825 Aguri SuzukiLigier-Mugen-Honda2:04.1931:49.716+5.331
1910 Taki InoueFootwork-Hart1:50.4511:49.892+5.507
2023 Pierluigi MartiniMinardi-Ford1:51.3681:49.990+5.605
2121 Pedro DinizForti-Ford1:54.3031:52.961+8.576
2222 Roberto MorenoForti-Ford1:53.4561:53.405+9.020
2317 Andrea MonterminiPacific-Ford1:53.492no time+9.107
2416 Giovanni LavaggiPacific-Ford1:54.6251:56.325+10.240

Carreira

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
11 Michael SchumacherBenetton-Renault451:22:56.043210
26 David CoulthardWilliams-Renault45+5.98836
328 Gerhard BergerFerrari45+1:08.09744
42 Johnny HerbertBenetton-Renault45+1:23.43693
529 Jean-Christophe BoullionSauber-Ford44+1 volta142
625 Aguri SuzukiLigier-Mugen-Honda44+1 volta181
73 Ukyo KatayamaTyrrell-Yamaha44+1 volta17
817 Andrea MonterminiPacific-Ford42+3 voltas23
915 Eddie IrvineJordan-Peugeot41Acelerador6
Ret8 Mika HäkkinenMcLaren-Mercedes33Motor7
Ret30 Heinz-Harald FrentzenSauber-Ford32Motor11
Ret24 Luca BadoerMinardi-Ford28Fuga aceite16
Ret16 Giovanni LavaggiPacific-Ford27Caixa de cambios24
Ret22 Roberto MorenoForti-Ford27Palier22
Ret14 Rubens BarrichelloJordan-Peugeot20Motor5
Ret7 Mark BlundellMcLaren-Mercedes17Motor8
Ret26 Olivier PanisLigier-Mugen-Honda13Fuga auga12
Ret27 Jean AlesiFerrari12Motor10
Ret23 Pierluigi MartiniMinardi-Ford11Motor20
Ret10 Taki InoueFootwork-Hart9Caixa de cambios19
Ret21 Pedro DinizForti-Ford8Freos21
Ret5 Damon HillWilliams-Renault1Palier/Trompo1
Ret4 Mika SaloTyrrell-Yamaha0Embrague13
Ret9 Massimiliano PapisFootwork-Hart0Caixa de cambios15
Fonte:[1]

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 Benetton-Renault71
2 Ferrari53
3 Williams-Renault52
4 Jordan-Peugeot13
5 Ligier-Mugen-Honda11
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1995
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1995
Carreira seguinte:
Gran Premio de Hungría de 1995
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1994
Gran Premio de AlemañaCarreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1996

Notas

Ligazóns externas