Galactitol

composto químico

O galactitol ou dulcitol (dulcita[1]) é un azucre-alcohol, o produto da redución da galactosa.[2] Ten un sabor lixeiramente doce.[2] Nas persoas con deficiencia de galactoquinase, unha forma de galactosemia, o exceso de dulcitol que se forma no cristalino do ollo contribúe a xerar cataratas.[3]

Galactitol
Identificadores
Número CAS608-66-2
PubChem11850
ChemSpider11357
UNII113ZQ1Y7DD
ChEBICHEBI:16813
ChEMBLCHEMBL1773904
Imaxes 3D JmolImage 1
Propiedades
Fórmula molecularC6H14O6
Masa molar182,17 g mol−1
Susceptibilidade magnética (χ)
-112,40·10−6 cm3/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O galactitol prodúcese a partir da galactosa nunha reacción catalizada pola aldosa redutase.

O outro defecto común do metabolismo da galactosa é a deficiencia en galactosa-1-fosfato uridililtransferase, un trastorno autosómico recesivo, que tamén causa unha acumulación de galactitol como resultado do incremento de concentracións de galactosa-1-fosfato e galactosa. Este trastorno orixina cataratas pola acumulación de galactitol.

Notas