Gravity Recovery and Climate Experiment

Misión espacial da NASA e Alemaña.
(Redirección desde «GRACE 2»)

GRACE (acrónimo de Gravity Recovery and Climate Experiment) foi unha misión composta por dous satélites artificiais colaboración da NASA e Alemaña, lanzado o 17 de marzo de 2002 mediante un foguete Rokot KM desde o cosmódromo de Plesetsk.[3][4][8][9]

GRACE / Gravity Recovery and Climate Experiment
Representación artística das naves GRACE
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento17 de marzo de 2002, 9:21 GMT[1][2][3][4][5][6][7]
Foguete portadorRokot KM[3][4][8]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk, rampla 133/3[3][4][9]
Obxectivo da misiónMedición do campo gravitatorio terrestre.[3][4][9]
NSSDC ID2002-012A
Masa500 kg cada nave[3][4][8][9]
Potencia620 vatios[3][4]
Datos orbitais
Semieixo maior6817 km[1]
Inclinación89,0 graos[1]
Apoapse457,1 km[1]
Periapse435,9 km[1]

Características

A misión de GRACE era medir o campo gravitatorio da Terra, tanto a súa compoñente estática como a dinámica, mediante dous satélites idénticos voando en formación e capaces de medir a distancia entre eles cunha precisión duns poucos micrómetros. A distancia entre os dous satélites (denominados inicialmente GRACE 1 e GRACE 2, e máis tarde renomeados como Tom e Jerry, respectivamente) determinábase mediante microondas en banda K e GPS; os erros introducidos polo rozamento atmosférico e a presión da radiación solar minimizábanse sendo medidos mediante un acelerómetro e restados das medidas entre os satélites.[3][4]

A misión de GRACE foi continuada por Gravity Recovery and Climate Experiment Follow-On (GRACE-FO) mediante naves case idénticas lanzadas o 22 de maio de 2018 pero que usan láser como método adicional para mediar as súas distancias.[3][4][8]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas