Goxi

O goxi[Cómpre referencia] ou as bagas de goji[1][2] son unhas bagas vermellas que proveñen de dúas especies de cambroeiras (plantas do xénero Lycium): a cambroeira negra (Lycium barbarum) e unha especie semellante: a cambroeira chinesa (Lycium chinense) (枸杞 ou 枸杞 gǒuqǐ). As dúas especies de arbusto son da familia solanaceae: o mesmo que as tomateiras, as pataqueiras, as pementeiras ou as berenxenas.

Bagas de goxi
Póla de Lycium barbarum coas bagas

As bagas de goji están en voga nos últimos tempos como parte de dietas saudables.

Etimoloxía

Goxis desecados
Unha caixa chea de goxis

O termo goxi (de inminente introdución na lingua) é unha galeguización da pronuncia orixinal chinesa, seguindo o mesmo modelo das linguas achegadas (en portugués, castelán, inglés e francés: goji)[3]. En inglés o nome goji vense usando dende comezos do século XXI; sendo tamén unha achega á pronuncia da verba chinesa orixina en diferentes dialectos: gǒuqǐ (枸杞). O nome posibelmente derive da mesma raíz da lingua persiana gojeh (گوجه) que significa "abruño/baga". No Tíbet a planta coñécese co nome dretsherma que vén de dre("pantasma") e tsherma ("espiño"), espiño das pantasmas.

Características

Actualmente as bagas destes arbustos comercialízanse en Europa (incluíndo Galiza) coma parte dunha dieta sa. Atópase acotía en forma de froita seca. Cómense mesturadas con muesli, cereais de almorzar, ensaladas ou con iogur. O seu sabor é máis ben doce, semellante ao dunha pasa, aínda que máis insípido.

Aínda que ás veces se comercializan co nome de "bagas tibetanas" as bagas de goxi non proveñen do Tíbet. Cultívanse xeralmente en extensas plantacións no norte da China, especialmente ne beira do río Amarelo, terras moi fértiles. Segundo a medicina tradicional chinesa, estas bagas teñen a propiedade de aumentar a vitalidade e de contrarestar a fatiga ou o cansazo. Asímesmo, os beneficios que ás veces se lle dan ao goxi nos medios son a miúdo esaxerados.[4] Segundo Emilio Martínez de Victoria, director do 'Instituto de Nutrición y Tecnología de los Alimentos da Universidade de Granada, os goxis conteñen os mesmo nutrientes cás froitas e verduras tradicionais.[5]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas