Footloose (filme de 1984)

filme de 1984 dirixido por Herbert Ross

Footloose é un filme estadounidense de 1984 dirixido por Herbert Ross. Conta a historia de Ren McCormack (interpretado por Kevin Bacon), un adolescente de Chicago que se muda a unha pequena vila, onde intenta anular a prohibición de bailar instituída por un reverendo local (John Lithgow).

Footloose
Ficha técnica
Título orixinalFootloose
DirectorHerbert Ross
Produtor
  • Lewis J. Rachmil
  • Craig Zadan
GuiónDean Pitchford
Intérpretes
Música
  • Tom Snow
  • Jim Steinman
  • Kenny Loggins
  • Dean Pitchford
FotografíaRic Waite
MontaxePaul Hirsch
EstudioPhoenix Pictures
IndieProd Company Productions
Silver Screen Partners
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea17 de febreiro de 1984
Duración110 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama e musical[2]
Orzamento8,2 millóns de dólares[3]
Recadación80 millóns de dólares (USA)[3]
Na rede
IMDB: tt0087277 Filmaffinity: 773042 Allocine: 2704 Rottentomatoes: m/1007657-footloose Mojo: footloose Allmovie: v62614 TCM: 4575 Metacritic: movie/footloose-1984 TV.com: movies/footloose Netlix: 70003487Editar o valor em Wikidata

O filme recibiu valoracións dispares da crítica mais converteuse nun éxito de recadación, conseguindo 80 millóns de dólares nos cinemas dos Estados Unidos e converténdose no sétimo filme con maior recadación do ano 1984. O filme é coñecido pola súa música, coas cancións "Footloose" de Kenny Loggins e "Let's Hear It for the Boy" de Deniece Williams sendo nomeadas ao Óscar á mellor canción orixinal.

Personaxes

  • Kevin Bacon como Ren McCormack
  • Lori Singer como Ariel Moore
  • Dianne Wiest como Vi Moore
  • John Lithgow como Rev. Shaw Moore
  • Chris Penn como Willard Hewitt
  • Sarah Jessica Parker como Rusty
  • John Laughlin como Woody
  • Elizabeth Gorcey como Wendy Jo
  • Frances Lee McCain como Ethel McCormack
  • Jim Youngs como Chuck Cranston
  • Timothy Scott como Andy Beamis
  • Andrea Hays como Bar Patron
  • Arthur Rosenberg como Wes Warnicker
  • Alan Haufrect como Roger Dunbar

Acollida

Recadación

O filme recadou 80.035.403 dólares no país. Converteuse no sétimo filme máis exitoso de 1984.[3]

Notas