Fosfatase

As fosfatases[1] son encimas que quitan un grupo fosfato do seu substrato ao hidrolizar os monoésteres de ácido fosfórico dando lugar a un ión fosfato libre e unha molécula cun grupo hidroxilo libre (desfosforilación). Esta acción é a oposta á realizada polas fosforilases e quinases, as cales unen grupos fosfatos aos seus substratos utilizando moléculas enerxéticas como o ATP.

Unha fosfatase común en moitos organismos é a fosfatase alcalina. Outro gran grupo de proteínas presentes en arqueas, bacterias, e eucariotas mostran actividades de deoxirribonucleótido e ribonucleótido fosfatase ou de pirofosfatase, que catalizan a descomposición de dNTP/NTP en dNDP/NDP e un ión fosfato libre ou dNMP/NMP e un ión pirofosfato libre.[2][3][4] Outras afectan a lípidos.

O outro gran grupo de fosfatases é o das proteína fosfatases, que quitan un grupo fosfato dun residuo de aminoácido fosforilado da proteína substrato. A fosforilación de proteínas é unha modificación postraducional común das proteínas, catalizada por proteínas quinases, mentres que as proteínas fosfatases inverten o efecto.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas