Gancho (diacrítico)

signo diacrítico

O gancho é un sinal diacrítico que pode aparecer situado en distintas partes da letra que modifica. Ten forma dun pequeno trazo curvo enganchado á letra.

̡
Gancho
Diacríticos do alfabeto latino

acentos
   acento agudo ( ´ )
   acento agudo dobre ( ˝  )
   acento circunflexo ( ^ )
   acento grave ( ` )
   acento grave dobre (   ̏   )
anel ( ° )
breve ( ˘ )
breve inversa ( ̑ )
caron ( ˇ )
cedilla ( ¸ )
corno (  ̛ )
diérese ( ¨ )
gancho ( ˛   ̢ )
gancho superior (  ̉ )
macron ( ¯ )
ogonek ( ˛ )
punto
   punto inferior ( . )
   punto medio ( · )
   punto de lista ( )
   punto superior ( ˙ )
til ( ~ )
trazo ( ◌̸ )

Signos ortográficos empregados como diacríticos

apóstrofo ()
barra ( / )
barra inversa ou invertida ( \ )
barra vertical ( | )
coma ( , )
dous puntos ( : )
guión ( - )

Diacríticos de alfabetos non latinos

Diacríticos do alfabeto árabe
Diacríticos do alfabeto cirílico
Diacríticos do alfabeto devanágari
Diacríticos do alfabeto grego
Diacríticos do alfabeto hebreo
Diacríticos do alfabeto tibetano
Diacríticos dos silabarios xaponeses

Usos

O gancho colócase como un trazo curvo cara a esquerda ou cara a dereita, tanto na parte superior da letra coma na inferior. En ocasións tamén pode aparecer en horizontal.

Distintas colocacións do gancho
LetraLetra con diacríticoLinguas[1]
BƁ ɓ ou Б[2] ɓAlfabeto africano de referencia,[3] alfabeto pannixeriano,[4] balanta, bomu, dagara,[5] dan,[6] fula,[7] fulfulde,[8] hausa,[9] heiban,[10] kpelle[11]
CƇ ƈSerer[12]
DƊ ɗAlfabeto africano de referencia,[3] alfabeto pannixeriano,[4] dan,[6] fula[7], fulfulde,[8]hausa,[9] heiban,[10] serer[12]
Ɖ ɖAlfabeto africano de referencia,[3] ewe,[13] fon,[14] aja
FƑ ƒAlfabeto africano de referencia,[3] ewe[13]
GƓ ɠKpelle[11]
KƘ ƙAlfabeto africano de referencia,[3] alfabeto pannixeriano,[4] hausa[9]
NƝ ɲBambara,[15] curama, kpelle,[11] kisiei,[16] susu,[17] syenara
Ŋ ŋAlfabeto africano de referencia,[3] o’odham,[18] saami,[19] wolof,[20] yolngu[21] e outras linguas africanas[22]
PƤ ƥSerer[12]
QɊ ɋKâte, numanggang (ata 2002)[23]
RⱤ ɽHeiban[10], koalib, moro[24]
TƬ ƭSerer,[12]
Ʈ ʈAlfabeto africano de referencia,[3] otoro[25]
VƲ ʋAlfabeto africano de referencia,[3] bisa,[26] dagara,[5] ewe,[13] mossi,[27] toura[28] e outras linguas africanas[22]
WⱲ ⱳPuguli[29]
YƳ ƴAlfabeto africano de referencia,[3] dagara,[7] fulfulde,[8] hausa,[9] serer[12]
ZȤ ȥTranscrición do alemán medieval
Alfabeto africano de referencia[3]

Alfabetos non latinos

O alfabeto cirílico emprega o gancho como diacrítico en letras como Ӄ, Ӈ, Ӽ ou Ԓ.

Alfabeto Fonético Internacional

O Alfabeto Fonético Internacional emprega letras minúsculas cun gancho. Estes símbolos son ɓ, ɗ, ɠ, ɦ, ɧ, ɱ, ɲ, ŋ, ɽ, ʈ, ѵ e ʋ.[30] Ata 1993 tamén se empregaron ƈ, ƙ, ƥ, ʠ e ƭ que foron substituídas por ʄ̊, ɠ̊, ɓ̥ , ʛ̥ e ɗ̥. Moitas das linguas que empregan o gancho como diacrítico representan o mesmo fonema có do Alfabeto Fonético Internacional.

Antigamente, usábase tamén un sinal diacrítico chamado gancho palatal para representar consoantes palatalizadas. Consistía nun pequeno gancho unido á parte inferior dereita da letra e mirando cara á esquerda. Este sinal foi substituído en 1989 por un superíndice j, escribíndose no canto de ƫ.[31]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas