Gianfranco Bedin

futbolista italiano

Gianfranco Bedin, nado en San Donà di Piave, Venecia, o 24 de xullo de 1945, é un exfutbolista italiano que xogaba como centrocampista. É lembrado principalmente pola súa pertenza ao Grande Inter de Helenio Herrera, o equipo do Inter de Milán que gañou numerosos títulos na década de 1960. Militou durante unha década no club, co que gañou tres ligas italianas, unha Copa de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Foi internacional coa selección italiana.[1][2]

Bedin
Información persoal
NomeGianfranco Bedin
Nacemento24 de xullo de 1945
Lugar de nacementoSan Donà di Piave
Altura175 centímetros
Posicióncentrocampista
Carreira xuvenil
Inter de Milán
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1964–1974Inter de Milán225(20)
1974–1978Sampdoria112(6)
1978–1979Varese21(0)
1979–1980Livorno27(2)
1980–1981Rondinella19(2)
Selección nacional
1966–1972Italia6(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Formouse na canteira do Inter de Milán e debutou co primeiro equipo en 1964, da man do adestrador Helenio Herrera. Militou no club lombardo ata 1974, disputando un total de 310 partidos e marcando 23 goles. Gañou tres títulos da Serie A, unha Copa de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Foi titular en dúas finais da Copa de Europa, a gañada en 1965 ante o Benfica e a perdida en 1967 contra o Celtic de Glasgow.[3] Tras deixar o Inter, xogou catro anos na Sampdoria e a continuación pasou polo Varese, o Livorno e o Rondinella antes de retirarse en 1981.[1][2][4]

Selección italiana

Foi 6 veces internacional coa selección de Italia entre 1966 e 1972.[5][6][7]

Estilo de xogo

Especialista en roubos de balón, destacaba tamén pola súa anticipación, resistencia, ritmo, marcaxe dos rivais e pola súa habilidade para ler o xogo como mediocentro defensivo ou todocampista, o que lle permitía apoiar de xeito defensivo aos seus compañeiros máis creativos e ofensivos. Xogador moderno e bidireccional, tamén era capaz de iniciar xogadas de ataque e de alcanzar boas posicións ofensivas tras recuperar a posesión.[1][2][8]

Palmarés

Inter de Milán

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas