Fundación Caixa Galicia

Fundación galega creada para promover a cultura.

A Fundación Caixa Galicia foi unha fundación galega creada para promover a cultura.

Fundación Caixa Galicia
Edificio da Fundación Caixa Galicia no polígono industrial de POCOMACO, na Coruña.
TipoCultural
Data de fundación1989
EnA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia

A Fundación Caixa Galicia naceu en 1989 como unha fundación vinculada á entidade financeira Caixa Galicia co fin de promover a cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións, para iso, establecéronse como propósitos fundamentais da Fundación, entroutros, o fomento da innovación, o desenvolvemento da creatividade, o crecemento do capital humano e a promoción da identidade cultural. Dende o 2006 xestiona o emblemático Teatro Colón da Coruña. Coa fusión das caixas galegas Caixa Galicia e Caixanova pasou a denominarse Fundación Novacaixagalicia.Posteriormente, cando Banesco compra Novagalicia Banco, pasará a denominarse Afundación[1].

Obxectivos

A Fundación Caixa Galicia dedica o seu esforzo a ofrecer unha ampla variedade de propostas culturais e a manter unha presenza constante en toda a comunidade galega, así como noutros lugares de España e do estranxeiro buscando a implicación nas demandas culturais da sociedade para a cal traballa.

Sedes

Sede de AFundación na Coruña, obra do arquitecto Nicholas Grimshaw.
  • Sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña
  • Sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol
  • Seda da Fundación Caixa Galicia en Pontevedra
  • Sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago
  • Centro Sociocultural Caixa Galicia en Lugo
  • Centro Sociocultural Caixa Galicia en Ourense
  • Centro Sociocultural Caixa Galicia en Vigo

Outras sedes e entidades xestionadas pola Fundación

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas