Gavialis

Gavialis
Rango fósil: Mioceno temperán - Actual,
(desde hai 20 millóns de anos)

O gavial (Gavialis gangeticus), a única especie viva deste xénero
Clasificación científica
Reino:Animalia
Clase:Reptilia
Orde:Crocodilia
Familia:Gavialidae
Subfamilia:Gavialinae
Xénero:Gavialis
Oppel, 1811

Gavialis é un xénero de crocodilianos que inclúe unha especie viva, o gavial (Gavialis gangeticus), e varias especies fósiles extintas, como son Gavialis bengawanicus, Gavialis breviceps, Gavialis browni, Gavialis curvirostris, Gavialis hysudricus, Gavialis leptodus, Gavialis lewisi e Gavialis pachyrhynchus. A maioría das especies, incluída a actual G. gangeticus, proceden do subcontinente indio,[1] mentres que G. bengawanicus coñécese como o gavial de Xava. Gavialis probablemente apareceu no subcontinente Indio a inicios do Mioceno hai uns 20 millóns de anos e espallouse polo arquipélago malaio seguindo un camiño chamado a ruta Siva–malaia no Cuaternario. Tamén se atoparon restos atribuídos a Gavialis en Sulawesi e a illa Woodlark ao leste da liña de Wallace, o que suxire que unha liñaxe prehistórica de Gavialis conseguiu atravesar os hábitats mariños e chegar a lugares posiblemente tan afastados como a Oceanía occidental.[2]

Cranio da especie de Gavialis extinta G. bengawanicus, que viviu no Plistoceno.

Notas


 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.