Fireworks (filme)

Fireworks (1947) é un filme experimental homoerótico de Kenneth Anger. Filmado na casa dos pais en Beverly Hills (California), durante unha semana mentres os pais estaban fóra, no filme aparece o propio Anger e explicitamente explora temas de homosexualidade e sadomasoquismo.[1] É o seu traballo máis temperán que se conserva.

Anger foi arrestado por cargos de obscenidade despois do lanzamento de Fireworks. En 1958, interpúxose unha demanda contra o representante Raymond Rohauer do Coronet Theatre dos Ánxeles por proxectar Fireworks.[2] O caso converteuse "nun épico xuízo de obscenidade" nas Corte Suprema de California que declarou o filme como arte.[3]

Notas