Graf

Graf (en alemán: Graf, Gräfin) é un título nobiliario histórico xermánico, equivalente en xeral ao título de conde (derivado do comes latino, e cunha historia propia) e ao título de earl británico (título anglosaxón similar ao jarl viquingo). É inmediatamente superior a freiherr ("barón") e inferior a raugraf.

Coroa heráldica de graf

Historia

A súa orixe do graf é incerta; Paulo, o Diácono escribiu (en latín) contra 790:

o conde dos bávaros, que eles chaman gravio, que gobernaba Bauzanum e outras prazas fortes…[1]

Isto leva a crer que o termo sexa de orixe xermánica, aínda que tamén se suxeriu unha relación co termo grego graphēin ("escribir").

Desde agosto de 1919, en Alemaña, Graf e todos os outros títulos pasaron a ser considerados parte integrante do sobrenome dos titulares e dos seus descendentes que aínda residían no país.[2] O título condal Graf tamén era utilizado entón por falantes do alemán (tanto como lingua oficial como vernácula) en Austria e noutras terras dominadas polos Habsburgo (como Hungría e as terras eslavas), en Liechtenstein e boa parte de Suíza.

Primeiramente, ata o século XV, un graf obrigatoriamente exercía autoridade ou xurisdición sobre un territorio coñecido como Grafschaft, literalmente "condado", mais desde esa data o título pasou a ser empregado só como grao de nobreza.

Os títulos nobiliarios de graf concedidos na primeira metade do Sacro Imperio Romano Xermánico (962-1806), frecuentemente estaban relacionados coa xurisdición ou a autoridade sobre un territorio, ou ao exercicio dalgunha función pública e representabam concesións especiais, tanto en termos de autoridade como de posición. Após o século XV, recibiron o título membors da nobreza, mais sen que tivesen adscrita ningunha función pública, só como grao de nobreza. Só os títulos nobiliarios máis importantes permanecen en uso na actualidade.

Títulos nobiliarios que conteñen o termo graf

Algúns teñen aproximadamente o grao de conde, algúns un pouco superior e outros un pouco inferior.

TítuloEtimoloxía
Markgraf[3]Mark: marca de fronteira + Graf. Autoridade exercida sobre un territorio na fronteira do Sacro Imperio Romano Xermánico. O grao equivalente na nobreza ibérica era marqués.
Landgraf[4]Land: terra + Graf. Autoridade exercida sobre unha provincia enteira. O grau equivalente na nobreza ibérica era conde.
ReichsgrafReich: o Sacro Império + Graf. Conde imperial, cun título garantido ou recoñecido polo emperador romano xermánico.
PfalzgrafPfalz: Palatinado + Graf. Orixinalmente gobernado "coa autoridade do palacio imperial", posteriormente, gobernador da "Terra do Palacio", é dicir, o Palatinado.
RheingrafRhein: Rin + Graf. Gobernador do territorio veciño ao río Rin.
Burggraf[5]Burg: castelo, burgo + Graf. Gobernador do territorio en volta ou dominado por unha fortificación ou un castelo fortificado.
AltgrafAlt: vello + Graf. Condado cun título preimperial que garante o título actual. Unicamente na familia Salm.
FreigrafFrei: libre + Graf. Ambos os títulos feudais da faixa de conde mais un despacho técnico.
WildgrafWild: salvaxe + Graf. Gobernador dun territorio centrado nunha área salvaxe.
RaugrafRau: deshabitado, salvaxe + Graf. Gobernador dun territorio centrado unha área subdesenvolvida.
VizegrafVize: vice, substituto + Graf

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas