G20

O Grupo dos 20, coñecido habitualmente como G20 ou G-20, é un foro de 19 estados, máis a Unión Europea, onde se reúnen regularmente, dende 1999, xefes de Estado, gobernadores de bancos centrais e ministros de finanzas. Está constituído por sete dos países máis industrializados -Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, o Reino Unido e o Xapón (G7), máis Rusia (G8), máis once países recentemente industrializados de todas as rexións do mundo, así como a Unión Europea. Dende 2009, o G20 desprazou ao G8 e ao G8+5 como foro de discusión da economía mundial.[1]

G20
     Estados membros     Estados representados da U.E.     Estado invitado
AcrónimoG20
Tipogrupo geopolítico, organización internacional e organización intergobernamental
Data de fundación26 de setembro de 1999
Fundador(es)G7 e Paul Martin
Nº de membros20 Editar o valor em Wikidata
Na rede
https://g20.org
Facebook: g20org Twitter: g20org Instagram: g20org Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Función

É un foro de cooperación e consultas entre os países en temas relacionados co sistema financeiro internacional. Estuda, revisa e promove discusións sobre temas relacionados cos países industrializados e as economías emerxentes, co obxectivo de manter a estabilidade financeira internacional, e de encargarse de temas que estean máis aló do ámbito de acción doutras organizacións de menor xerarquía.

Historia

O Grupo dos Vinte (G20) de Ministros de Finanzas e Gobernadores de bancos centrais estabeleceuse en 1999, para reunir ás economías industrializadas e en desenvolvemento máis relevantes e debater cuestións clave na economía mundial. A conferencia inaugural do G20 levouse a cabo en Berlín do 15 ao 16 de decembro de 1999, organizada polos ministros de finanzas de Alemaña e o Canadá.[2]

O Cume de Washington celebrado o 15 de novembro de 2008 na capital estadounidense, é considerado como unha das reunións máis importantes do G20, xa que tratou da reforma do sistema financeiro mundial. Foi proposto pola Unión Europea e organizado polos Estados Unidos. O 2 de abril de 2009 celebrouse o chamado Cume de Londres. En setembro de 2009 tivo lugar a reunión de Pittsburgh, Estados Unidos, onde formalmente se decidiu que o G-20 substituíse ao G8 ou ao G8+5 de aí en diante no concernente aos plans de desenvolvemento mundial en conxunto. O 26 de xuño de 2010 celebrouse o cuarto cume do G-20 de Toronto, Canadá. A conferencia do G-20 en Seúl, Corea do Sur, tivo lugar en novembro de 2010. Dende ese ano, o número de invitados sería de cinco.

Membros

RexiónMembroComercio
mil. USD (2012)
PIB Nominal
mil. USD (2012)
PIB (PPA)
mil. USD (2012)
Nom. per capita
USD (2012)
PPA. per capita
USD (2012)
IDH (2012)PoboaciónClasificación
económica (FMI)
Europa Alemaña2 768 0003 400 5793 197 06941.51239.0280,92081 757 600Avanzada
Oceanía Australia522.0001 541 797970.76467.72242.6400,93822 328 632Avanzada
Oriente Medio Arabia Saudita518.300727.307906.80625.08431.2750,78227 123 977Desenvolv.
América do Sur Arxentina152.690474.954743.12111.57618.1120,81140 117 096Desenvolv.
América do Sur Brasil494.8002 395 9682 355 58612.07811.8750,730193 088 765Desenvolv.
América do Norte Canadá962.6001 819 0811 488 31152.23142.7340,91134 088 000Avanzada
Asia China3 801 0008 227 03712 405 6706.0759.1610,6991 339 724.852Desenvolv.
Asia Corea do Sur1 068 7001 155 8721 613 92123.11232.2720,90950 004 441Avanzada
América do Norte Estados Unidos3 969 00015 684 75015 684 75049.92249.9220,937316 173 000Avanzada
Europa Francia1 226 4002 608 6992 254 06741.14035.5470,89365 447 374Avanzada
Asia India809.4001 824 8324 684 3721.4913.8290,5541 210 193.422Desenvolv.
Asia Indonesia384.100878.1981 216 7383.5924.9770,629237 556 363Desenvolv.
Europa Italia953.0002 014 0791 832 91633.11530.1360,88160 325 805Avanzada
América do Norte México756.8001 177 1161 758 89610.24715.3110,775112 211 789Desenvolv.
África Suráfrica208.000384.315582.3917.50611.3750,62953 000 000Desenvolv.
Europa Reino Unido1 127 0002 440 5052 336 29538.58836.9410,87562 041 708Avanzada
Eurasia Rusia900.6002 021 9602 513 29914.24617.7080,788143 400 000Desenvolv.
Europa Turquía370.800794.4681 123 38010.60915.0010,72272 561 312Desenvolv.
Europa Unión Europea4 567 00016 414 48316 073 55032.70832.0280,876501 259 840N/A
Asia Xapón1 649 8005 963 9694 627 89146.73536.2650,912127 390 000Avanzada

Galería

Notas