Fridtjof Nansen (F-300)

fragata

Fridtjof Nansen (F-300) é unha serie de cinco buques construídos por Izar (actual Navantia) en Ferrol para a Armada Real de Noruega con denominación F-300. Deseño baseado na Álvaro de Bazán (F-101) da Armada Española.

Fridtjof Nansen (F-300)

Fridtjof Nansen e Helge Ingstad berthed en Oslo, abril de 2010.
Historial
EstaleiroIzar, actual Navantia en Ferrol
ClaseF-300
TipoFragata
OperadorReal Armada de Noruega
Autorizado23 de xuño de 2000
Posta en grella2002
Botado3 de xuño de 2004 (F 310)
Asignado18 de xaneiro de 2011 (F 314)
DestinoNoruega
Características xerais
Desprazamento5 121 t
Eslora132 m
Manga16,8 m
Puntal9,5 m
Calado4,9 m
Cubertas5
SensoresLockheed Martin AN/SPY-1D 3-D
BlindaxeAH-36 e DH-36, aceiro NV550
Armamento1 canón de 76 mm OTO Melara Super Rapad
4 metralladoras de 12,70 mm
2 lanzadores dobres de torpedos antisubmarinos Mk 46
1 sistema de lanzamento vertical Mk.41 con 32 celas
8 mísiles superficie-aire Standard SM-2MR Bloque IIIA
*32 mísiles superficie-aire RIM-162 Evolved Sea Sparrow
8 mísiles de cruceiro superficie-superficie RGM-109 Tomahawk
Guerra electrónicaradar multifunción Lockheed Martin AN/SPY-1F 3-D
Reutech RSR 210N
Sagem Vigy 20
sonar de casco MRS 2000
Captas MK II V1 sonar activo/pasivo
2 radares de directores de tiro Mark 82
PropulsiónDiésel e/ou turbina gas, 2 hélices de 4,2 metros de diámetro de paso variable con 5 palas e 1 motor eléctrico retráctil
Potencia2 Bazán Bravo 12V 4.5 MW diésel para velocidade de cruceiro
1 turbina de gas GE LM2500 21,5 MW para alta velocidade
4 xeradores Diésel MTU 396 Serie 12 V 1250 kVA
Velocidade27 nós
Autonomía4.500 m.n. a 16 nós
Tripulación120 persoas
Aeronaves1 Helicóptero medio NH-90
Equipamento aeronavesCuberta de voo a popa e hangar para un helicóptero.

Sociadade de clasificación: Det Norske Veritas

Proxecto

Maqueta F100 EXPONAV.

En 1999 o goberno de Noruega iniciou un programa para modernizar as forzas navais do país. Nun concurso internacional aberto presentáronse doce proxectos dos cales foron quedando tres: Alemaña, Países Baixos (Damen) e España (Izar). Estes tres países estaban a definir un proxecto común de fragata, un buque centrado na loita aérea. O proxecto europeo foi abandonado por España ao non estar operativo o sistema defensivo optando polo sistema Aegis norteamericano, xa operativo. O proxecto final presentado á Real Armada de Noruega incluía o sistema Aegis montado nun buque de menor desprazamento que as F-100 da Armada Española. O 29 de febreiro de 2000 foi asinado o contrato por 2375 millóns de euros. O acordo incluía a compra de material militar noruegués por 1325 millóns de euros.

O acordo tamén incluía a construción de dous dos buques en Noruega con asesoramento de Izar. O acordo previo con dous estaleiros noruegueses non chegaría a iniciarse. As peticións dun deles fixeron inviable a fabricación e a creba doutro fixo que todos os buques foran finalmente construídos en Ferrol simultaneando a súa construción coa serie F-100 da Armada Española.

En maio de 2005 morreron catro traballadores do estaleiro nun accidente na construción do Roald Amundsen.[1]

En 2006 a KNM Fridtjof Nansen chegou a Noruega con manchas de óxido no seu casco. Foi acusado o estaleiro de ter pintado de xeito deficiente o buque. Segundo Navantia o erro estaba na selección da pintura norueguesa ao non aceptar a empregada pola Armada Española.[2]

Buques da serie

Nome

Numeral

Estaleiro

Iniciado

Botado

Entregado

Indicativo de chamada

Imaxe

KNM Fridtjof Nansen (F310)

F 310Izar Ferrol9 de abril de 2003[3]3 de xuño de 20045 de abril de 2006

KNM Roald Amundsen (F311)

F 311Izar Ferrol3 de xuño de 200425 de maio de 2005[4]21 de maio de 2007[5]

KNM Otto Sverdrup (F312)

F 312Navantia Ferrol28 de marzo de 2005[6]28 de abril de 200630 de abril de 2008[7]

KNM Helge Ingstad (F313)

F 313Navantia Ferrol28 de abril de 200623 de novembro de 2007[8]29 de setembro de 2009[9]

KNM Thor Heyerdahl (F314)

F 314Navantia Ferrol10 de marzo de 200811 de febreiro de 2009[10][11]18 de xaneiro de 2011[12]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas